Deportes - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.
981 86 63 81 - 661 247 136
Horario inverno: 8 a 15 h.
Horario verán: 8 a 14 h.
deportes@concelloderianxo.gal
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024
Actividades
Actualidade
O domingo 18 de xuño, a partir das 11:30 h, celebrarase a VII Travesía a Nado "Vila de Rianxo", organizada pola Piscina Municipal de Rianxo, en colaboración co Servizo Municipal de Deportes. A competición desenvolverase no peirao de Rianxo. Haberá 5 categorías coas seguintes distancias: Categoría A: 3000 metros. Categoría B: 2000 metros. Categoría C: 1400 metros. ...
O Campo de Municipal de Vilas vai acoller o II DEPOR CAMPUS, organizado polo Real Club Deportivo da Coruña coa colaboración do C.D. Unión (Samir Sami Matar). Celebrarase do 17 ao 21 de xullo, e vai dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos. Información e inscrición na páxina do DEPOR CAMPUS RIANXO
INFO: Rematado o prazo de inscrición formalizaronse 8 solicitudes. O sorteo para adxudicar as 5 prazas farase o 20 de xuño ás 13 h no Salón de Plenos do Concello. A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos 2017. Van dirixidos a nenos e nenas entre 9 e 14 anos (nados entre o 2008 e o 2003). O prazo de inscrición remata o 16...
O Concello de Rianxo e a Sociedade deportiva Barbantia Roda organizan a Andaina Santa Compaña 2017, que se celebrará o 27 de maio ás 23 horas. O ano pasado participaron 200 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa de 1 km de longo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio... Punto de encontro: Campo Maneiro. Distancia: 8 km ...
Información e inscrición DEPOR CAMPUS RIANXO 2017 No Salón de Plenos presentouse a edición 2017 do DEPOR CAMPUS RIANXO, que se desenvolverá no Campo de Fútbol Municipal de Vilas (Asados) do 17 ao 21 de xullo. Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Samir Sami Mátar, presidente do C.D. Unión, e José Barcala, responsable de Metodoloxía do RCD Deportivo da Coruña, debullaron a información principal...
A selección galega de Rugby concentrarase o sábado, 22 abril, en Rianxo co obxecto de preparar o Torneo Galeuscat de Rugby a disputar polas seleccións sénior de Galicia, Euskadi e Cataluña. Trátase dunha concentración moi importante, pois dela sairá o combinado definitivo galego. Coa participación dos mellores xogadores da comunidade. Destaca a presenza de xogadores de varias...
A Primeira División Senior Autonómica chega este fin de semana ao seu desenlace. Os mellores conxuntos galegos da tempada pelexarán o 22 de abril na Fase Final da categoría. O play off masculino será o sábado en Rianxo, segundo o seguinte programa: Semifinal 1, ás 10 h.: Asesores Vila Castro - Calasancias Coruña Semifinal 2, ás 12 h.: Mexillón de Ouro...
Infórmase do calendario de actividades municipais durante a Semana Santa 2017: Nenos/as: rematan o venres 7 de abril e comezan o martes 18 de abril Adultos: rematan o venres 7 de abril e comezan o luns 17 de abril Horarios de apertura e aluguer de instalacións deportiva
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: o epílogo, de Santiago a Fisterra”, coas etapas correspondentes a continuación do percorrido do Camiño de Santiago ata Fisterra. A actividade desenvolverase en 4 etapas nos meses de abril a xuño, desde Santiago de Compostela ata Fisterra. As etapas 1ª Etapa: Santiago – Piaxe ( Albergue Alto de A Pena) ...
A Deputación da Coruña ven de publicar a Convocatoria de Bolsas para Deportistas da Provincia 2017 (BOP 38 de 23/02/2017), co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da...
Dos meses de marzo a xuño imos poñer en marcha a Escola de Triatlón, organizada polo Servizo de Deportes, a Piscina Municipal e o Club Natación Riveira. Calendario 14 de marzo a 17 de xuño. Instalacións Cardio express e natación: Piscina Municipal Bicicleta e técnica de carreira: IES Félix Muriel Grupos e horarios Grupo mínimo: O mínimo de inscritos en cada...
De-porte Choqueiro O vindeiro luns, 27 de febreiro, agardámosvos no pavillón nunha nova edición do De-porte Choqueiro. Entre as 16:30 h. e as 19:30 h. todos os nenos e nenas disfrazados para disfrutar dos inchables, obradoiros, xogos, música e outras actividades. Nota informativa Con motivo da celebración das festas do entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días:...
O 19 de febreiro celebrarase a V Marcha BTT Concello de Rianxo e a 2ª andaina, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte: 8:00 h. Recollida de dorsais 9:00 h. Saída da marcha e da andaina do Porto de Rianxo 11:30 h. Primeiro corte 12:30...
O Club de Piragüismo Rianxo organiza IV REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - I Trofeo Toffe, pertencente á XVIII Liga de Galega de Kayak (IV Copa Sipre) da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspondelle celebrar a primeira proba da tempada, que terá lugar o sábado 11 de febreiro. Programa 16:00 h. Inicio Regata. 18:30 h. Remate estimado. 19:00 h. Entrega de trofeos na Lonxa...
O sábado, 14 de xaneiro, ás 16 h., o Barbanza Rugby Club debutará como local nun encontro da 2ª División da Liga Galega de Rugby. Será un día moi especial para o deporte rianxeiro por moitos motivos, entre os que destacamos a celebración do primeiro partido oficial de rugby en Rianxo, a posta de largo do proxecto do Barbanza Rugby Club, que estableceu a súa sede en Rianxo e xa é un mais dos...
O Concello de Rianxo participa un ano mais na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017", organizada pola Deputación da Coruña. Nesta edición a estancia e manutención desenvolverase en aloxamentos ubicados na Estación Invernal de Leitariegos. A Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e a quenda que lle corresponde é a 3ª, dende o 12/03/2017 ao 17/03/2017. As inscricións poderán facerse no Servizo de Deportes,...
A Federación Galega de Piragüismo vai entregar os seus premios 2016 nunha gala que se celebrará no Auditorio Municipal de Rianxo o sábado 14 de xaneiro, ás 19 h.
O Servizo de Deportes informa do calendario de vacacións de Nadal das Actividades Deportivas Municipais: Nenos/as: rematan o venres 16 de decembro e comezan o luns 9 de xaneiro. Adultos: rematan o venres 16 de decembro e comezan o luns 9 de xaneiro. Boas festas!
O xoves 22 de decembro, ás 20:30 h., presentarase o no Auditorio Municipal o proxecto de traslado e musealización de dúas pezas arqueolóxicas líticas voluminosas ao Auditorio Municipal de Rianxo, da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Rianxo. Explicarán o proxecto Mario César Vila, Arqueólogo, Ramón Fábregas Valcarce, Catedrático da Área de Prehistoria da USC, Adolfo...
O sábado 26 de novembro celebrarase a II Regata de Piragüismo Banco Sabadell, organizada polo Club Piragüismo Rianxo en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e co patrocinio de Banco Sabadell. A regata é para as categorías benxamín e cadete e será en horario de mañá, de 10 a 14 h. no peirao de Rianxo. #deportes #rianxo #piragüismo #regata #bancosabadell
Informamos dos prazos de confirmación e inscrición na listaxe de reserva para a segunda etapa do Camiño de Santiago, que discorrerá entre Triacastela e Sarria o vindeiro 19 de novembro. PROCEDEMENTO DE CONFIRMACIÓN ETAPA 2 Os participantes na etapa 1 teñen reserva de praza para a etapa 2. Para confirmar a asistencia deberán facer o pagamento do prezo público entre o luns 7 de novembro e o...
O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. Circuíto Carreiras Populares...
NOTA INFORMATIVA - 14/10/2016 1º autobús completo con data 13/12/2016 Ábrese unha nova listaxe de para un segundo autobús, para o que farán falla un mínimo de 30 inscricións. O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: as etapas do Camiño Francés en Galicia”, correspondentes ao percorrido do Camiño de Santiago por terras galegas. A actividade desenvolverase en 7...
A través do Programa de Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o colectivo "Clube de Formación Cultural e Deporte de Rianxo" organiza para o 12 de outubro de 2016 o Seminario Galego de Deporte Base "Concello de Rianxo". A inscrición e gratuíta e pódese formalizar a través da páxina do Seminario Galego de Deporte Base. O obxectivo deste Seminario é ofrecer unha nova...
XVII Edición do Autocross o Castro, organizado por Escudería Rallyactividad Competición.
Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Ramón García, Presidente do Santiago Futsal, presentaron o partido amigable de fútbol sala que disputarán o Santiago Futsal e o Burela FS Pescados Rubén en Rianxo o vindeiro 6 de outubro. Adolfo Muíños agradeceu a confizanza que, unha vez mais, depositou o Santiago Futsal en Rianxo para organizar este partido, no que se presentará a plantilla do club para a...
Santiago Futsal e Burela FS Pescados Rubén, os dous equipos galegos da Liga Nacional de Fútbol Sala, van disputar un partido amigable en Rianxo. Será o 6 de outubro ás 20:30 h. no pavillón municipal de Rianxo. Entrada única, 5 €. Á venda no Servizo de Deportes e no Pavillón Municipal.
O Servizo de Deportes presenta a súa programación para a tempada de inverno. O prazo de inscrición ábrese o 21 de setembro e as actividades darán comezo o 3 de outubro. Programa de Actividades A oferta de actividades deportivas para a tempada de inverno 2016/17 inclúe a programación do propio Servizo de Deportes, as actividades dos clubs deportivos cos que colabora o Concello e as propostas...
O 10 de setembro Rianxo vai acoller un curso de actualización para árbitros de Rugby, organizado pola Federación Galega de Rugby e o Comité de Árbitros da Fed. Galega en colaboración co Barbanza Rugby Club e o Concello de Rianxo. Nesta xornada explicaranse as variacións implementadas pola World Rugby para esta tempada e realizaranse as probas físicas, sendo obrigatorio para os...
A nadadora olímpica, María Vilas Vidal, a "Serea de Castiñeiras", que hai menos dun mes participou nos Xogos Olímpicos de Rio 2016, estará acompañada do director técnico e adestrador do Club natación Riveira, Juan Carlos Brión, e adestrador de María dende "rapariga". Os dous contarannos nunha charla - coloquio a súa experiencia olímpica, os duros adestramentos e experiencias que está vivindo...
NOTA INFORMATIVA CALENDARIOS E HORARIOS Publícanse os horarios e días de competición das competicións deportivas Guadalupe 2016 Calendario competición Do 5 ao 9 de setembro disputaranse as tradicionais Competicións Deportivas de Guadalupe. O prazo de inscricións está aberto ata o 31 de agosto nos pavillóns e no Servizo de Deportes. Deportes: Baloncesto 3x3 Voleibol 3x3 Fútbol 3x3 ...
O Club Baloncesto Rianxo xa está a preparar a vindeira tempada. A primeira actividade é unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS coa que pretenden dar a coñecer o club aos nen@s nados entreo 2001 e o 2009. Será o luns, 29 de agosto, de 19 a 20:30 h. no Pavillón Polideportivo Municipal de Rianxo. Pode participar calquera nen@ que lle guste o baloncesto, pertenza xa o club ou non. Para que os pais e nais...
O sábado 27 de agosto dispútase o VIII Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, Festival aberto de Xadrez, organizado polo Club Xadrez Rianxo co a colaboración do Concello de Rianxo. As partidas serán no Pavillón Municipal de Rianxo, a partir das 10 da mañá.
O sábado 20 de agosto, de 12 a 14 h., no Campo Municipal da Lomba, levarán o adestramento do Barbanza Rugby Club e das súas Escolas Deportivas o actual adestrador do Vigo RC., o antigo ALL BLACK NORMAN MAXWELL, o seu 8 estrela o internacional Tongano, xogador de Vigo RC e da selección galega, MAKA TATAFU, URUBURU, xogador de Vigo RC e xogador da selección galega, e SITO MOURE, ex de...
O Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte "4 carreiras... 1 Meta" é un programa anual de carreiras populars que ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida mais saudable. Está promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira. O circuíto estará...
O domingo 21 de agosto celebrarase a segunda edición do SLALOM CONCELLO DE RIANXO - II TROFEO RALLYACTIVIDAD BP. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 11 e as 20 h., e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e...
Voltamos un ano máis co torneo de voleipraia de Rianxo, organizado polo Club Voleibol Rianxo. Celebrarase o vindeiro venres 19 na praia de Tanxil as 16:30h e contará cas seguintes categorías: Menores (ata 11 anos) Sub 15 Maiores (16 anos en adiante) Os menores xogarán todos xuntos. Tanto sub15 coma maiores dividirase en masculino e femenino. A categoría mixta será única. A inscrición é...
O 21 de agosto disputarase o XIV Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo, no que participan os tres clubs de fútbol do concello: C.C.D Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Este edición vai ser organizada polo C.D. Unión e os partidos xogaranse no Campo Municipal de Vilas no seguinte horario: S.D. Araño - C.C.D. Taragoña C.C.D Taragoña - C.D. Unión C.D. Unión - S.D. Araño
Hoxe presentouse a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria “Castelo da Lúa” que se celebrará o 20 de agosto a partir das 21:30 h. na Praza de Castelao, coa organización do Concello de Rianxo, Barbantia Roda e Club Atletismo Rianxo. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, María José Escurís, representante da SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), Manuel...
O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 20 de Agosto do 2016 a partir das 21:30 h. na Praza de Castelao. Tanto a Carreira coma a Andaina Nocturna teñen un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera...
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro venres 22 de xullo unha andaina nocturna que discorrerá polo seguinte percorrido: Roteiro Monte Treito – Pico Muralla – O castro – Campo Maneiro (Taragoña). A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 14 e 18 anos (de 14 a 16 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). O punto de encontro...
O Barbanza Rugby Club xa está en Rianxo. Foi un camiño lento pero desde a primeira reunión, na que os responsables do club expuxeron o seu proxecto, desde o Concello entendemos que era unha oportunidade para o noso pobo acoller esta modalidade deportiva que estaba avalada por un grupo de xente unida por unha paixón común e con moitas gañas de traballar. O primeiro paso foi conseguir a...
A praia de Tanxil acollerá o 6 de agosto a segunda edición do Torneo de Rugby Praia de Rianxo, organizada polo Barbanza Rugby Club e Irlandeses Rianxo Rugby, coa colaboración do Concello de Rianxo. Participarán deportistas de toda Galicia e de todas as idades pois vai dirixido ás categorías masculina, feminina, escolas de rugby, sub14, sub16 e sub18. @rianxo.gal
O venres, 5 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, que organizará diversas actividades de fitness: zumba, spinning... As inscricións son de balde e faranse na Praza de Castelao...
Os días 9, 10 e 11 de agosto celebrarase en Tanxil o tradicional torneo de petanca de verán, que xa vai pola súa edición número 25. Vai dirixido a tódalas idades e xogarase por parellas. As inscricións formalizaranse na propia praia, o día 9 ata as 16:30.
O domingo 31 de xullo diputarase en Rianxo a XIII Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-B 2016, na que o Club de Remo Rianxo está pelexando polo ascenso á LGT-A. A cita é partir das 11:30 h. no peirao de Rianxo.
A Asociación AMBAR, das persoas con diversidade funcional, celebra o fin da súa tempada de actividades deportivas en Rianxo. Será este xoves, 14 de xullo, a partir das 11 h. no Pavillón Polideportivo Municipal. Nas xornadas deportivas participaran outras asociacións coma ÍNTEGRO (Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra), AMARAI(Boimorto), A CREBA (Ribeira-Noia) e MISELA (Noia-Muros). Arredor...
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo vai a realizar o vindeiro sábado 2 de xullo unha andaina polas ribeiras do Río Barosa. A ruta comeza na alameda de Caldas de Reis e iniciámola seguindo a beira do Rio Umia arredor de 2 km. Mais adiante chegamos á fervenza de Segade. Continuamos a ruta pasando polos lugares de Paradivas e San Martiño, chegando ao rio Barosa, onde continuaremos un...
Unha das novidades do Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 é a Escola de Tríatlon, dirixida a nenos/as nados entre o 2000 e o 2009, ambos inclusive. O tríatlon é un deporte que combina tres modalidades: natación, ciclismo e carreira a pé. Na escola, dun xeito ameno e divertido, practicaranse as tres disciplinas de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan...
O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2016, que se desenvolverán do 4 de xullo ao 9 de setembro. O prazo de inscrición abrirase o 20 de xuño. Programa de Actividades A oferta de actividades deportivas para a tempada de verán 2016, inclúe a programación do propio Servizo de Deportes, o Campamento Urbano e Deportivo 2016, as actividades deportivas dos clubs cos que...