HORARIOS - concelloderianxo
INFORMACIÓN XERAL
Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo
biblioteca@concelloderianxo.gal
Teléfonos 981 860 272 - 667 185 58
INVERNO:
Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h
VERÁN (15 xuño-15 setembro):
Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

Biblioteca Municipal
Este espectáculo está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega "Estamos no verán!!!", que nos conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Este é un espectáculo absolutamente participativo, onde se mesturan a música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais ou de clown. ...
Outro xoves da Biblioteca. Xoves, 15 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio de Rianxo. Reserva a túa praza. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 08 ao 15 de outubro de 11.00 h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son...
XOVES DA BIBLIOTECA. A máquina do tempo por teatro Ghazafelhos xoves 8 de outubro as 18:00h A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosaran a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da nosa historia. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal...
Xogando coa música é un conto que fala dunha soprano que tivo a desgracia de que un rapaz se rira dela nunha actuación e non conseguía volver a cantar ata que o polvo Neón e o peixe don Feixe lle deron a solución: pasar un día coa serea Medea para voltar a recuperar a través dunha serie de actividades a ilusión e a vontade de cantar. poderá voltar a cantar? Esperanza Mara será a nosa soprano...
En "Cambia o conto" (Música Miúda) traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. Día: sábado, 26 de outubro Hora:...
Gale, a historia da lingua sábado 19 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Adaptación de As Aventuras de Gale, baseada na obra «Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos» de Pepe Carreiro. Unha proposta con monicreques, sombras e narración oral na que Gale (lingua galega) nos guiará a través da súa historia para entender a súa situación actual e tratar de...
Contacontos Venres 18 de outubro as 18:00 na Biblitoteca Municipal de Rianxo a cargo de Atenea García. Para crianzas a partir de 3 anos. Estrafalaria é un especaculo o que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. A personaxes que interveñen na historia caracterizanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. As...
Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos. Incrición previa: biblioteca@concelloderianxo.gal 981 860 272 – 667 185 581 ou no enlace https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7 Na propia biblioteca municipal Cris de Caldas, como contadora, acompañada de Xabi do Camiño que pon a nota musical Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!!...
Descubre o mundo dos Booktubers. Es maior de 14 anos ou adult@. Reserva a túa para no obradoiro de Booktubers do próximo venres 19 de outubro as 18:00h. Pódes incribirte no seguinte formulario. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScL5N-g-4blM_j3KNRYaTFMNowRQVT2ZxHbkxmhjPPLCFZrRg/viewform?usp=sf_link Save
A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...
Obradoiros literarios de verán da Residencia de escritoras/es Presentamos conxuntamente dous dos obradoiros literarios que serán realizados este verán, entre os meses de agosto e setembro, ofrecidos polo escritor arxentino Pablo Sanguinetti e o narrador navarro Javier Serena. Dúas das catro persoas participantes na convocatoria estival do Programa de Residencias de escritoras/es e...
"Song of myself / Canto de min mesmo" é un obradoiro de escrita conducido polo poeta irlandés Keith Payne, como parte das actividades realizadas dentro do programa da Residencia de Escritoras/es, organizado por Axóxere Editora e o Concello de Rianxo. O escritor, gran impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos *seanchaí* (cantores errantes que percorrían o...
“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837. A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito...
Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesma?? Obradoiro de Submarinos. Sábado 13 de maio, ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesmo?? Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para intentar comprender o concepto de...
Como todas as galiñas do mundo. Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Traemos unha ducia a Biblioteca? Sábado 1 de abril a partir das 12:00h teremos un Contacontos+Obradoiro . Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil. E necesario inscrición previa neste enlace ou na propia biblioteca. ...
Sábado 22 de outubro as 12:00. Petiscos musicais a cargo "Os Tres tenedores" OS TRES TENedORES son un grupo de animación musical infantil que une música, teatro e humor, dirixido a un público infantil e familiar Especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo dente, que se convertirán nos nosos protagonistas principais.
O próximo sábado día 23 de Xullo a Biblioteca da Deputación da Coruña e a nosa Biblioteca van a asistir á Feira do libro de Rianxo para animar á lectura e difundir a plataforma de libros electrónicos #EbookDicoruna A Feira do Libro estará instalada na Praza Castelao e as actividades da Biblioteca da Deputación terán lugar na "Carpa de Actividades" que nos cede a Federación de Libreiros. -...
Despois do gran éxito e da cantidade de peticións que recibimos voltamos a facer unha actividade para nenos de 0 a 3 anos. Sábado 4 de xuño as 11:30h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1...
Apertura da exposición "As revistas dos anos 20" que temos no Fondo Local de Rianxo. Presentación do volume 32 da Revista Murguía co monográfico sobre As Irmandades da Fala. Coa presenza do seu director Uxio-Breogán Dieguez. Interpretación musical da Aula Uned-Senior e o grupo musical Barahunda. Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Data: 3 de xuño as 20:30h Organiza: Biblioteca Municipal...
Sábado 16 de abril as 12:00h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante. "Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo...
O venres 11 de decembro as 19:00horas no auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros, tempo de libros". Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música. Neste acto participan: C.E.I.P A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña ...