Anuncios

Anuncios - Concello de Rianxo

Anuncios

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador REGULAMENTO DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DO CONCELLO DE RIANXO, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á...

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS DE CESIÓN TEMPORAL DE TITULARIDADE MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIANXO, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos...

Os festivos locais do Concello de Rianxo durante o vindeiro 2024 serán o martes 16 de xullo (Día do Carme) e o venres 20 de setembro (último día das Festas da Guadalupe). Así o decidiu o Pleno da Corporación Municipal na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables,...

O domingo 23 de xullo de 2023 está convocado o proceso electoral para as Eleccións ás Cortes Xerais do Estado. Dous dos locais electorais mudan de localización: Distrito 3, sección 1ª, mesas A e B, trasládase desde a Escola Unitaria do Cruceiro ao antigo centro médico de Taragoña Distrito 1, sección 4ª, mesa 1, trasládase da escola unitaria de Quintáns á  Casa da República de...

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica do Concello de Rianxo, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración da Ordenanza...

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ven de conceder unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO por importe de 377.990,25 euros. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. O alumnado recibirá...

O Pleno do Concello de Rianxo, en sesión ordinaria do día 26 de maio de 2022, aprobou definitivamente o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo, confeccionado pola empresa SEAGA, ao abeiro do convenio ao que este concello está adherido,  subscrito  pola colaboración entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA, en materia de prevención e...

Por Resolución da Alcaldía núm. 672/2021 do 9 de agosto de 2021, aprobouse a apertura da nova licitación que deseguido se recolle: 1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Rianxo b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral 2. Obxecto do contrato: concesión demanial dos postos vacantes no mercado municipal 3. Prazo duración da concesión: A duración das concesión...

Publícase a relación das contas xustificativas das solicitudes das axudas do PEL-Reactiva, así como as daquelas que foron recorridas e estimadas de forma favorable. Decreto de aprobación das contas xustificativas das axudas do PEL Reactiva Decreto de aprobación das contas xustificativas das axudas recorridas e estimadas PEL Reactiva​​​​​​​

O Concello de Rianxo resolveu a concesión das axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas. Publícase esta resolución de concesión...

A empresa concesionaria do transporte público comarcal, Monbus, achega unha nova táboa de rutas e horarios actualizados desde a posta en marcha do servizo. Asemade, informan da inminente colocación dos paneis informativos cos horarios nas paradas máis relevantes. Lembra que, en todo momento, podes utilizar o buscador de horarios desde dúas paradas concretas na web https://www.bus.gal/ ​​​​​​​...

E empresa Monbus, concesionaria dos novos servizos de autobuses para Rianxo, como parte do Plan de transporte de viaxeiros por estrada da Xunta de Galicia, publicou os horarios, tarifas e bonos das novas rutas nun formato amigable. Descarga das rutas e horarios (PDF)   Máis información (Monbus): https://www.monbus.es/es/noticias/332/monbus-inicia-nuevas-concesiones-en-galicia/

Desde as 00.00 h do 23 de decembro de 2020, Rianxo entra no nivel de alerta máxima pola incidencia da covid-19. Ao mesmo tempo, a Xunta estableceu as condicións particulares de relaxamento da mobilidade para as datas do Nadal, entre o 23 e o 25 de decembro. Co fin de facilitar a comprensión de todas as medidas, recompilamos toda a información recollida na app Covid Pass que a Xunta de Galicia...

Desde as 00.00 h do 23 de decembro de 2020, Rianxo entra no nivel de alerta máxima pola incidencia da covid-19. Ao mesmo tempo, a Xunta estableceu as condicións particulares de relaxamento da mobilidade para as datas do Nadal, entre o 23 e o 25 de decembro. Co fin de facilitar a comprensión de todas as medidas, recompilamos toda a información recollida na app Covid Pass que a Xunta de Galicia...

O Plan de transporte público de Galicia vén de publicar os cambios nas comunicacións terrestres en transporte público para o municipio de Rianxo, que empezarán a aplicarse o 23 de decembro de 2020. Na web pódense consultar todas as novas rutas e servizos asociados, así como un documento completo con todas as rutas e horarios. https://www.bus.gal/gl Todas as rutas e horarios de autobús de...

Sométese a consulta pública o proxecto de Ordenanza municipal non fiscal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas, con motivo da execución de cortas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Rianxo, para recoller a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representantivas potencialmente afectadas pola futura norma, co obxectivo de mellorar a...

Os 5 grupos que compoñen o Pleno da Corporación (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da Ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa ("a taxa por terrazas") de forma que se engade unha disposición...

O Concello de Rianxo convoca as axudas do Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña (PEL-Reactiva), coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar os danos derivados da pandemia da COVID-19 ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas. O orzamento é de 161.791,86 €, dos que corresponden nun 80% á...

Información de interese para os/as contratistas e provedores/as do Concello de Rianxo Modificación no procedemento de tramitación das facturas No Pleno do 26/08/2020 aprobouse inicialmente a modificación das bases de execución do orzamento prorrogado en 2020 e entrou en vigor o 15/10/2020. Entre as ditas modificacións figura a introdución da base de execución 14ª ter que reflicte o...

O Concello de Rianxo vén de adherirse o programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña. Contará cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito: Deputación da Coruña: 129.433,49 € ​​​​​​​Concello de Rianxo: 32.358,37 € ​​​​​​​Total: 161.791,86 € As persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e...

O luns 15 de xuño o territorio galego entra na chamada "nova normalidade", que pon fin ás restricións impostas polo estado de alarma decretado para frear a pandemia da COVID-19. Actívase a mobilidade polas 4 provincias galegas. Mantense o uso obrigatorio da máscara cando non sexa posible manter unha distancia de máis de 1.5 metros e mantéñense todas as medidas de hixiene extraordinarias. Por...

O luns 8 Rianxo entra na fase III do desconfinamento. Nesta fase increméntanse as capacidades permitidas nas actividades económicas,  culturais e deportivas. A Xunta de Galicia pedirá ao Goberno de España a mobilidade entre as catro provincias galegas. Mentres tanto, segue restrinxida. Recorda que a máscara segue a ser obrigatoria cando non se poda respectar o distanciamento de 2 metros...

1. No Diario Oficial de Galicia de data 19 de maio de 2020, publicouse o DECRETO 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo día 12 de xullo de 2020. 2. En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que calquera persoa poda...

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 25 de maio na fase II do desconfinamento. Ábrese a mobilidade sen restricións horarias e para grupos máis amplos, e retómase a actividade comercial e cultural co aforo restrinxido. Sempre, mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións. Ábrense as praias para o baño,...

Os servizos municipais atenderán, durante a desescalada do estado de alarma provocado pola epidemia da COVID-19, de forma telemática preferentemente, e para os casos nos que sexa imprescindible facelo de forma presencial, mediante a concertación dunha cita previa​​​​​​​. Solicitude de Cita Previa cos servizos municipais

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 11 de maio na fase I de desconfinamento. Ábrese a mobilidade, pero sempre mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións.

URXENTE ​​​​​​​No reparto de máscaras realizado onte dábase a coñecer unha dose excesiva no microondas para este produto, que debe reducirse a un máximo dun minuto por cara da máscara. Sentimos as molestias causadas que se irán corrixindo nos vindeiros repartos.

Dentro do marco legal actual das administracións públicas, as disposicións legais sobre taxas e recadación do Concello, coa valoración do necesario equilibrio dos recursos dispoñíbeis para pagos a provedores e servizos, estas son as medidas para estes vindeiros meses, agardando mellore progresivamente a situación sanitaria e socioeconómica. Modificacións fiscais establecidas para este...

O Concello de Rianxo pon en marcha, debido á situación excepcional do estado de alarma pola pandemia da doenza COVID-19, un servizo de axuda a persoas en situación de dependencia e especial vulnerabilidade​​​​​​​, destinado a atender as necesidades básicas de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicinas. As persoas que por diversos motivos non poidan ou non deban saír da casa para...

O Pleno do Concello de Rianxo, na sesión ordinaria do 28 de novembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo. Sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir da publicación no BOP do mércores 4 de decembro...

A Demarcación de Costas de Galicia publica o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de autorizacións dos servizos de tempada nas praias da provincia da Coruña (terrazas, máquinas expendedoras, hamacas, escolas de actividades...). Anuncio e bases

Publícanse para a exposición ao público os planos das zonas de prevención do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais. Planos das zonas de prevención (PDF 298,5 MB)

ANUNCIO De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do BORRADOR DA ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE RIANXO, solicítase a opinión...

O REGULAMENTO DO REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES ASOCIATIVAS DE RIANXO foi aprobado inicialmente na sesión do Pleno da Corporación o 25/01/2018. Tras o período de exposición ao público, ao non producírense reclamacións, o texto dáse por aprobado definitivamente e publícase para o seu xeral coñecemento, en cumprimento do artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime...

O Pleno do Concello de Rianxo, en sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2018, acordou a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas. En cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, sométese o expediente a información...

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo vén de autorizar a aplicación das tarifas máximas para o transporte urbano en taxi para Rianxo. Tarifas máximas de taxi do Concello de Rianxo

A comisión informativa de Facenda e Participación, na reunión do luns 24 de xullo, acordou a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas. Entre os acordos acadados, decidiuse: A exposición na web municipal por un prazo de 45 días para que todas as persoas interesadas poidan participar na súa elaboración e achegar suxestións e valoracións ao texto que se...

Diante das moitas incidencias co servizo da enerxía eléctrica destes últimos días, achégase un posíbel modelo de reclamación diante da empresa maioritaria no subministro Gas Natural Fenosa. Outras canles de reclamación pódense realizar nas oficinas de información ao consumidor como a de Boiro ou directamente ao Instituto Galego de Consumo no teléfono de balde: 900 231 123 OFICINA DO CONSUMIDOR...

En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo publica no seu portal de transparencia o Período medio de Pago (PMP) trimestral. O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do PMP a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. ...

A Conta Xeral de 2015 formouse pola Intervención Municipal e informouse favorablemente o 20 de outubro de 2016 pola Comisión Especial de Contas cos estados e a documentación complementaria. Ábrese un prazo de exposición pública de quince días a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Durante o dito prazo e oito máis os interesados lexítimos poderán formular as...

O 28/07/2016 aprobouse inicialmente polo Pleno o Orzamento de 2016. O expediente someteuse a exposición pública mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios e no BOP núm. 144, do 01/08/2016 e rematou o 19/08/2016 sen que se presentasen alegacións ningunhas. De acordo co artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei das...

Aprobado inicialmente en sesión ordinaria de Pleno deste Concello, de data 28 de xullo de 2016, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e o persoal de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2016, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e o artigo 20 do...

O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do período medio de pago a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. Segundo trimestre de 2016 - Concello de Rianxo Código de Entidade Entidade Ratio de Operaciónes Pagadas Ratio de Operaciónes Pendentes de ...

O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do período medio de pago a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. Os datos do primeiro trimestre de 2016 son os que seguen. O histórico está dispoñible na sección de Transparencia deste mesmo sitio web. Primeiro trimestre de 2016 - Concello de Rianxo ...

Informamos da actuación realizada pola Brigada de Obras do Concello que permitiu coa colaboración veciñal levar auga a máis de 35 vivendas da contorna da Laxe en Taragoña, a engadir a catro vivendas conectadas tamén á rede de saneamento municipal. Isto tamén permitirá o subministro de auga ao campo municipal de Fútbol da Laxe, onde se realizaron tamén actuacións de canalización duns pluviais...

Sumándonos ao chamamento da Federación Galega de Municipios, Rianxo fará un minuto de silencio hoxe ás 12 h, fronte o Concello. Solidarios con todas as vítimas do terrorismo.

Domingo 15 de novembro diante do Concello ás 12.30 h concentración silenciosa contra a violencia e en solidariedade vítimas de Paris e outras acontecidas nas últimas horas.

Hoxe domingo ás 20 horas convócase unha concentración en repulsa do asasinato machista de Moraña diante do Concello de Rianxo.

O Concello de Rianxo convocou un Pleno Extraordinario para as 12.30 horas do xoves 23 de xullo con motivo do pasamento do concelleiro Ricardo Besada Gesto. As bandeiras ondearon a media hasta no día de onte e suspendéronse as actividades extraordinarias.

Publícase a Resolución de Alcaldía nº 424/2015 de aprobación do expediente de operación de Tesouraría 2/2015 Resolución de Alcaldía 424/2015

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 53 resultados.