Turismo

Turismo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Viladormar é unha plataforma de arte pública que ven realizando intervencións murais co festival “máis alá dos muros” desde 2018. Deu comezo cun proxeto piloto presentado polas artistas locais Novenoel e Lara Torres, e impulsado por un equipo de traballo pertencente a Ondiñas Mainas, unha asociación cultural que acolle gran diversidade de actividades interxeracionais e que...

Dende o departamento de turismo do Concello de Rianxo queremos facer unha homenaxe se cadra un pouco diferente á Virxe da Guadalupe nesta gran ocasión, acompañando a todo aquel interesado na historia da mesma nun roteiro guiado.  Nel falaremos de cómo foi a chegada da Virxe á capela de San Xosé da Floresta en Rianxiño e cómo finalmente se trasladou á capela actual na praza de...

Continuamos cas travesías na Goleta, que permiten coñecer a nosa ría dende unha nova perspectiva.  Estas son as datas actualizadas e un pequeno recordatorio da actividade: A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes...

O Concello de Rianxo, a través do departamento de Turismo, organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese durante a tempada de verán. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación: 4 AGOSTO - SENDA LITORAL DE TARAGOÑA 10:30 - ÁREA RECREATIVA PRAIA DA TORRE 11 AGOSTO - ROTEIRO DO APEGO POLO RÍO TE 10:30 - APARCADOIRO...

A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar...

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro. O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a...

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón o xoves 15 de setembro, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022. Esta travesía marítima sairá dende o Club Náutico de Rianxo e terá unha duración aproximada de unha hora e media, coincidindo co Feirón Mariñeiro do xoves das Festas da Guadalupe. A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de...

O Concello de Rianxo, xunto coa Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL), organiza unha visita guiada gratuíta a varios dos hórreos máis singulares do municipio da man do experto Carlos Coto. - Data e lugar de encontro: sábado, 3 de setembro – 11:00 – Praza de Castelao - Duración aproximada: 3 horas - Prazo límite de inscrición: ata o venres 2 de setembro ás...

​​​​​​​ O Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante a tempada de verán. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación. 10 de agosto – O CASTELO DA LÚA 10:30 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653852, -8.818550) Percorrido polo Paseo marítimo de Rianxo dende o Peirao de...

O domingo 17 de xullo terá lugar a XXXVI Conmemoración da Traslatio, organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. O Concello de Rianxo oferta de xeito gratuíto e con inscrición previa unha travesía en catamarán con saída dende o porto de Rianxo. A inscrición e recollida de billetes para o catamarán pode realizarse nos puntos de información turística de Rianxo ata completar a...

As 20 travesías marítimas sairán dende o Club Náutico de Rianxo e terán unha duración aproximada de unha hora e media, incluíndo dúas opcións, unha travesía mariñeira polas mañás e unha saída ao atardecer para gozar das paisaxes e o solpor na ría de Arousa. Os meses de xullo e agosto inclúen a meirande parte das saídas programadas, mentres que o xoves 15 de setembro, pecharase o programa de...

A vindeira fin de semana do 17, 18 e 19  de xuño poderanse degustar tapas elaboradas con conserva en Rianxo dentro do programa "Tapas e latas A Orixe"da mancomunidade Barbanza Arousa.

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer algúns dos puntos de interese rianxeiros máis destacados. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación. HORARIO E LUGAR DE INICIO: Sábado 9 de outubro – 11:00 – Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816). - INSCRICIÓN (obrigatoria): Nos puntos de...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer a historia e a devoción pola Moreniña no municipio rianxeiro. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación. HORARIO E LUGAR DE INICIO: 15 de setembro - 11:00 - Diante da Capela da Guadalupe de Rianxo (Coordenadas: 42.653038,...

A Mancomunidade Barbanza Arousa organiza visitas guiadas durante o mes de Setembro en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. En Rianxo poderás facer un percorrido histórico do Castelo da Lúa os sábados 11, 18 e 25 de setembro nos seguintes horarios: 11:00h, 13:00h, 16:30h e 18:30h. Visitas de aproximadamente de 45 min.  Aforo limitado. Inscricións abertas ata o día anterior de...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados con prazas limitadas para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante o mes de agosto. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación: Vila de Rianxo 19 de agosto - 11:00 - Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816) Hórreo do Araño 20 de agosto - 11:00...

O Servizo de Información Turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto a partir do 5 de agosto no seguinte horario, repartido entre diferentes puntos de interese rianxeiros. O punto de información turística da praza de Castelao (Cuartel Vello) dará servizo durante as mañás en días laborables, mentres que a Casa Museo de Manuel Antonio (rúa de Abaixo) abrirá as súas portas de mércores a...

Excursións por mar nos meses de verán. Colabora: Concello de Rianxo.

Anímate a participar no programa "Máis que tapas" que terá lugar o vindeiro fin de semana no Concello de Rianxo!!!!!

Horarios actualizados de información turística

Se pertences a algunha empresa do sector turístico ou es profesional neste eido, aproveita os talleres formativos gratuítos que oferta a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte: Taller: A mellora da comunicación dixital (12, 19 e 26 de novembro) Lugar: local da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal (Rúa Castelao 27 – primeiro andar Horario: de 9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 Número...

  Un ano máis, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla", a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discorre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a...

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Ons o sábado 17 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Sálvora o venres 9 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado polo Rianxo do medievo, no que visitaremos dous dos edificios máis representativos da vila: O Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba. A visita realizarase o sábado 13 de xullo, a partir das 10:30. É preciso inscribirse previamente, na Casa Museo Manuel Antonio ou en Información turística (turismo@concelloderianxo.gal)

RECORDA QUE NO CONCELLO DE RIANXO DISPÓS DO PROGRAMA MERCA-CONCILIA

Horarios de información turística e apertura de museos do Concello de Rianxo para a ponte de decembro de 2018.

Interesaríache instalar servizos de ocio nas praias de Rianxo? As persoas que esteades interesadas en instalar servizos de ocio nas praias do Concello de Rianxo, dende máquinas expendedoras de bebidas até o alugueiro de hamacas, táboas de surf, etc....podedes facelo presentando as  solicitudes no concello, segundo o anuncio publicado no BOP por parte da Demarcación de Costas de Galicia. ...

As Festas do Carme de Leiro terán lugar os días 11, 12, 13 e 14 de outubro. O xoves 11 comeza a festa pola noite coa Charanga Santa Compaña a partir das 22 h co pasabares. O venres 12 as bombas de palenque anunciarán a festa na parroquia e arredores, e o Orfeón Colexiata do Sar encargarase da sesión vermú. Pola tarde, nenas e nenos poderán gozar con Leirolandia a partir das 16:30, e a partir...

ACTUALIZACIÓN: SUSPENDIDA a actividade do Goza do Ulla: As Trece Cruces, que estaba prevista para o sábado 13 de outubro. A razón da suspensión da actividade é a previsión de meteoroloxía adversa e alta inestabilidade con aviso de risco costeiro que hai para venres e sábado, especialmente tendo en conta que parte da ruta sería pola costa e queremos garantir a seguridade das persoas...

O sábado 6 de outubro de 2018, o Concello de Rianxo realizará a actividade “Móllate polos ríos: Limpeza do río Té”, enmarcada na XI Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos. O lugar de encontro será na Ponte de Té, ás 11:00 horas (coordenadas GPS: 42.669265, -8.812820).   Non é necesario inscribirse, pero si recomendable. As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 981860808 ou no...

O Servizo de Información Turística Municipal de Rianxo continúa aberto ao público dende o 17 de setembro nos puntos habituais: o Museo do Mar de Rianxo e a Casa Museo de Manuel Antonio. Nestes horarios poden solicitarlle ao persoal a apertura dos dous museos, en función da súa dispoñibilidade. Rianxo, o mar feito tradición.  

O Servizo de Información Turística Municipal de Rianxo permanecerá aberto ao público durante a semana do 10 ao 16 de setembro nos puntos habituais: o Museo do Mar de Rianxo e a Casa Museo de Manuel Antonio. Nestes horarios poden solicitarlle ao persoal a apertura dos dous museos, en función da súa dispoñibilidade. Rianxo, o mar feito tradición

O Servizo de Información Turística Municipal de Rianxo permanecerá aberto ao público durante a semana do 3 ao 9 de setembro nos puntos habituais: o Museo do Mar de Rianxo e a Casa Museo de Manuel Antonio. Nestes horarios poden solicitarlle ao persoal a apertura dos dous museos, en función da súa dispoñibilidade. Rianxo, o mar feito tradición.

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada de verán 2018. Chegamos xa á quinta ruta guiada, que terá lugar o xoves 30 de agosto: Fariña de millo. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística. Partiremos do aparcadoiro da igrexa de Santa Baia do Araño (Araño -...

O Concello de Rianxo organiza visitas guiadas á Igrexa de Santa Comba e ao Castelo da Lúa: Descubrindo o Rianxo medieval. Ao visitarmos estas edificacións do medievo, achegarémonos a varios dos elementos máis representativos do Rianxo máis antigo e descubriremos algunhas das curiosidades máis descoñecidas. As visitas levaranse a cabo o xoves 30 e o venres 31 de agosto, a partir das 10:30 h, e...

O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado que pretende dar a coñecer o día a día da xente do mar. Explicaremos cales son as fases de produción, as distintas artes e aparellos, ou a forma de organizarse, entre outras. As visitas realizaranse os días 27, 28 e 29 de agosto ás 12:30 horas, se se alcanza o grupo mínimo de participantes. Para participar, cómpre anotarse nos seguintes puntos: ...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018. Continuamos coa cuarta destas rutas guiadas, que terá lugar o xoves, 23 de agosto: Asados; camiñando polo interior. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística. Partiremos da capela da Santa Lucía (Asados -...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018. A terceira destas rutas guiadas terá lugar o xoves, 16 de agosto: Abuín, a aldea esquecida. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística. Partiremos de Brión (Leiro - Rianxo), de diante da escola unitaria de Brión e...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018. O segundo destes roteiros terá lugar o xoves, 9 de agosto: o Roteiro das Trece Cruces. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística. Partiremos de Quintáns (Isorna - Rianxo), de diante da escola unitaria de...

A Asociación Solleiros do Ulla organiza a IV Festa da Solla do Ulla, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña. A xornada de degustación terá lugar un ano máis na parroquia de Leiro (Concello de Rianxo), na praza da Veliña da aldea de Rañó, o sábado 11 de agosto de 2018.  Ás 14:00 h dará comezo o pregón, seguido do xantar con...

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018. O vindeiro mércores, 1 de agosto, terá lugar o primeiro destes roteiros: a Senda litoral de Taragoña. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística. Partiremos da praia da Torre, da cheminea da antiga fábrica de...

A Asociación Festival Antrospinos organiza, un ano máis, este festival na súa XI edición, coa colaboración do Concello de Rianxo, e co seu epicentro no lugar de Campo Maneiro (Taragoña), os días 27 e 28 de xullo. Cunha afluencia fiel e cada vez maior, volverá ser de balde, con acceso ao festival, á zona de acampada libre e ás duchas habilitadas para a ocasión. Durante o día destacan a...

A IX Festa do Mexillón de Rianxo vaise celebrar os días 4 e 5 de agosto, organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo. As xornadas adicadas ao Mytilus galloprovincialis contarán con actividades durante toda a fin de semana. Os horarios previstos da programación son os seguintes: Sábado, 4 de...

O servizo de información turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto o mércores 25 de xullo, día de Galiza. O horario de apertura será de 10 a 15 h no Museo do Mar de Rianxo, situado na Casa do Coxo (na entrada á Praza de Castelao, diante da Capela da Guadalupe). Ademais de información turística, as persoas que o desexen poderán visitar o propio Museo do Mar, así como solicitar ao...

Unha das grandes citas gastronómicas da ría de Arousa, a Festa da Xouba de Rianxo, tivo que ser cancelada debido ao peche das cotas para a pesca da sardiña anunciado recentemente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O Concello de Rianxo, xunto coas demais entidades colaboradoras, variará a idea inicial coa instalación dunha carpa gastronómica, para o goce da poboación...

O servizo de información turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto o domingo 15 e o luns 16, día do Carme en Rianxo e festivo local. O horario de apertura será de 10 a 15 h no Museo do Mar de Rianxo, situado na Casa do Coxo (na entrada á Praza de Castelao, diante da Capela da Guadalupe). Ademais de información turística, as persoas que o desexen poderán visitar o propio Museo do Mar,...

Travesías marítimas da Ruta da Traslatio ao longo deste verán de 2018. As saídas serán baixo demanda dende o Porto de Rianxo, a bordo dunha zodiac, con posibilidade de ida (ata Pontecesures) ou de ida e volta. A Ruta da Traslatio é unha das rutas do Camiño de Santiago, e discorre polas augas da ría de Arousa e o curso final do río Ulla. Máis información no Museo do Mar de Rianxo. Será...

A Asociación Rianxeira de Empresarios, entidade organizadora da XXVI Festa da Xouba de Rianxo, e o Concello de Rianxo, que colabora na organización, vense na obriga de comunicar que se cancela a edición deste ano 2018. Por motivos alleos á ARE e ao Concello de Rianxo, non terá lugar a degustación deste manxar, tan vencellado á nosa vila, e que estaba prevista para os días 21 e 22 de xullo coa...

Excursión á Illa de Sálvora o vindeiro mércores, 8 de agosto. A saída será dende o Porto de Rianxo ás 12 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será ás 17 h. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas na viaxe de volta. A Illa de Sálvora, con preto de 2 Km2, forma parte do Parque Nacional...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 114 resultados.