Xuventude

Xuventude - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2024-2025. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios,...

A Xunta de Galicia convoca axudas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B). A axuda recolle os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, os monitores ou monitoras que acompañarán o...

A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención do carne de conducir, dirixidas á mocidade de 18 a 30 anos, ambos inclusive. Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D. Requisitos (estes débense cumprir no día de presentación da solicitude):   Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de...

O vindeiro sábado 26 celebraremos a Romaría Fin de Campamento, en Campo Maneiro, Taragoña. Haberá xogos, inchables e obradoiros, en horario de 12.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Ademais das actuacións de As Armadanzas bailan coa lingua, ás 17.00 h, e da Gramola Gominola O poder da lingua, ás 19.00 h. Estas propostas están organizadas polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da...

O vindeiro venres 30 de xuño, ás 12.30 h, realizarase no Auditorio de Rianxo unha reunión informativas do Campamento de Verán, no que se explicará a organización do Campamento e se resolverán dúbidas. Unha vez rematada a reunión, publicarase na páxina web un resume dos aspectos tratados.

Listados Axuntamos o listado de admisión no Campamento de Verán e no Plan Madruga. Listado IES Félix Muriel​​​​​​​ Listado CEIP Ana Mª Dieguez Listado CEP Brea Segade Ampliáronse as prazas para acoller todas as solicitudes presentadas en prazo, tanto para campamento como para Plan Madruga. No caso do Plan Madruga do Ceip Ana Mª Diéguez, ao non acadar o mínimo establecido para poder...

Publícase o listado provisional de solicitudes do campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2023. Listado provisional Campamento de Verán 2023 Comproba que a vosa solicitude aparece no listado e que os datos sexan correctos. O prazo de presentación de reclamacións/emenda de documentación  ata o 14 de xuño incluído. O número de solicitudes é maior que as prazas ofertadas, polo que se...

O servizo de Xuventude organiza o Campamento de Teatro Verán 2023- Rianxo, dirixido a mocidade de 12 a 17 anos, que se realizará en Rianxo do 3 ao 14 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Centro Social Liceo de Rianxo. Durante o campamento realizaránse actividades de interpretación, creación, improvisación, radioteatro, xogos, saídas e moito máis. ...

O luns 29 abre o prazo de inscrición do Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2023. O Campamento realizarase do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga dende as 08.00 h. As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña. Podedes ver a información e...

O Campamento realizarase do 03 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará con Plan Madruga dende as 08.00 h. As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña. Toda a información e inscricións, a partir do luns 29 de maio.

A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2023, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. As solicitudes tanto dos Campamentos (9-17 anos) como dos Campos de Voluntariado en Galicia (18-30 anos) poderán presentarse a partir do martes 18 de abril. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas o prazo comezará o 2 de maio. A adxudicación de prazas nos...

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2023-2024. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios,...

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva (pertence á cota de reserva só o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022) - 152 axudas para alumnado de cota xeral -...

A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención do carne de conducir, dirixidas á poboación xuvenil. Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D. Requisitos (estes débense cumprir no día de presentación da solicitude): Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D Estar empadroadas na...

O vindeiro xoves 08 de setembro, ás 20:30, no Salón de Actos (1º andar) do Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, estrearase a curtametraxe realizada polos/as participantes no Campamento Urbano Audiovisual que se celebrou este verán en Rianxo.

O Servizo de Xuventude vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos (nados do 2004 ao 2009). O campamento urbano audiovisual de Rianxo é un obradoiro de verán xuvenil centrado na difusión artística, principalmente audiovisual e escénica. É unha ferramenta coa que pretendemos aproximar a mocidade á creación artística e á súa libre manifestación a través...

O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Teatro, dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos. O Campamento desenvolverase en 4 quendas: do 11 ao 22 de xullo, do 26 de xullo ao 5 de agosto, do 8 ao 19 de agosto e do 22 de agosto ao 1 de setembro. O horario será de 09:30 a 14.00 horas. O campamento de teatro pretende ofertar unha actividade lúdica e...

O venres 01 de xullo celebrarase a reunión informativa sobre o Campamento. Os horarios e ubicacións son: 10.00 h - Ceip Ana Mª Diéguez Asados 11.00 h - Cep Brea Segade Taragoña 12.00 h - Auditorio de Rianxo Para aquelas familias que non poidan acudir a reunión, ao rematar poñeremos a información neste mesmo apartado da web.

O Concello de Rianxo organiza o obradoiro xuvenil "A Vila do Maña", dirixido a mozos e mozas maiores de 10 anos. O obradoiro desenvolverase dende o 4 ao 8 de xullo, de 16.00 a 20.00 horas. “A Vila do Mañá, Rianxo” parte de tomar a vila de Rianxo, como un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando o lugar que habito en algo novo, en algo a descubrir se se mira e percorre...

No apartado web do Campamento de Verán e Plan Madruga do Concello de Rianxo podedes consultar as listaxes de solicitantes as actividades. Debido a que o número de solicitudes é superior ó número de prazas, amplíanse as prazas no Pazo de Rianxiño e no Cep Brea Segade, para que todas as solicitudes ata o 10 de xuño sexan atendidas na instalación solicitada. As solicitudes realizadas despois do...

A Xunta de Galicia vai convocar o programa Acción de Verán 2022, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. Publicarase no DOG a convocatoria o vindeiro luns 16 de maio. As solicitudes tanto dos Campamentos (9-17 anos) como dos Campos de Voluntariado (18-30 anos) poderán presentarse a partir do mércores 18 de maio. A adxudicación de prazas nos Campamentos será por sorteo e nos...

Prazo ampliado ata o 16 de maio. O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2022-2023. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e...

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidariedade convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución B e C á mocidade galega. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude: a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade...

​​​​​​​ O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2021-2022. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos...

Modifícase o prazo de matrícula para o xoves 24 de xuño ao xoves 1 de xullo. A documentación necesaria é:​​​​​​ Xustificante do pagamento (as cartas de pagamento estarán dispoñibles a partir do xoves 24, e pódense solicitar ben por correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal ou en papel nas Oficinas de Xuventude ou Deportes). Declaración responsable de aceptación de...

Realizado o sorteo polos servizos técnicos de Informática, diante da Secretaria do Concello, axuntamos a listaxe coas prazas e a orde de reserva. LISTAXE SORTEO Contactarase telefonicamente a aqueles que obtiveron praza neste sorteo. A medida que haxa prazas vacantes, tamén se contactarÁ seguindo a orde de reserva. As solicitudes feitas despois do 15 de xuño van por orde de inscrición a...

Realizados os axustes de prazas e resoltas as reclamacións, informamos de que aumentamos as prazas do Plan Madruga e do Campamento na instalación de Pazo de Rianxiño e de que seguimos traballando no proceso para  poder incrementar as prazas. Pregámoslles a aqueles/as que resultaron adxudicatarios/as de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen coa maior...

  LISTADOS PARTICIPANTES Axuntamos o listado de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga. Se fixeches a solicitude e non apareces no listado, ou hai algún erro, podes presentar unha reclamación a esta listaxe os días 16 e 17 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática. O número de solicitudes é superior ó número de prazas, polo que...

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021. Celebrarase do 5 de xullo ao 27 de agosto, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h, e contará con Plan Madruga, de 08.00 a 10.30. Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2009 ata o ano 2017, cun total de 130 prazas, distribuídas do seguinte xeito:     Pazo de Rianxiño: 50     CEP Brea...

A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa Acción de Verán 2021, con campamentos e campos de voluntariado para este verán. Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de 9 a 17 anos, e poderanse solicitar ata o 28 de maio. Para os campos de voluntariado, dirixidos á mocidade a partir de 16 anos, pódense solicitar desde o 19 de maio. Podes consultar toda a información na web de...

  O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o estudantado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2020-2021. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos...

  Este ano o Campamento de Verán 2020 estará adaptado ás condicións extraordinarias derivadas da pandemia da COVID-19, seguindo as medidas e recomendacións das autoridades competentes. Realizarase do 13 de xullo ao 28 de agosto, en horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30 h. Haberá opción de Plan Madruga, a partir das 8:00 h. Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2016,...

O vindeiro domingo 28 de xullo, ás 21:30 horas, estrearemos na Praza Rafael Dieste a curtametraxe realizada polos mozos e mozas participantes no Campamento Urbano Audiovisual. Non a perdas!!!  

Aínda hai prazas! polo que podedes facer a vosa inscrición. O Servizo de Xuventude, por medio do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidaridade, vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 13 a 17 anos (nados do 2006 ao 2002). O campamento ten como finalidade a creación dunha curtametraxe. A mocidade participante realizará...

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento Urbano e Deportivo 2019. Desenvolverase no Pazo de Rianxiño, dende o 3 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, de 10:30 a 13:30h. Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2007 ata o ano 2015, cun total de 200 prazas. Como novidade, haberá servizo de autobús e o Plan Madruga, que se desenvolverá dende ás 08:30 ás 10:30 horas. O...

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2018-2019. Poderán solicitar axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e estudos universitarios. Os prazos de...

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o...

A Xunta de Galicia vén de convocar o programa Acción de Verán 2018, con campamentos, campos de traballo e actividades para a mocidade neste verán 2018. Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de 9 a 17 anos, e poderanse solicitar ata o 18 de maio. Para os campos de traballo e as actividades, dirixidos á mocidade a partir de 16 anos, xa está aberto o prazo de inscrición. Podes...

Apertura do prazo de inscrición nos cursos de Linguaxe de Signos A2 e Ofimática pertencentes ao plan de formación do Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo. Se desexas inscribirte podes facelo no seguinte enlace Máis información naseguinte ligazón ou se prefires tamén podes pasarte polo Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo.  

O Servizo de Xuventude vai desenvolver un amplo e variado programa de formación dirixido á poboación rianxeira maior de 16 anos. Este programa inclúe 9 accións formativas que abranguen distintos ámbitos, como: idiomas, informática, tempo libre, docencia,... Inscricións Informática para emprender Datas: do 15 ao 29 de decembro, de luns a venres Horario: de 09:30 a 13:30 horas Lugar: Aula...

A Fundación Paideia Galiza, xunto co Servizo de Xuventude, imos realizar un seminario informativo sobre "Proxectos de Xuventude e Mobilidade", no que se informara sobre os programas de prácticas formativas en Europa "La Ida" e  sobre o programa de voluntariado en Europa "Servizo de Voluntariado Europeo". Estes programas están dirixidos a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. O seminario...

No marco do Plan de Garantía Xuvenil, o vindeiro xoves 19 de novembro, vai ter lugar no Auditorio de Rianxo unha charla informativa, na que se presentarán as características do programa e se explicara o proceso de inscrición. O Plan de Garantía Xuvenil está encamiñado a proporcionar oportunidades de formación e emprego para a mocidade de 16 a 29 anos. Garantía...

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que cursen en centros españois estudos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2016-2017. Poderán solicitar axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares e para estudiar na...

O vindeiro 27 de novembro desenvolveremos o obradoiro "Emprendendo dende a rede", impartido pola Rede de Dinamizadores Xuvenís da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Xuventude. Con este obradoiro pretendese facer un achegamento as posibilidades que ofrece a rede á hora de poñer en marcha unha actividade profesional. O temario é: Emprendemento dende os blogs: presentación de...

  A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos da matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao. A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a...

Maña mércores 30 de xullo estará instalada na Praza Castelao a carpa Xplora Xuventude, na que se difundirán os recursos e programas existentes dirixidos á mocidade e se facilitará asesoramento por parte de técnicos especializados, en temáticas tan importantes como o emprego, a formación, a saúde, vivenda, ... Esta instalación estará ubicada entre as 11,00 e as 14,00 horas na Praza Castelao,...

Hoxe ponse en marcha o Plan de Garantía Xuvenil, unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 25 anos ao mercado de traballo. A máxima a consenguir mediante este programa é que os mozos e mozas menores de 25 anos e maiores de 16 anos, poidan recibir unha oferta de empleo, de educación ou formación despois de finalizar os seus estudos o quedar...

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2014, un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. As áreas de participación son: Campamentos de verán, para mozos e mozas de 9 a 17 anos. Actividades para a mocidade de  18 a...

A Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2014. Os destinatarios son o alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral na Comunidade Autónoma Galega de ESO e Bacharelato. Os requisitos son non ter concedida outra...

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional O prazo de inscrición será dende o 31 de marzo ao 11 de abril de 2014. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 74 resultados.