Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
ACTUALIDADE
ACTOS CASTELAO, lecturas Un verán con Castelao
LECTURAS: Lecturas dunha selección de textos do alumnado do IES Félix Muriel, participante no certame literario "Un verán con Castelao", de Nós Diario. Participarán Sofía Rama (docente do IES Félix Muriel), Xosé Ricardo Losada (escritor e docente do IES Félix Muriel), Xoán Costa (presidente do Consello de Administración de Nós Diario) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). DÍA: sábado 31 de xaneiro HORA: 20.30 h LUGAR: salón de actos do Centro...
ACTOS CASTELAO, ofrenda floral
Ofrenda floral e intervención de autoridades. Acompañamento musical do grupo tradicional Fogo Fatuo DÍA: sábado 31 de xaneiro HORA: 12.00 h LUGAR: Paseo da Ribeira (busto de Castelao)
ACTOS CASTELAO, presentación do libro Sanshô-Dôei, de Eihei Dôgen (永 平道元)
LIBROS: Presentación do libro Sanshô-Dôei, de Eihei Dôgen (永 平道元), edición xaponés-francés-galego, coa participación de Manuel Cartea (tradutor da versión en galego), Doroteo Arnáiz (ilustrador), María Xesús Blanco (presidenta de Barbantia ), Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo de Jontxu Argibay (talla). Introdución e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo. DÍA: Venres 30...
RIANXO QUÉNTASE PARA O ENTROIDO!
🎭🎉 RIANXO QUÉNTASE PARA O ENTROIDO! 🎉🎭 A poboación rianxeira está convidada a participar no Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo, unha cita chea de cor, imaxinación e bo humor 🥳 👉 Reúne á familia, ás amizades, á asociación ou ao barrio 👉 Dá renda solta á creatividade 👉 Enchemos Rianxo de festa e diversión! 📅 Domingo, 15 de febreiro 📍 Rianxo Moi pronto daremos a coñecer máis información sobre inscricións, premios e horarios. Non...
TEATRO MUSICAL: Un ollo de vidro, de Castelao, adaptado pola Coral Solfa e A.C. O Galo.
ACTOS CASTELAO 2026 TEATRO MUSICAL: Un ollo de vidro, de Castelao, adaptado pola Coral Solfa e A.C. O Galo. DÍA: sábado 24 de xaneiro HORA: 20.30 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites (máximo 2 por persoa) dende unha hora antes do comezo da función)
CHARLA PARTICIPATIVA: A derradeira leición do mestre: como se constrúen as narrativas da memoria? A cargo de Xesús Ron(grupo Chévere)
ACTOS CASTELAO 2026 CHARLA PARTICIPATIVA: A derradeira leición do mestre: como se constrúen as narrativas da memoria?. A cargo de Xesús Ron (grupo Chévere). DÍA: sábado 24 de xaneiro HORA: 12.30 horas LUGAR: salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio
Mesa redonda, Castelao: tres efemérides para o 2026
ACTOS CASTELAO 2026 MESA REDONDA: Castelao: tres efemérides para o 2026, a cargo de Francisco Fernández Rei (académico da RAG e catedrático da USC), Emilio Xosé Insua (escritor e profesor), Miguel Anxo Seixas (historiador e biógrafo de Castelao), presentados por Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). DÍA: venres 23 de xaneiro HORA: 20.30 horas LUGAR: salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio
TEATRO: Criaturas a cargo do grupo de Teatro Municipal de Ribeira
Actos Castelao 2026. TEATRO: Criaturas a cargo do grupo de Teatro Municipal de Ribeira. DÍA: sábado 17 de xaneiro HORA: 20.30 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)
Actos Castelao 2026, concerto recital homenaxe a cargo de Francisco Castro
Actos Castelao 2026. MÚSICA: Recital Francisco Castro: Homenaxe a Castelao. DÍA: Venres 16 de xaneiro HORA: 21.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)
Actos Castelao 2026
Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento de Castelao cunha serie de actos culturais e institucionais destinados a lembrar e poñer en valor a figura dun dos persoeiros máis destacados da historia e da cultura galega. O programa inclúe conferencias, ofrendas florais, actividades educativas e propostas artísticas que buscan achegar o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao á veciñanza e ás novas xeracións. XANEIRO 2026 Venres 16/01, 21:00, Centro...
Exposición, Cousas da vida por Castelao (almanaque Faro de Vigo) no fondo Roberto Taboada Rivadulla
Exposición, Cousas da vida por Castelao (almanaque Faro de Vigo) no fondo Roberto Taboada Rivadulla, primeira proposta dos Actos Castelao 2026. ACTO DE APERTURA: sábado 20 de decembro, ás 12.30 horas, na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. DURACIÓN: do sábado 20 de decembro ao sábado 31 de xaneiro HORARIO: mañás de luns a sábado de 10.30 a 13.30 h. Tardes de martes a sábado de 17.00 a 20.00 horas ...
Sobes ao autobús do Teatro?
Teatro, Memorias dun neno labrego do Centro Dramático Galego e Contraproducións dentro do programa Sobes ao autobús do Teatro? SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO DATA: venres 09 de xaneiro de 2026 HORA DE SAÍDA : 15: 30 h (prégase puntualidade) LUGAR DE SAÍDA : Auditorio de Rianxo HORA DA FUNCIÓN: 18:00h LUGAR DA FUNCIÓN: Salón Teatro (Santiago de Compostela) HORA...
CABALGATA DE REIS, modificacións
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para o luns, 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis de Rianxo terá algunhas modificacións. O Belén Vivinte, así como a recepción e o reparto de caramelos, trasladaranse ao Pavillón de Rianxo. En canto aos horarios e ao resto das actividades, manteranse segundo o previsto sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Cabalgata de Reis 2026
Achégase a noite máis máxica do ano: a noite de Reis. O luns 5 de xaneiro Rianxo recibirá as súas Maxestades cunha gran Cabalgata de Reis, chea de ilusión e ambiente festivo. Ás 17.30 horas, na Praza Castelao, terá lugar un Belén Vivinte, cunha coidada ambientación a cargo da Asociación Fogo Fatuo. Ás 18.30 horas, está prevista a chegada dos Reis Magos ao Porto de Rianxo, onde subirán ás súas carrozas reais para iniciar o desfile desde o Porto ata a Praza de...
Programa: Instalación, mantemento e reparación de equipos informáticos
Este programa está dirixido á contratación dunha persoa inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil para o Concello de Rianxo como Técnico medio en instalación, mantemento e reparación de equipos informáticos. Estes son os obxectivos previstos ó inicio do programa: - Solución de incidencias cos equipos informáticos do Concello. - Instalación dos equipos informáticos do persoal e dos destinados ó público nos espazos do Concello. - Xestión loxística...







