Emprego

Emprego - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

O Concello de Rianxo informa das diferentes convocatorias abertas para o fomento do emprego, que teñen por obxectivo contribuír non só ao emprendemento, senón tamén ao mantemento e ampliación dos postos de traballo e mesmo o investimento en bens necesarios para o desenvolvemento da actividade. Nesa liña, na xornada de onte abriu o prazo de solicitude das Axudas PEL da Deputación da Coruña, que...

O vindeiro día 27 de outubro, realizarase unha xornada de portas abertas no Pazo de Rianxiño para para que o público poida ver as melloras realizadas na contorna do pazo polo alumnado do Obradoiro de Emprego. Realizaranse visitas guiadas polo propio alumnado e unha pequena exposición fotográfica dos cambios realizados. O horario será de 10.00 h a 12.00 h.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e...

O programa mixto de emprego e formación "Carnero Valenzuela II", dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mozas incluídas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Rianxo, pon fin a 12 meses de formación e traballo coa presentación e entrega...

Co obxectivo de que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección, a Xunta aprobou unha liña de axudas dotada con 2,5 millóns de euros, cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa impulsará a reorganización produtiva para facer fronte á emerxencia sanitaria. As axudas,...

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos: Extinción de contrato de duración determinada de, polo menos, 2 meses de duración. A data de fin do contrato ha ser posterior ao 14 de marzo de 2020 (data da declaración do estado de alarma). Carecer de rendas doutro tipo, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, segundo art. 275 da Lei xeral de...

Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade. ​​​​​​​Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 As persoas que estean rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar servizos nun ou...

  Para máis información e consultas, premer na ligazón ou: - No Servizo de Atención Telemática, a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47 - A través de www.igape.es ou en informa@igape.es Finalidade / Obxectivo Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as PEME's e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19. ...

O Concello de Rianxo ofrece un servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada pola COVID-19. Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden contactar co...

Novas medidas de axudas a empresas ante o COVID-19.  

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19 (ver esta ligazón) - Prohibe a venda directa de produtos en mercados, ata o 31 de marzo como mínimo. - En troques, fomentarase a venda de produtos agrícolas e gandeiros por medios alternativos que non impliquen presenza física, como...

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público, pero continúan traballando para ti, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes. Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas: Non será necesario renovar a demanda de emprego ata...

Se es unha persoa traballadora por conta propia ou autónomo/a e queres tramitar a prestación por cese temporal de actividade: a) Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua. b) Se tes as continxenias profesionais cunha entidade xestora da Seguridade Social, deberás de tramitalo directamente co SEPE. Máis información nesta ligazón.

Con motivo do COVID-19 estableceuse unha prestación extraordinaria por cese de actividade para as persoas afectadas pola declaración do estado de alarma, dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as: - A duración da prestación será dun mes (a partir de 14 de marzo) ou ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes. -...

O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA" para a formación de 15 alumnos/as - traballadores/as na especialidade de "INSTALACIÓN DE PLACA DE XESO LAMINADO E FALSOS TEITOS", segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e...

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Curso de comercio e loxística dirixido a persoas mozas menores de 30 anos, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de preinscripción é ata o día 13 de setembro de 2019 ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego Servizo de Orientación Laboral do Concello de...

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Curso de actividades auxiliares de almacén para persoas mozas menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de preinscripción é ata o día 26 de abril de 2019 ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego do Concello de Rianxo.

O vindeiro martes 26 de marzo, de 19:00h a 20:30h, realizarase a xornada informativa Os beneficios das estratexias de Diversidade e Inclusión na empresa no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. Esta actividade enmárcase dentro do programa iWork, que a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional está poñendo en marcha na comarca do Barbanza, coa colaboración da Asociación...

Dentro da oferta de emprego público realizada pola Administración Xeral do Estado, publicáronse 3.250 prazas para ingresar nas forzas armadas, das cales, 251 prazas corresponden a unidades militares situadas en Galiza, pricipalmente en Ferrol e Figueirido (Pontevedra). As mozas e mozos interesadas en participar no proceso selectivo deberán solicitar cita previa na Área de Recrutamento da...

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Curso de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web para persoas mozas menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove. O prazo de preinscripción é ata o día 19 de novembro ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego do Concello de Rianxo. AMPLIACIÓN...

Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na...

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Itinerario de prácticas profesionais en empresa para persoas mozas menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove. O prazo de preinscripción é ata o xoves día 20 de decembro ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego do Concello de Rianxo. Información: ...

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e Espazos Naturais Acuáticos A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un curso de COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS para persoas mozas menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove. O prazo de...

O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil "CARNERO VALENZUELA" para a formación de 16 alumnos/as - traballadores/as na especialidade de "REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS", segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das...

O DOG nº 104 do venres 1 de xuño publica o anuncio da convocatoria e das bases específicas II para a selección de persoal temporal, en diversas categorías profesionais, e da apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación a novas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. Anuncio no DOG nº 104 do venres 1 de xuño de 2018 Convocatoria na...

O IES Campo de San Alberto (Noia) vai impartir unha acción formativa dirixida, prioritariamente, a persoas desempregadas: ELES0108: Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios Duracion: 528 horas (120 prácticas en empresas) Inicio: 23-02-2018. Remate: 20-07-2018 Horario: de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h. Mes de xullo: prácticas en empresas (8 horas...

A Xunta de Galicia, en colaboración co Sistema de Garantía Xuvenil, vai poñer en marcha os cursos de formación para mozos e mozas desempregados. As características máis destacables dos cursos son: Dirixidos a persoas menores de 30 anos, desempregadas, inscritas no servizo público de emprego e rexistradas no sistema de garantía xuvenil. Variada oferta formativa en diferentes sectores. ...

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar cursos de SOCORRISMO ACUÁTICO para persoas desempregadas e demandantes de emprego. O Concello de Rianxo ten que seleccionar a 5 PERSOAS que participarán nas probas de selección para a dita formación. O prazo para recoller as candidaturas das persoas interesadas deste municipio é ata o día 14 de febreiro ás 13:00 horas e presentaranse no Servizo...

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O XOVES 30 DE ABRIL   O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. Unha vez rematado o prazo para a solicitude de participación neste proxecto, establécese un prazo especial para inscribirse na acción formativa Xerente de empresas de economía social As persoas interesadas en recibir máis...

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, ISSGA, vai realizar en Rianxo un curso de Prevención de riscos laborais e traumatismo músculo esqueléticos dirixido a persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade  de fábricas de conservas de atún. Información  

A Unión de cooperativas de traballo asociado, UGACOTA, inicia a programación de formación, a través da Rede Eusumo, coa realización do "Obradoiro de formación cooperativa para persoas que queren emprender". Información Cartel

XESINTEC vai realizar a partir do día 25 de Abril varias edicións de cursos de formación de CARRETILLERO  dirixido a persoas interesadas de RIBEIRA – A POBRA – BOIRO – RIANXO e zonas limítrofes. Información

O día 29/10/2014, ás 19:00 horas, vaise celebrar no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo a xornada "Innovación tecnolóxica en pesca e na industria conserveira" incluída no programa de actividades da Factoría de Innovación da Coruña.

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar un curso de merchandising literario. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos dedicadas á arte, a artesanía ou o deseño que residan nalgúns dos 4 municipios que conforman Arousa Norte (Boiro, Riveira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo). As características principais do curso, son as seguintes: NÚMERO DE PARCIPANTES:...

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar un curso de formación en hostalería: “atención en sala e auxiliar de cociña” PERSOAS DESTINATARIAS Este curso está destinado principalmente a mulleres desempregadas con especiais dificultades de inserción laboral e que estean en posesión de estudios básicos (exb, graduado escolar, ESO..) PRAZO DE INSCRICIÓN O prazo para presentar...

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte se está a organizar un curso relacionado cos traballos forestais: “traballos forestais, conservación do medio natural e manexo de maquinaria e ferramentas forestais”. Este curso está destinado principalmente a persoas con especiais dificultades de inserción laboral e alto grao de interese na formación forestal para a mellora da súa empregabilidade e...

O Concello de Rianxo vai presentar na oficina de emprego de Boiro unha nova solicitude de candidatos para participar no proceso de selección de persoal (SOCORRISTAS) para o Servizo de vixilancia de praias do Concello de Rianxo. As persoas interesadas en participar nos citados procesos selectivos deberán cumprir os requisitos establecidos na orde do 22 de maio de 2014 que establece as bases que...

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. Unha vez rematado o prazo para a solicitude de participación neste proxecto, establécese un prazo especial para inscribirse na acción formativa Creación e xestión de empresas: Autoemprego As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de EMPREGO do...

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento rural sostible vai realizar en Boiro o "Taller de Manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadoira". Este taller está destinado a persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso. Inscricións ata o 4 de novembro por...

A Mancomunidade Arousa Norte vai a realizar no presente ano o taller “Activa o teu negocio”. Este taller está destinado a empresarios/as que queiran dar un cambio e mellorar o seu negocio cara unha dirección que os leve a saír da zona de confort e poder establecer novas accións e actitudes. Prazo de inscrición ata o 24 de outubro ás 13:30 h. Mais información: no teléfono 981 845 236, no...

A Mancomunidade Arousa Norte vai a realizar no presente ano o proxecto “Inserción laboral de colectivos con especiais dificultades”. O programa contempla formación práctica no ámbito forestal e motivación cara o emprendemento nese sector. Vanse realizar dúas edicións do curso “Traballos forestais e conservación do medio natural”. Contempla un total de 110 h, 30 horas en aula e 80...

A Asociación Rianxeira de Empresarios organiza un curso de manipulador de alimentos que se vai celebrar o próximo xoves día 3 de outubro. Mais información na Asociación ou no 981.866.312

A Asociación Boirense de Empresarios vai realizar o próximo xoves día 3 de outubro unha xornada de fomento do emprendemento. Mais información nas oficinas da ABE ou no teléfono 981.847.888

A Mancomunidade de municipios Arousa Norte organiza unha visita á cooperativa forestal XEOFORESTA o próximo sábado día 5 de outubro. Mais información e inscricións en http://arousanortemprego.wordpress.com

A mancomunidade Arousa Norte, en relación co proxecto ” Impulso a sectores produtivos”, colabora coa Cova da Terra na realización do Obradoiro de emprendemento rural sustentable que se realizará en Rianxo os días 9 e 10 de outubro. O programa é o seguinte: Mércores 9 de outubro 16:00 Presentación 16:30 Relatorio. Por que eco, por que local, por que xusto? 17:50 Presentación da guía...

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. Unha vez rematado o prazo para a solicitude de participación neste proxecto, establécese un prazo especial para inscribirse nas accións formativas seguintes: * Obradoiros de empregabilidade: Esta actividade permitirá ás persoas beneficiarias concibir e materializar con efectividade...

A Mancomunidade Arousa Norte vai celebrar, dentro do Programa de inserción laboral de colectivos desfavorecidos, financiado pola Deputación da Coruña, a xornada informativa "A contratación de persoas inmigrantes". Esta xornada realizarase o 27 de xuño na Casa do Mar de Riveira de 15:30 h a 20:30 h e pretende os seguintes obxectivos: * Ofrecer información a empresarios sobre o proceso de...

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar unha acción formativa sobre “A accesibilidade universal como oportunidade de negocio” (mais información en http://arousanortemprego.wordpress.com/curso-accesibilidade-universal/)    

A Mancomunidade de municipios Arousa Norte vai realizar dúas actividades como parte dun Programa de Impulso de Sectores Productivos na Comarca: - Oportunidades no sector agrario - Impulso do sector textil en Arousa Norte A primeira é unha Charla-coloquio sobre Oportunidades no sector agrario, na que a cooperativa Horsal virá a responder sobre as dúbidas que se lle plantexen sobre a...

O Concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Información xeral sobre as accións formativas Información sobre as accións formativas que se van realizar en Rianxo O prazo para inscribirse nas accións formativas estará aberto ata o...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 57 resultados.