Actualidade - Concello de Rianxo
Actualidade
O pasado mes de xaneiro o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou a parte práctica da súa formación. Composto por 15 persoas de diversas idades, o obradoiro imparte o certificado de profesionalidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) Os traballos desenvólvense no recinto do Pazo de Rianxiño e consisten no adecentamento da súa...
Do 23 ao 25 de xullo, a Festa da Xouba de Rianxo porá en valor este produto rianxeiro coa creación da Marca de Calidade Xouba de Rianxo-pesca Artesanal-arte do Xeito, ademais dunha serie de actividades de showcooking e a degustación popular. As actividades do Verán Cultural completará as xornadas festivas.
A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, desenvolverá un acto de participación e reflexión sobre a estrada AC305 ao seu paso por Taragoña. Ambas as entidades buscan mellorar a seguridade e recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza. O acto aberto ao público -ata completar aforo (50 persoas) -, terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro no...
Ante a escaseza de xouba, a exaltación deste ano 2021 farase a través de dous showcookings de 2 cociñeiros profesionais. Hoxe, día 24, e mañá día 25, na canle de Youtube do Concello e nas redes sociais, publicaranse os vídeos gravados para a ocasión. https://www.youtube.com/c/ConcellodeRianxoTV/
Esta semana deu comezo o Campamento de Verán Rianxo 2021, que conta con 140 participantes que, desta vez, se realiza de maneira descentralizada nas instalacións Pazo de Rianxiño, CEP Brea Segade de Taragoña e CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. A duración do campamento é de dous meses, do 5 de xullo ao 27 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contan ademais cun servizo de Plan Madruga para...
Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido, na sede que ten na cidade de Tralee, no condado de Kerry. Por cuarto ano consecutivo, aínda que non foi doado, o instituto rianxeiro segue apostando pola internacionalización...
• En virtude deste convenio, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. En tempos de COVID-19, a veciñanza de Rianxo poderá visitar o museo de xeito gratuíto. • Anxo Angueira: “Esta nova crise supuxo un duro revés. Grazas a estes apoios estamos resistindo e afrontamos o futuro...
A Associaçom José Afonso – Galiza apresentou a programaçom “Abril em Dezembro” que desenvolverá durante o mês de dezembro, com um concerto e com umha exposiçom sobre o Zeca Afonso. O concerto, que se celebrará no Paço de Rianjinho ou no Auditório municipal de Rianjo en funçom das condiçons meteorológicas, contará com a interpretaçom de temas do repertório de José Afonso por parte dos...
A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal , coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo. A plataforma incluirá a calquera comercio con sede fiscal no municipio de Rianxo que o solicite. As persoas clientes que visitan o portal poden mercar nas distintas tendas e solicitar o envío ao propio...
A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño. PROGRAMA: 10.45 - Apertura 11.00 – “Conversa con Eclíptica Orbita, ‘Maruxa dos Rosales’ ” 12.10 – Descanso 12.30 – Obradoiro “Mulleres que contan. Obradoiro de recolla e posta en valor da música de tradición oral”, Xulia Feixoo 13.45 – Xantar 16.00 –...
O 20, 21 e 22 de novembro, o + que tapas recunca en Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Durante a fin de semana, pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR. Ademais de escoller a tapa gañadora, partiparás no sorteo dun lote de produtos por cada concello participante que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas...
Rianxo cociña o mar é unha publicación que recolle, da man de hostaleiros locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais. A guía de receitas está dispoñible para a súa descarga en formato PDF. Rianxo cociña o mar
O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro. Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita. É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079. Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.
A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e poñer en valor un oficio tradicional desempeñado maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes,...
O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. Advertido os seguinte erros no cartel anunciador: As actuacións, enmarcadas na Feira do Libro, de Xurxo Souto e Xoán Curiel serán o DOMINGO 28 DE XULLO nos seguintes horarios e lugares: 13:00 Cantos de traballo das mulleres do mar. Banda sonora da...
Zona da Zanfona é un evento único na Península Ibérica, un festival temático sobre o instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo cumpre 15 anos neste 2019. Acontece na primeira semana do mes de xullo co miolo da programación entre o venres 5 e o domingo día 7 cun programa para todos os...
O sábado 15 de xuño de 2019 constituíuse o Pleno da Corporación 2019-2023 cos concelleiros e coas concelleiras que resultaron elixidas nas eleccións municipais do 26 de maio. Adolfo Muíños Sánchez foi o único candidato que os partidos con representación presentaron á investidura e foi investido alcalde cos votos a favor do PSOE e do BNG.
A xunta de portavoces do Concello de Rianxo decretou tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12:00 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en repulsa do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.
O concello de Rianxo está a elaborar o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este proceso estase a construír dende unha perspectiva participada, tendo en conta ás opinións e percepcións do persoal técnico de todas as áreas municipais, o persoal político, os axentes sociais e económicos, a comunidade educativa e as mulleres rianxeiras. O II Plan de Igualdade de...