Anuncios

Anuncio da concesión demanial mediante procedemento aberto dos postos vacantes no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Rianxo. - Concesión dos postos vacantes na Praza de Abastos do Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

Anuncios

Concesión dos postos vacantes na Praza de Abastos do Concello de Rianxo

Anuncio da concesión demanial mediante procedemento aberto dos postos vacantes no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Rianxo.

Por Resolución da Alcaldía núm. 672/2021 do 9 de agosto de 2021, aprobouse a apertura da nova licitación que deseguido se recolle:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Rianxo

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

2. Obxecto do contrato: concesión demanial dos postos vacantes no mercado municipal

3. Prazo duración da concesión:

A duración das concesión administrativas demaniais que se outorgan será polo tempo que oferte cada licitadora, que como mínimo será de 5 anos e máximo de 30 anos, a partir da data de sinatura do contrato de concesión demanial, tendo este prazo un carácter improrrogable

4. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación ordinaria

b) Procedemento: aberto e múltiples criterios

12.1 Mellor oferta económica (1 a 40 puntos)

12.2 Ampliación do prazo de licitación (2 a 50 puntos)

13.3 Establecemento de actividades non existentes na praza do mercado (10 puntos)

(ver pregos artigo 12. Criterios de adxudicación)

5. Orzamento de licitación:

Postos / Metros / Importe canon anual €

 

- Bancada núm 4 10,70 189,59

- Posto núm. 5 15,45 273,75

- Posto núm. 6 15,45 273,75

- Posto núm. 8 31,30 554,60

- Posto núm. 9 31,30 554,60

- Posto núm. 15 30,00 531,57

- Posto núm. 16 30,40 524,57

- Posto núm. 17 31,00 549,28

6. Garantía provisional: non se esixe

7. Garantía definitiva: 5 % do importe de licitación

8. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: Non procede

Solvencia: Ver cláusula 16.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Lugar de Presentación: Rexistro Xeral do Concello.

b) Data límite de presentación de ofertas: 30 días hábiles desde o seguinte á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa publicación no perfil do contratante.

c) Presentarase a documentación segundo o establecido no PCAP

10. Gastos de anuncios:

Non hai

11. Outra información:

Teléfono: 981 860 075 // 881 988 446

12. Perfil do contratante:

concelloderianxo.gal/perfildocontratante