A acción municipal no deporte

A acción municipal no deporte - Concello de Rianxo

A acción municipal no deporte

Profundizando nas liñas de actuación municipais no deporte atopamos que abrangue multitude de ámbitos (saúde, formación, rendemento deportivo, recreación...); segmentos de poboación (infancia, mocidade, persoas adultas, 3ª idade...); espazos (pavillóns, pistas polideportivas, centros escolares...) e de relacións e colaboracións con distintos axentes sociais (clubs deportivos, ANPAS, entidades culturais e deportivas, administración...).

Neste apartado preténdese resumir a acción do Servizo de Deportes presentando os distintos programas que se desenvolven ao longo do ano.

Apoio ás entidades deportivas

Programa Deporte Base

Programa de axudas nado en 2005 dirixido á contratación de persoal técnico, por parte das entidades deportivas, co fin de mellorar a calidade da formación deportiva nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

No 2022, o Concello achegou máis de 35.725 € para o desenvolvemento deste programa, no que participan preto de 400 rapaces do C.D. Unión, C. Piragüismo, CCD Taragoña, C. de Remo Rianxo, C. Voleibol Rianxo, C. Xadrez Rianxo, Club Baloncesto Rianxo e Club Tríatlon Rianxo.

Programa de subvencións para actividade deportiva xeral

Programa de axudas ás entidades deportivas para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.

No 2022 concedéronse subvencións por importe de 44.310 € para un total de 14 entidades deportivas.

Eventos deportivos

O Servizo de Deportes participa activamente coas entidades deportivas na organización de eventos deportivos. Exemplos desta colaboración son:

  • Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo",
  • Regata de Kayak de mar "Concello de Rianxo"
  • Marcha BTT "Concello de Rianxo"
  • Carreira Popular "Concello de Rianxo"
  • Slalom "Concello de Rianxo"
  • Tríatlon "Concello de Rianxo"
  • Andaina Solidaria "ASANOG"
  • Trail Subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"

Outras colaboracións

Asemade, o concello colabora coas entidades:

  • Coa cesión gratuíta das instalacións deportivas municipais.
  • No mantemento, reparación e construción de instalacións deportivas de entidades.
  • No investimento en material e equipamento deportivo.
  • Co asesoramento en materia deportiva e cedendo medios administrativos.