Deportes

- Camiño de Santiago: as etapas do Camiño Francés en Galicia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Camiño de Santiago: as etapas do Camiño Francés en Galicia

NOTA INFORMATIVA - 14/10/2016
1º autobús completo con data 13/12/2016
Ábrese unha nova listaxe de para un segundo autobús, para o que farán falla un mínimo
de 30 inscricións.

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: as etapas do Camiño Francés en Galicia”, correspondentes ao percorrido do Camiño de Santiago por terras galegas.

A actividade desenvolverase en 7 etapas nos meses de outubro a marzo, desde  O Cebreiro a Santiago de Compostela.

As etapas

1ª Etapa: O Cebreiro-Triacastela

  • Lonxitude  21,8 Km
  • Dificultade  Media-Alta
  • Duración estimada 4h 25min
  • Data prevista  29 de outubro de 2016


2ª Etapa: Triacastela - Sarria (por Samos)

  • Lonxitude 25,1 Km
  • Dificultade Media-Baixa
  • Duración estimada 4h 40min
  • Data prevista  19 de novembro de 2016


3ª Etapa: Sarria - Portomarín

  • Lonxitude 23,1 Km
  • Dificultade Media-Alta
  • Duración estimada 4h 40min
  • Data prevista  17 de decembro de 2016

4ª Etapa: Portomarín - Palas de Rei

  • Lonxitude 25 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 55min
  • Data prevista  14 de xaneiro de 2017

5ª Etapa : Palas de Rei - Arzúa

  • Lonxitude 28,8 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 6h 40min
  • Data prevista 4 de febreiro de 2017

6ª Etapa: Arzúa - Arca (O Pino)

  • Lonxitude 18,4 Km
  • Dificultade Baixa
  • Duración estimada 4h 35min
  • Data prevista  18 de febreiro de 2017

7ª Etapa: Arca (O Pino) - Santiago de Compostela

  • Lonxitude 20 Km
  • Dificultade  Media
  • Duración estimada 5h 00min
  • Data prevista  11 de marzo de 2017

Inscricións

  • O custe da actividade é de 12 € por etapa, que inclúe transporte e monitorado.
  • As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes e nos pavillóns municipais ata as 14 h. do xoves anterior a cada etapa.
  • A inscrición non se considerará completa ata o abono do cota de inscrición.
  • Actividade vai dirixida a maiores de 18 anos.
  • O mínimo de inscricións para iniciar a actividade é de 30, sendo 58 o máximo  de prazas dispoñibles.
  • A reserva da praza farase por rigorosa orde de inscrición. É preciso facer a reserva para cada etapa, tendo prioridade na segunda e posteriores, os/as solicitantes que xa  participaran en  etapa/as anterior/es.
  • No caso dun maior número de solicitudes que prazas, terán prioridade os empadroados no Concello de Rianxo (a Organización pode solicitar do usuario/a un volante de empadroamento).

Programa de viaxe

Cada etapa terá o seu propio programa, no que se detallarán as cuestións relativas a organización, normas e desenvolvemento da actividade.
O punto de encontro para a saída desde Rianxo establécese na parada de autobuses do Paseo da Ribeira.

Normativa xeral e de seguridade

  • As datas previstas poden sufrir modificacións en función das necesidades organizativas ou por incidencias meteorolóxicas.  No caso suspenderse unha etapa buscarase unha data axeitada.
  • Cada usuario/a será o encargado do seu avituallamento tanto no percorrido coma no remate.
  • Nas etapas nas que se considere preciso, o autobús sairá despois do xantar.
  • A organización pon a disposición dos participantes, que o soliciten, unha Compostela que deberán abonar de selo caso.
  • No caso de estar inscrito/a e non participar na actividade por causas alleas a organización, non se devolverá o importe da inscrición.
  • Non se permitirán animais de compañía.
  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.