Deportes

- Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña ven de publicar a Convocatoria de Bolsas para Deportistas da Provincia 2017 (BOP 38 de 23/02/2017), co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

As axudas van dirixidas a practicantes de deportes que teñan un carácter individual, entendido como tal todo aquel que, segundo a súa regulamentación, é practicado por un ou por dous deportistas como máximo

O prazo está aberto ata as 14 h. do 31 de marzo.

Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes á bolsa:

  • Grupo A.- 10-17 anos; nados a partir do 1 de xaneiro de 2000 (incluído).
    Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
     
  • Grupo B.- 18-23 anos; nados a partir do 1 de xaneiro de 1994 (incluído).
    Concederanse 15 bolsas de 3.000 € cada unha delas.

Poderán participar nesta convocatoria os deportistas residentes na provincia que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Practicar un deporte que pertenza a un dos deportes olímpicos e disciplinas olímpicas, tanto de verán como de inverno, incluídos no programa oficial dos Xogos Olímpicos do ano 2016.
     
  2. Ter entre os dez e os vinte e tres anos cumpridos con data límite do 31 de decembro de 2017.
     
  3. Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, un ano antes da data da publicación no BOP das bases da convocatoria.
     
  4. Dispoñer de licenza deportiva vixente, na data da publicación no BOP das bases da convocatoria, expedida pola federación deportiva correspondente.
     
  5. Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.