Deportes

- Actividades Deportivas Verán 2016 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Actividades Deportivas Verán 2016

O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2016, que se desenvolverán do 4 de xullo ao 9 de setembro. O prazo de inscrición abrirase o 20 de xuño.

Programa de Actividades

A oferta de actividades deportivas para a tempada de verán 2016, inclúe a programación do propio Servizo de Deportes, o Campamento Urbano e Deportivo 2016, as actividades deportivas dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal.

Destacar que se trata dunha oferta ampla, con propostas para todas idades desde mais pequenos ata a 3ª idade.

Asemade, é unha oferta descentralizada, con presenza en todas as parroquias do concello, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).

Actividades destacadas:

Actividades Clubs Deportivos: Durante o verán destaca sobre todo a oferta das actividades náuticas (Club Piragüismo, Club de Remo e Club Náutico – Vela lixeira - ), ademais do Xadrez e o Voleibol. Como novidade este verán ponse en marcha a Escola de Triatlon.

Deporte para todos: As andainas estanse convertendo nun clásico da programación de verán, sobre todo o nocturno que reúne a moitos afeccionados. Tamén haberá xornadas de deportes tradicionais, volei-praia, fútbol praia...

Eventos deportivos: Os mais destacados serán:

    - XIII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo - 31 de xullo

    - VIII Trofeo de Xadrez Internacional Concello de Rianxo - 27 de agosto

    - Carreira Nocturna Castelo da Lúa - 20 de agosto

Para ampliar información e/ou formalizar a inscrición dirixirse aos seguintes lugares:

  •     facebook: concelloderianxo
  •     facebook: Servizodedeportes
  •     Servizo Municipal de Deportes: Casa da cultura. Praza Castelao. Tel: 981 86 63 81
  •     Pavillón Polideportivo de Rianxo. Tel.: 981 86 61 10
  •     Pavillón Polideportivo de Taragoña. 664 189 738