Deportes - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.
981 86 63 81 - 661 247 136
Horario inverno: 8 a 15 h.
Horario verán: 8 a 14 h.
deportes@concelloderianxo.gal
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024
Actividades
Actualidade
O mércores 29 de abril presentouse o I Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 27 ó 31 de xullo do 2015. A presentación correu a cargo de Adolfo Adolfo Muiños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Matar, Presidente do CD Unión, e os representantes...
O Servizo de Deportes informa que do martes 28 ao xoves 30 de abril suspéndense as Actividades Deportiva Municipais no Pavillón Polideportivo de Rianxo, con motivo das tarefas de preparación da instalación para acoller a “II Pasarela de Moda Castelo da Lúa”. As actividades reanudaranse o luns, 4 de maio.
O Auditorio Municipal vai acoller esta fin de semana a Copa Galicia por equipos, organizada polo Club Xadrez Rianxo en colaboración coa Federación Galega de Xadrez e o Concello de Rianxo. COPA GALICIA DE CLUBS 2015, CATEGORÍA CADETE. DATA: Sabado, 09 de Maio de 2015. LOCAL DE XOGO: Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña). INSCRICIÓNS: Ata as 19:00 horas do 06 de Maio de 2015...
Este sábado, 25 de abril, desenvolverase unha Exhibición de Judo e Parkour no Pavillón Municipal de Rianxo, organizada polo CLUB IPPON DOJO. A entrada será libre e o programa de actividades é o seguinte: Exhibición de Judo: 12 h. Exhibición de Parkour: 12:20 h. Proba o Ju Parkour Do: 12:40 h. Exhibición de KATA: 12:50 h.
O Club de Piragüismo Rianxo organiza II REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - CONSERVERA DE RIANXO, pertencente á XVI Liga de Galega de Kayak (II Copa Sipre). Celebrarase o sábado, 4 de abril, a partir das 16 h., no porto de Rianxo e trátase da segunda regata da liga, que se disputa a un total de nove probas. Deseñouse un triángulo de 5.000 m. na enseada de Rianxo, ao que os deportistas...
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro sábado 28 de marzo unha Andaina circular que discorre polo término municipal de Rianxo, percorrendo as parroquias de Rianxo, Asados, Araño e Taragoña. A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores a partires dos 12 anos (de 12 a 14 anos é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). A andaina partirá da...
Este sábado, 7 de marzo, celebrouse a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo recoñeceu o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014. Estivo o Auditorio case cheo, pois arredor de 250 persoas, entre público e integrantes da familia do deporte rianxeiro, presenciaron a gala, que foi presentada por Xian...
Este sábado, 7 de marzo, celebrarase a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014. 14 clubs deportivos, 10 deportistas e 13 patrocinadores serán os principais protagonistas deste na gala que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 21 h. Ademais,...
O Concello de Rianxo está a preparar unha nova edición do DÍA DO DEPORTE, no que se vai recoñecer o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte nas anualidades 2013 e 2014. Os clubs deportivos, os deportistas máis destacados e os patrocinadores que apoian o deporte serán os principais protagonistas deste acto que xa chega á súa novena edición. Na...
Publícanse os horarios de aluguer para as datas do Entroido. O sábado 14 pola mañá o pavillón de Rianxo permanecerá pechado, e o luns acollerá o De-porte choqueiro e o espectáculo musical de Paco Nogueira "Brinca Vai de aquí a acolá".
O vindeiro luns vaise celebrar no pavillón de Rianxo unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19 h. Inchables, obradoiros, xogos... 19 a 20 h. Espectáculo musical Paco Nogueira "Brinca Vai de aquí a acolá", organizado e patrocinado pola Piscina Municipal de Rianxo...
O Servizo de Deportes informa que durante as celebracións do Entroido non haberá Actividades Deportivas nas seguintes datas: Actividades nenos/as: rematan o xoves 12 e comezan o xoves 19 de febreiro. Actividades adultos: finalizan o xoves 12 e comezan o mércores 18 de febreiro. O luns, 16 de febreiro, celebrarase unha nova edición do de-porte choqueiro, no pavillón de Rianxo: 16:30 a...
O 22 de febreiro celebrarase a III Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte: 8:00 h. Recollida de dorsais 9:30 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo 14:30 h. Hora estimada da chegada. O obxectivo desta...
Disfruta do Nadal na Piscina Municipal cun amplo programa lúdico e deportivo para toda a familia. Infórmate na recepción da Piscina (981 86 00 86 - rianxo@aquafitgestion.com). Aproveitamos para lembrar que os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro a Piscina estará pechada, e que o 24 e 31 de decembro, así coma o 5 de xaneiro, abrirá só en horario de mañá. visita de papá noel O martes, 23 de...
O Servizo de Deportes informa que o período vacacional das Actividades Deportivas Municipais durante o Nadal é o seguinte: Nenos/as: Rematan o martes 16 de decembro no pavillón de Rianxo. No resto de instalacións rematan o xoves, 18 de decembro. Adultos: Rematan o martes 16 de decembro no pavillón de Rianxo. No resto de instalacións rematan o xoves, 18 de decembro. O luns, 12 de...
A Piscina Municipal presenta a súa Campaña de Nadal para captar novos abonados. Mais información na recepción da instalación.
A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Esquí 2015 para que rapaces da provincia poidan disfrutar dunha fin de semana na neve, na Estación Invernal de Manzaneda (A Pobra de Trives - Ourense). A actividade vai dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005. A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas (no caso de haber mais solicitudes que prazas farase un sorteo...
O Servizo de Deportes informa que, por mor dunhas obras de mellora no Centro Social do Araño, se suspenden as actividades deportivas do luns 17 de novembro. O mércores impartiranse as sesións no horario habitual. Desculpen as molestias.
O Servizo de Deportes informa que por razóns de forza mayor suspéndense as actividades deportivas que se indican a continuación: LUNS, 3 de novembro: Araño: Ximnasia de Maiores e Multifitness. Taragonha: Fútbol Sala, Multideporte, Patinaxe e Ximnasia de Maiores. Desculpen as molestias.
O Servizo de Deportes informa que debido ao estado esvaradizo da pista, e atendendo a criterios de seguridade, as Actividades Deportivas programadas para hoxe, 15 de outubro, no Pavillón de Rianxo quedan suspendidas. Ás 19 h. revisarase de novo o estado da pista por si fose posible impartir as actividades de adultos. Mais información no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10). Desculpen as...
O xoves, 9 de outubro, presentouse no Salón de Plenos da Casa do Concello a segunda edición da Carreira Popular "Toffe - Concello de Rianxo", coa participación de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deporte e Saúde, Carlos Gey Hermo, 1º Tenente de Alcalde, José Luís Lorenzo, Presidente do Club Atletismo Rianxo e David Alcalde , Xerente da Cafetería Toffe. Na súa...
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O DÍA DA CARREIRA 1. Recollida dorsais Na praza de Castelao, nas carpas da organización, a partir das 9:45 h. Haberá unha carpa para as categorías absolutas e outra para as de menores. Si se sabe o número de dorsal, dirixirse á mesa correspondente a recoller o material. Si non se sabe, consultar nos taboleiros de anuncios por orde alfábetico e categorías. O...
O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2014/15, incluíndo as organizadas de xeito direto polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal. Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, destacar que se trata dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, e que...
Os montes de Leiro van acoller o I Trial Concello de Rianxo, que se celebrará os vindeiros 20 e 21 de setembro, sendo puntuable para o Campionado Galego de Trial. A organización corre a cargo do Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego. A competición arrancará o sábado ás 16 h. coa...
Xa se pode formalizar a matrícula para o Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Federación Galega de Fútbol e a Escola Galega de Adestradores, en colaboración do Club Deportivo Unión e o Concello de Rianxo. Ofértanse 35 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. A documentación pódese presentar no Servizo de Deportes do Concello ou nos enderezos indicados nas bases do curso: ...
Rianxo vai acoller un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D. Unión e o Concello de Rianxo. Na presentación deste curso participaron Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Manuel Mosquera, Director da Escola Galega de Adestradores, Nelson Barreiro, vogal da...
Presentouse VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, que se celebrará este sábado, 30 de agosto, no pavillón municipal de Rianxo, coa participación de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, e Daniel Martínez, Presidente do Club Xadrez Rianxo. Este Torneo, organizado polo Club Xadrez Rianxo, convirte a Rianxo nun dos referentes en...
O Servizo de Deportes organiza as XXIII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 8 ao 12 de setembro, na semana previa ao inicio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton Tenis ...
Con motivo da organización do VI TORNEO INTERNACIONAL DE XADREZ CONCELLO DE RIANXO, o horario de apertura do Pavillón de Rianxo durante esta fin de semana será o seguinte: Xoves, 28: Mañá: 10 a 16 h. Tarde: pechado Venres, 29 Mañá: 10 a 14 h. Tarde: 16:30 a 20:30 h. Sábado, 30 Mañá: 10 a 14 h. Tarde: 16:30 a 20:30 h. Domingo, 31 Pechado Luns, 1 de setembro Mañá: 9:30 a 15 h....
O Pavillón de Rianxo acollerá o 30 de agosto o VI Trofeo Internacional Concello de Rianxo, valedeiro para ELO FIDE, para o IX Circuíto Galego de Promoción e para o Circuíto Galicia Norte. O torneo está organizado polo Club Xadrez Rianxo, conta co patrocinio do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, ademais da colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego, Federación Galega de Xadrez,...
O Concello de Rianxo ven de chegar a un acordo co SANTIAGO FUTSAL para a celebración en Rianxo dun dos partidos de pretempada do club compostelán, concretamente o que enfrontara ao FS ZAMORA, equipo que milita na segunda división do Fútbol Sala. O partido celebrarase o martes, 26 de agosto, ás 21 h., no Pavillón Municipal de Rianxo e trátase dun evento moi especial xa nos achegará...
Aprazado polo mal tempo para os días 20 e 21 de agosto. Os días 20 e 21 de agosto celebrase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Petanca. As partidas darán comezo as 16:30 h. e a inscrición formalizarase na propia praia antes do inicio das actividades.
Este sábado, 9 de agosto, disputarase o XIII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión á S.D. Araño, que corre coa organización do trofeo que se disputará no Campo de Fútbol Municial de Vilas (Asados) a partir das 19 h., baixo a modalidade Fiorucci, na que os tres...
Hoxe xoves, 14 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, tenis de mesa... Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness: zumba, spinning e remo-ergómetro. As...
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro xoves 24 de xullo a andaina que se aprazou o pasado venres. Andaina circular que discorre polo término municipal de Rianxo. Percorre as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados. Actividade dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). A...
Do 22 ao 24 de xullo diputarase na Praia de Tanxil unha nova edición do CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA, organizado polo Servizo Municipal de Deportes e o Club Voleibol Rianxo. Hai categoría masculina e feminina, sen límite de idade, organizándose os grupos en función das idades dos inscritos. Os partidos serán a partir das 17 h. Podes inscribirte no Pavillón Municipal de Rianxo ou na praia o...
O sábado, 19 de xullo, celebrarase en augas de Rianxo a XI Bandeira de Traiñeiras “CONSERVERA DE RIANXO – CONCELLO DE RIANXO”, pertencente á LGT-B. A regata disputarase sobre unha distancia de 5.556 m., (3 millas náuticas) en catro longos e tres ciabogas. Estará composta por dúas quendas de 5 e 4 participantes cada unha. A clasificación final establecese por tempos, gañando a...
Durante a Ponte do Apóstolo e con motivo da cobertura ao Festival Antrospinos no Pavillón de Taragoña, os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos serán os seguintes: Venres 25 de xullo Pavillón de Rianxo: pechado Pavillón de Taragoña: aberto de 10 a 13 h. e de 18 a 21 h. Sábado 26 de xullo Pavillón de Rianxo: pechado Pavillón de Taragoña: aberto de 10 a 13 h. e de 18 a 21 h. ...
A Asociación Terra e Mar, organizadora das Festas do Verán de Taragoña, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza unha nova edición do CAMPIONATO DE FÚTBOL PRAIA. A competición celebrarase os días 18 e 19 de xullo na Praia da Torre (Taragoña) e vai dirixida a maiores de 14 anos, nunha única categoría. A inscrición ten un custe de 10 € e pode formalizarse nos...
O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro venres ,18 de xullo, unha andaina que percorrerá as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados. A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). Partiremos da praza Castelao as 22:30 h. para completar un percorrido...
Actualizaronse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos para o verán (do 1 de xullo ao 14 de agosto): Horario apertura Horario aluguer
Publicamos os resultados e tempos da IV Travesía a Nado Vila de Rianxo: 600 m. 900 m. 1.500 m. 2.000 m.
O vindeiro domingo participarán na IV Travesía a Nado Vila de Rianxo mais de 140 nadadores, o que supón duplicar a participación do ano pasado. Xa se pode consultar o dorsal no seguinte documento: NOTA IMPORTANTE: Detectouse un error na listaxe. É valida a que está dispoñible para descarga desde as 9:20 h. do xoves, 5 de xuño. Se fixo a comprobación antes desa hora e data, volva a facelo. ...
A IV edición da Travesía a Nado "Vila de Rianxo" terá lugar o 8 de xuño, e está organizada por AuqafitGestión, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, ademais de contar coa colaboración do Concello, Club Naútico de Rianxo, Club de Remo, Club de Piragüismo, cafetería /bocatería Toffe, Camping de Rianxo e Hostal O´Portiño. Este ano espérase superar a participación da pasade...
O Servizo de Deportes informa que co motivo da celebración da festividade de Santa Rita, Patroa da Administración Local, non haberá Actividades Deportivas Municipais o vindeiro xoves 22 de maio. Asimesmo, os pavillóns municipais de Taragoña e Rianxo permanecerán pechados.
Confírmase a suspensión das actividades deportivas municipais previstas para hoxe no Pavillón Polideportivo de TARAGOÑA. As actividades reanudaranse con normalidade a partir de mañá. No resto de instalacións as actividades desenvolveranse coma de costume.
O C.D. Unión organiza a segunda edición do Torneo de Fútbol Base - II Memorial Ebo, dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. O torneo desenvolverase os días 24 e 25 de maio no Campo de Fútbol Municipal en Vilas (Asados) e está confirmada a participación de 40 equipos que traerán a preto de 500 deportistas. Ademais dos partidos, haberá actividades complementarias como inchables,...
A Piscina Municipal de Rianxo organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de maio, venres, co a intención de que toda a poboación de Rianxo poida acceder ás instalacións deportivas de xeito gratuíto. O obxectivo é dar a coñer a instalación e a súa oferta de actividades a través dun maratón de fitnes que se desenvolverá na propia instalación e no seu aparcadoiro. As actividades van...
A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes naúticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira..., ademais de actividades culturais, veladas nocturnas... A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas na primeira quenda, que se...
Publícase o calendario do Programa Actividades Deportivas Municipais para as vacacións de Semana Santa. Actividades nenos/as: rematan o o venres 11 de abril e comezan o martes 22 de abril. Actividades adultos: rematan o venres 11 de abril e comezan o luns 21 de abril. Tamén están dispoñibles para consulta os horarios de apertura e reserva para estas datas.