Deportes

- Presentación do VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Presentación do VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

Presentouse VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, que se celebrará este sábado, 30 de agosto, no pavillón municipal de Rianxo, coa participación de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, e Daniel Martínez, Presidente do Club Xadrez Rianxo.

Este Torneo, organizado polo Club Xadrez Rianxo,  convirte a Rianxo nun dos referentes en Galicia para o mundo do xadrez, xa que a pesar de que tan so leva seis edicións xa conseguiu situarse nun lugar destacado dentro de calendario de eventos nacionais que se disputan baixo o formato de partidas rápidas, ademais de acadar altas cotas de participación (este ano achégase aos 300 participantes) e de nivel xadrecístico dos xogadores. Está confirmada a presencia de catro xogadores GM (Gran Maestros), sete MF (Maestros FiIDE) e catro MI (Maestros Internacionais). O carácter internacional achegará a Rianxo a xogadores, ingleses, franceses, cubanos, portugueses, serbio, e inclusive a un GM Australiano.

Tanto Adolfo Muíños coma Joaquín Domínguez destacaron que a imaxe do Pavillón de Rianxo chea de taboleiros e xadrecistas de tódalas idades é xa unha icona do deporte rianxeiro que os enche de orgullo, chegando este último a afirmar que é unha das actividade que mais satisfacción lle reportan como Concelleiro de Deportes. Tamén fixeron fincapé no nivel deportivo no evento e no esforzo que o Concello fai para apoiar, coas dificultades actuais, a iniciativa do Club de Xadrez, ao que felicitan pola grande labor que fan en prol do xadrez e do deporte rianxeiro.

Daniel Martínez, na súa intervención agradeceu a colaboración de administracións e patrocinadores e fixo un repaso polos aspectos organizativos e deportivos do  Torneo.

Repártense 2.000 € en premios e pode participarse en tres categorías: absoluta exclusivamente para xogadores federados, categoría de promoción para xogadores ata sub 14 e afeccionados para aqueles xogadores nos federados ou que non teñen ELO.  As partidas desenvolveranse en horario de 11:00h a 19:00h (tres rondas pola mañá e catro pola tarde).

  Os principais favoritos son:

1. GM Aleska Strikovic (ELO 2566)
 Gañador en dúas edicións do torneo e defende o título acadado o ano pasado.  Xogador serbio que está entre os dez mellores xogadores do seu país.
2. GM Stanleys Duany (ELO 2520).
 Xogador cubano que está como xogador nº 18 no ranking de Cuba.
3. GM David Lariño (ELO 2542).
Campeón de España en partidas rápidas. Natural de Muros.
4. GM David Smerdon (ELO2520).
Xogador australiano que é o segundo do seu país e está entre os mellores 60 xogadores de Asia.
5.  MI Arian Gonzalez (ELO 2459):
Cubano, entre os mellores do seu país.
6. GM Alex Astaneh López (ELO 2419).
Irlandés, é o terceiro no ranquing do seu país.
O torneo é Válido para ELO FIDE de rápidas, para o  IX Circuito Galego de promoción e para o Circuíto Galicia Norte.

Organiza:
Club Xadrez Rianxo
Patrocina:
Concello de Rianxo e Deputación de A Coruña
Colaboran:
Conservera de Rianxo SA, Viajes Barraña SL, Hermanos Yañez, Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) e Xunta de Galicia.

Datos técnicos:
Partidas rápidas baixo o sistema suizo a 7 ou mais rondas en función dos apuntados.
Ritmo de xogo: 15” por xogador con incremento de 3 segundos na categoría absoluta e finish para as categorías sub 8,10,12,14 e afeccionados.
Árbitro principal: Francisco Ogando González, árbitro da FIDE.

Premios:
Xeral:                                                      Equipos
1º clasificado: 500 € + trofeo                                            1º clasificado: trofeo
2º clasificado: 300 € + trofeo                                            2º clasificado: trofeo
3º clasificado: 200 € + trofeo                                            3º clasificado: trofeo
4º clasificado: 100 €
5º clasificado: 75 €
6º clasificado: 50 €
7º clasificado: 50 €
8º clasificado: 25 €
Tramos de ELO:
1º sub-2200 100 € + trofeo 2º sub-2200 50 € 3º sub-2200 25 €
1º sub-2000 100 € + trofeo 2º sub-2000 50 € 3º sub-2000 25 €
1º sub-1800 100 € + trofeo 2º sub-1800 50 € 3º sub-1800 25 €
1º sen ELO FIDE 50 € + trofeo 1º veterano 50 €+ trofeo
1º feminino 50 € + trofeo 1º local trofeo 1º sub 18 trofeo

Para os premios dos equipos contarán os catro mellores taboleiros
clasificados podendo ter inscritos un mínimo de tres xogadores.

Categoría afeccionados:
Trofeo os tres primeiros clasificados.

Categoría sub14,12,10 e 8:
Trofeo os cinco primeiros clasificados.

Sorteo de importantes agasallos para a categoría de promoción. Reparto de estuches de conserva doados por Conservera de Rianxo SA.

 Mais información:
www.xadrezrianxo.com