Deportes

- VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

O Pavillón de Rianxo acollerá o 30 de agosto o VI Trofeo Internacional Concello de Rianxo, valedeiro para ELO FIDE, para o IX Circuíto Galego de Promoción e para o Circuíto Galicia Norte. O torneo está organizado polo Club Xadrez Rianxo, conta co patrocinio do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, ademais da colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego, Federación Galega de Xadrez, Viajes Barraña, S.L. e Conservera de Rianxo, S.A.

O Torneo, dirixido a participantes de todas as idades, acolle tres competicións: a absoluta, na que está previsto que participen algúns grandes mestres internacionais, a de promoción, para categorías sub-14 e a afeccionada, aberta a calquera xogador non federado. Repartiranse 2.000 € en premios na categoría absoluta, ademais de trofeos e agasallos na sub-14 e na afeccionada.

A inscrición terá un coste de seis euros, agás para os xogadores titulados, os menores de 14 anos que non xoguen na absoluta, os xogadores afeccionados e os xogadores de Club Xadrez Rianxo. Poderá formalizarse en escolaxadrezrianxo@gmail.com ou en Xadrez Rianxo, sendo o prazo límite o vindeiro xoves, 28 de agosto ás 12 h.

O Club Xadrez Rianxo, a pesar de ser relativamente xove, conta con pouco mais de 6 anos,  aposta forte pola organización de actividades de promoción e competición do xadrez, tendo xa unha considerable experiencia neste tipo de eventos, entre os que que destacan este Torneo e o Campionato Galego de Xadrez Activo entre outros.

As partidas darán comezo ás 11 da mañá e desenvolveranse durante toda a xornada do sábado, estando previsto a clausura e entrega de premios para as 19:30 h.