Que é a ARI?

Que é a ARI? - Concello de Rianxo

Que é a ARI?

Que é a ARI ?

Área de Rehabilitación Integral (ARI):

Unha área de rehabilitación integral (ARI) é un contorno urbano que require a súa renovación e revitalización  polas súas especiais característica urbanísticas, ambientais e patrimoniais, así como polo tecido social que sustenta.

As ARI comprenden actuacións de mellora de tecidos residenciais no medio urbano e rural, recuperando funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos, barrios degradados e municipios rurais que precisen a rehabilitación dos seus edificios e vivendas, a superación de situacións de infravivenda e de intervencións de urbanización ou reurbanizacións dos seus espazos públicos (Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación).

A ARI de Rianxo comprende os núcleos de Rianxo, Rianxiño e Fincheira (ver plano de delimitación).

Funcións da Oficina de Rehabilitación

Oficina de rehabilitación (OdR)

A Oficina de Rehabilitación de Rianxo (OdR) foi creada para levar a cabo toda a XESTIÓN da Área de Rehabilitación.

A Oficina (OdR) ofrece información á veciñanza, tanto sobre as axudas para rehabilitación como sobre técnicas e solucións para a rehabilitación.

Trala solicitude de axuda, o persoal técnico da OdR realiza a pertinente visita técnica e redacta un informe interno sobre a oportunidade da realización das obras consonte á normativa vixente. A OdR selecciona as solicitudes recibidas segundo os criterios establecidos na ordenanza e convocatoria publicadas, redacta memorias de obras menores e supervisa os proxectos de rehabilitación. Tamén efectúa o seguimento de solicitudes e de licenzas e avalía cada unha delas.

A OdR tramita os expedientes perante o Concello e ante a Delegación Provincial do IGVS de cara á obtención da 'cualificación provisional'. Ademais, nas obras de recuperación de inmobles supervisa e realiza o asesoramento técnico e as certificacións finais, ao que rematan as actuacións. Alén disto, ocúpase da tramitación derradeira perante o Concello e envíalle ao IGVS a documentación completa das intervencións para a obtención da 'cualificación definitiva' e para a tramitación do pagamento das axudas.

Durante o transcurso das obras, os técnicos da OdR fan un seguimento técnico de todas elas, asesorando e solucionando cantos problemas poden xurdir nelas.