Europa

Europa - Concello de Rianxo

Europa

Europa pon ao alcance da mocidade unha gran variedade de programas e alternativas que permiten viaxar, traballar, facer voluntariado nos distintos países de Europa.

Programas Europeos para a mocidade

Información sobre a Unión Europea

 

Traballar en Europa

Hai diversos medios, tanto públicos coma privados, que nos facilitan encontrar ofertas de formación e traballo en distintos países da Unión Europea.

É unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que a mocidade voluntaria mellora ou adquiere competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social. Para participar, só debes ter entre 18 e 30 anos e residente nalgún país da Unión Europea ou país socio. As voluntarias desenvolven a súa actividade nun país distinto do seu de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un periodo determinado en beneficio da comunidade.

Viaxar por Europa

Podes atopar múltiples e económicas alternativas para viaxar por Europa, pero sempre é conveniente que te informes das peculiaridades de cada país.

  • Viaxar por Europa: web oficial da Unión Europea para as personas que viaxan polos 27 países da UE. Encontraras consellos prácticos para as viaxes tanto de vacacións como de negocios: documentos necesarios, asistencia sanitaria, teléfono móbil, etc.
  • Sección Viaxes do portal Europa: recopilación dos documentos necesarios para moverse entre países e consellos especialmente de cuestións relativas á saúde e a seguridade en viaxe.

​​​​​​​