Novas Tecnoloxías

- Talleres de certificado dixital e uso de móbil e tablet - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Talleres de certificado dixital e uso de móbil e tablet

O Concello de Rianxo organiza dous talleres de iniciación á tecnoloxía.

Taller de certificado dixital e Sede Electrónica: aprenderase a obter un certificado dixital e a realizar xestións con el nas sedes electrónicas das administracións.

O 25 de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá ao longo da semana. Tamén se pode participar co certificado propio.

O taller terá lugar os días 3, 4 e 5 de abril de 10.30 a 12.00 h na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo.

Taller de manexo de móbil ou tablet​​​​​​​: para iniciar ás persoas adultas no manexo destes dispositivos. Para asistir a este taller débese traer o propio móbil ou tablet.

Este taller desenvolverase os xoves de abril e maio de 18.15 a 19.45 h no Auditorio de Rianxo.

Os talleres son gratuítos e a admisión será por orde de inscrición. É necesario un mínimo de participantes para desenvolver os talleres.

Para inscribirse, pódese acudir ao Auditorio de Rianxo ou facelo en liña aquí: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3484171