Novas Tecnoloxías

- Ampliación do despregamento de fibra óptica de RedeAberta para a cobertura total do municipio - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Ampliación do despregamento de fibra óptica de RedeAberta para a cobertura total do municipio

Ao longo do ano 2022 o proxecto de colaboración que se está a desenvolver entre o Concello de Rianxo e RedeAberta.gal para despregar unha rede neutral de fibra óptica no municipio tornou efectivo en boa parte das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro, co despregue inicial de fibra e a captación dos primeiros clientes.

A empresa instaladora de RedeAberta, Vento Rede, vén de ser adxudicataria dos incentivos do programa UNICO-Banda Ancha do  Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, para completar a cobertura en varios municipios da provincia da Coruña, entre eles o de Rianxo.

Como consecuencia, RedeAberta vaise estender á totalidade dos núcleos de poboación do municipio rianxeiro. Para facilitar a chegada ás poboacións máis remotas, estase a explorar un acordo de colaboración para o uso dalgunhas infraestruturas municipais, como os postes de alumeado público, para a extensión da rede, o que permitirá achegar a fibra óptica ata os lugares de Cerqueiras, O Vilar, Varela e Campelo, entre outros.

A data prevista para a finalización desta ampliación é abril de 2023.

O Concello de Rianxo pide a colaboración da veciñanza para permitir e facilitar o tendido dos fíos de fibra óptica polos espazos regulados, como fachadas, postes e arquetas, así como o acceso dos operadores para a instalación cando están situados en propiedade privada, xa que é este un servizo que beneficia ao conxunto da veciñanza.

O servizo de fibra óptica de RedeAberta pódese contratar a través dos operadores seguintes, ademais doutros servizos de telefonía móbil, sen fíos e televisión que ofrecen:

  • FibraRianxo / Pizpireta Telecom
  • A Túa Xanela
  • Toxo Telecom
  • Juifi Telecom
  • Grelo Comunicacións
  • Evoa
  • Aurea Telecom
  • Itegal
  • ItSarria
  • Bit Telecom
  • 7Play