Deportes

- TORNEO DE VOLEIPRAIA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

TORNEO DE VOLEIPRAIA

Volvemos un ano máis co torneo de voleipraia de Rianxo, organizado polo Club Voleibol Rianxo.

Celebrarase o vindeiro venres 19, na praia de Tanxil, ás 16:00 h e contará coas seguintes categorías:

  • Menores (ata 11 anos)
  • Sub 15
  • Maiores (16 anos en diante)
  • Mixto

As categorías menores xogarán todas xuntas. Tanto sub15 coma maiores dividiranse en masculino e feminino. A categoría mixta será única.

A inscrición é de balde e poderase facer no pavillón municipal e no whatsapp 680355907.

Os equipos estarán formados por dúas/dous xogadores e o formato de competición será eliminatoria directa a un set de 21 puntos.

Tanto se che apetece probar o voleipraia como se xa eres un experimentado xogador, non dubides en anotarte!