Deportes

- Rianxo, "Cidade Amiga' do Obradoiro CAB - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Rianxo, "Cidade Amiga' do Obradoiro CAB

Os veciños de Rianxo, xunto cos de Porriño e Sarria, serán os primeiros de Galicia en participar no Proxecto “Cidades Amigas”, do Obradoiro CAB, o que lles permitirá disfrutar do baloncesto ao mais alto nivel a un prezo especial de 10 €. Este proxecto pretende involucrar a todas as localidades galegas no desenvolvemento, fomento e popularización  do baloncesto.

Os afeccionados de Rianxo poden acollerse a esta promoción no partido que enfrontará ao Río Natura Monbus ante o Valencia Basket o sábado, 16 de novembro, ás 20 h.

Para acollerse a esta promoción os rianxeiros deberán presentar o seu DNI ou calquera outro documento oficial que verifique a súa residencia en Rianxo á hora de adquirir a súa entrada:

  • Nas oficinas do club, de luns a venres de 10 a 14 h. (Multiusos Fontes do Sar)
  • Na Tenda Oficial “Miudiño Store” en Área Central (local Blusens de mércores a sábado de 17 a 22 h.).
  • Na taquilla o día do partido.