Deportes

- O Camiño de Santiago 2023: O Camiño Inglés - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

O Camiño de Santiago 2023: O Camiño Inglés

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2023: O Camiño Inglés”, que se corresponde ao percorrido do Camiño de Santiago con saída desde Ferrol.

A actividade desenvolverase en 5 etapas, nos meses de Marzo, Abril e Maio, desde Ferrol ata Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 28 de febreiro ás 14 h.

As inscricións poderán formalizarse do seguinte enlace da plataforma Cluber:

Se tes algún problema coa túa inscrición poderás facelo na oficina do Servizo de Deportes.

Este ano como novidade, a hora de formalizar a inscrición poderás facelo para as 5 etapas ou para a primeira. O pago faráse etapa a etapa, pero a reserva de todas as etapas implica ter praza garantizada.

Recorda que o pago se fará unha vez se confirme a inscrición e sempre a través dunha carta de pago emitida polos servizo de recadación e que vos será facilitada.