Deportes

- I Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo - Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

I Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo - Conservera de Rianxo

O vindeiro sábado, 12 de abril, celebrarase en augas da ensenada de Rianxo a I REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - CONSERVERA DE RIANXO, organizada polo Club Piragüismo Rianxo e a  Federación Galega de Piragüismo. A proba, que conta co patrocinio e colaboración do Concello de Rianxo e Conservera de Rianxo, S.A.,  desenvolverase entre as 16 e as 19:30 h., e forma parte da XV Liga Galega de Kayak de Mar (I Copa SIPRE).

Inscribironse 250 deportistas para participar nas distintas modalidades, kayak e padel surf, e categorías, cadete, xuvenil, senior e veterano. Deseñouse un circuíto de 5.000 m., ao que os kayakistas cadetes e os participantes en padel sur, darán unha única volta, mentres que o resto de categorías completarán 10.000 h.

A tarde completarase coa entrega de trofeos na lonxa vella, a partir das 19:30 h. aproximadamente.