Deportes

- I Marcha BTT Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

I Marcha BTT Concello de Rianxo

O vindeiro domingo, 7 de abril, celebrarase a I Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Bartbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte:

  • 8:45 h.      Recollida de dorsais
  • 9:30 h.      Saída das marchas do Porto de Rianxo
  • 13:30 h.    Hora estimada da chegada.

O obxectivo  desta proba é a promoción do cicloturismo en Rianxo, ao tempo que serve de escaparate ao noso pobo e ás súas posibilidades como recurso turístico, deportivo e recreativo. A proba pretende ser accesible a calquera tipo de afeccionado ao ciclismo, desde o principiante ata o mais experimentado, para o cal a marcha contará con tres rutas con distancias e niveis de dificultade distintos: Iniciación (25 km.), Marcha (45 km.) e Maratón (60 km). Os ciclistas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 15 con autorización e está aberto a federados e non federados.

Inscricións

A inscrición está pechada, posto que xa se acadou o límite previsto e van participar arredor de 550 ciclistas de toda Galicia e incluso de de Portugal.  Trátase dun enorme éxito de participación para tratarse da primeira edición da proba. Na páxina web da entidade pódese atopar o regulamento da proba, os perfiles das rutas,  o percorrido e demais información sobre a mesma.

Rutas

A saída da proba está organizada no porto de Rianxo, onde se prestarán os servizos e atencións aos participantes e se derá a saída. A partires de aí, farase un percorrido neutralizado polas rúas de Rianxo e en Tanxil xa comezarán as rutas mencionadas. As duás primeiras rutas (INICIACIÓN e MARCHA) discorren integramente por terras do Concello de Rianxo, percorrendo os montes e camiños de tódalas parroquias do Concello. A  MARATÓN, sae do concello e percorre tamén terras de Dodro e Lousame.

Servizos

A organización da proba vaise centralizar no porto de Rianxo. Alí, os participantes disporán de:

1. Zona de aparcamento
2. Puntos de lavado de bicicletas
3. Local de recollida de dorsais e entrega de premios
4. Duchas para os participantes.

A maiores, haberá dous puntos de avituallamento ao longo das rutas.