Deportes

- Deporte na Fase II en Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

Deporte na Fase II en Rianxo

Publicamos a información relativa á práctica deportiva na Fase II e a súa aplicación en Rianxo (máis información no Servizo de Deportes).

Polo momento abren as instalacións de remo e as de piragüismo. Tamén se poderá, con cita previa, practicar tenis nas pistas polideportivas descubertas e no colexio de Asados.

Os pavillóns polideportivos e os campos de fútbol permanecerán pechados ata novo aviso.