Deportes

- Campamentos Deportivos Deputación 2013 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campamentos Deportivos Deputación 2013

A Deputación da Coruña abriu xa o prazo de inscrición para unha nova edición dos campamentos deportivos. Os interesados poderán facer a súa inscrición na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo ata o 16 de maio.

Estes campamentos celébranse no Centro Calvo Sotelo en tres quendas dunha semana entre o 30 de xuño e o 20 de xullo. Os destinatarios desta actividade son rapaces dos 94 concellos da provincia nados entre o ano 1999 e o 2003.

Ao Concello de Rianxo fóronlle asignadas 5 prazas para a segunda quenda, que vai do 7 ao 13 de xullo. No caso de presentarse mais solicitudes ca o número de prazas, realizarase un sorteo público diante da Secretaria do Concello.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe o transporte interno, a estadía e manutención na residencia e o gasto das actividades programadas, así como o material propio das actividades coma raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas que se entregarán a cada participante durante a celebración do campamento.

Os campamentos deportivos inclúen as actividades deportivas preferentes que, nesta ocasión, serán a equitación, paseos a cabalo, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hip-hop. Ademais, os rapaces participarán nunha pernocta en tendas de campaña dunha noite e o inglés formará parte do programa como novidade.

O programa do campamento inclúe as visitas a centros de interese cultural da comarca e da cidade da Coruña e as veladas nocturnas con actividades e xogos que teñan como obxectivo fomentar a comunicación, a convivencia e o respecto entre os demais.