Deportes

- Andainas: Río Pedras (A Pobra) e Sendeiro Fluvial de Catoira - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Andainas: Río Pedras (A Pobra) e Sendeiro Fluvial de Catoira

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza dúa andainas. Os traslados para as actividades serán en autobús desde Rianxo e teñen preferencia os participantes nas actividades deportivas municipais:

Sendeiro Fluvial de Catoira e Torres do Oeste

Dirixida a maiores de 50 anos e 3ª idade, o sábado 1 de xuño faremos unha saída a na que percorreremos parte do curso de río Ulla. O sendeiro parte desde a desembocadura do río, preto do casco urbano de catoira e finaliza na antiga telleira no linde co concello de Valga.

O nivel de dificultade é baixo e o percorrido é de aproximadamente 5 quilómetros. Ó longo do percorrido poderemos atopar dferentes monumentos como as torres do oeste, muiños asi como unha paisaxe fluvial que nos acompañará o longo do sendeiro.

Río PedrasA Portela PRG-91 (Pobra do Caramiñal)

O 25 de maio, dirixida a adultos (maiores de 14 anos e menores acompañados). O percorrido vai paralelo ao río Pedras e ten como puntos principais de interese muíños, as piscinas fluviais, pontes medievais,

O nivel de dificultade é medio e o percorrido é de aproximadamente 22 quilómetros.

Información e inscricións no Servizo de Deportes (981 866 381) e nos pavillóns polideportivos.