Deportes

Contra as violencias machistas - Andaina Rianxo en Negro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Andaina Rianxo en Negro

Contra as violencias machistas

Publicamos os tracks do percorrido en .kmz e .kml. (Visibles con Google Earth e outras apps).
​​​​​​​O percorrido é de 13 km, por camiños de Rianxo, Asados e Leiro.

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Piscina Municipal de Rianxo organizan  a  ANDAINA RIANXO EN NEGRO, dentro dos actos do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

A actividade desenvolverase o sábado, 27 de novembro, a partir das 9 h.

Percorrido
​​​​​​​O percorrido está en fase de deseño. Terá arredor de 15 km. e dificultade media, por camiños de Rianxo, Asados, Isorna e Leiro (pode haber variacións).

Inscricións

  • As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes, nos pavillóns municipais e na Piscina Municipal ata as 14 h. do xoves, 25 de novembro.
  • ​​​​​​​A actividade é gratuíta.
  • É obrigatorio o uso da máscara.
  • Actividade vai dirixida a maiores de 14 anos. Desde os 14 aos 18 anos deberán ir acompañados.
  • O mínimo de inscricións para iniciar a actividade é de 25.
  • A reserva da praza farase por orde de inscrición.

Normativa xeral e de seguridade

​​​​​​​    • Non se permiten animais de compañía.
    • A data prevista pode sufrir modificacións en función das necesidades organizativas ou por incidencias meteorolóxicas.  
    • Cada usuario/a será o encargado do seu avituallamento tanto no percorrido coma no remate.
    • Hai que cumprir os protocolos sanitarios vixentes no momento de celebración da andaina.
    • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.