Xuventude

O prazo de solicitude de becas do Ministerio de Educación será do 24 de marzo ata o 14 de maio. - Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2025/2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2025/2026

O prazo de solicitude de becas do Ministerio de Educación será do 24 de marzo ata o 14 de maio.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2025-2026.

Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios, tanto grado como máster.

Os prazos de solicitude son do 24 de marzo, as 08.00 h, ao 14 de maio, as 15.00 h.

A solicitude deberase tramitar a través da sede electrónica do Ministerio de Educación:

Se precisas axuda para solicitala, podes poñerte en contacto coa Oficina de xuventude  (664 181 401 - xuventude@concelloderianxo.gal).

* Deberás solicitar a túa bolsa dentro deste prazo, aínda que aínda non saibas que estudarás nin se finalmente o farás. Indica os estudos que vexas máis probables e, en setembro, poderás modificalos.