Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...

Bando da Alcaldía sobre a manifestación contra o proxecto da factoría de Altri

Veciños e veciñas, a autorización de impacto ambiental da Xunta de Galicia á megacelulosa de Altri representa unha grave ameaza para o territorio, para o noso medio de vida e o para o noso futuro. A planta de Altri consumirá unha cantidade desmesurada de auga do río Ulla –máis que toda a provincia de Lugo – e prevé verter ao mesmo río 30 millóns de litros de auga ao día. Isto porá en risco a calidade das augas da ría de Arousa, afectando directamente ao sector mar-industria, o cal...

TEATRO: A vida de Brais, de Teatro Airiños

TEATRO: A vida de Brais, de Teatro Airiños, unha adaptación singular do clásico A Vida de Brian dos Monty Python, baixo a dirección de Amantia Coelho. Cando: Sábado 5 abril 20.30 e domingo 6 abril 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entradas dispoñibles en Peluquería Pelos, Estanco Xacobiño e Bar Berberecho. Dispoñibles no propio auditorio unha hora antes de cada función. Donativo: 3€

Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2025/2026

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2025-2026. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios, tanto grado como máster. Os prazos de solicitude son do 24 de marzo, as...

Club de saúde de Rianxo

O Concello de Rianxo xunto a Asociación Española Contra o Cancro  organizan o Club de Saúde de Rianxo. Esta iniciativa busca mellor a saúde integral- emocional, física e social- das persoas nas contornas rurais, ofrecendo ferramentas para fomentar un maior benestar. Persoas Participantes: Esta dirixido a persoas con cancro, superviventes ou familiares. Lugar: Centro de Saúde Rianxo Datas: todos os xoves dende o 3 de abril de 2025 Horario: de 17:00 a...

EXPOSICIÓN, Escolma de traballos da III Aula Sociocultural de Gravado

EXPOSICIÓN, Escolma de traballos da III Aula Sociocultural de Gravado. Escolma de traballos realizados na III Aula Sociocultural de Gravado, que, baixo a docencia do mestre gravador Pepe Míguez, e coorganizado co Museo de Artes, tivo lugar o pasado 2024, no marco do programa de Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo do Concello de Rianxo. DATAS: do 21 de marzo ao 19 de abril. LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. ...

TEATRO, A historia vaxenial creada por Raquel Nogueira e Iván Marcos

TEATRO, A historia vaxenial creada por Raquel Nogueira e Iván Marcos. A Historia Vaxenial parte dun monólogo teatralizado en clave de comedia cun relato homoxéneo e de valor tanto artístico e educativo sobre a muller e a representación do seu corpo e a súa sexualidade ao longo da historia para reflexionar como esta representación condicionou a súa posición social. CANDO: venres 21 de marzo HORA: 21.00 horas LUGAR: sala...

Camiños de coñecemento e experiencia, curso 2024/2025

O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, chega ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento, Camiños de Coñecemento e Experiencia. Este programa ofrece tres seminarios, de dúas sesións cada un, de formación universitaria dirixidos a persoas maiores de 50 anos, que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. Para máis información e inscricións, podes chamar ao 981 100 688, escribir ao correo electrónico

TEATRO: De algo hai que morrer

TEATRO: De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro. Unha conferencia fúnebre-cómico-teatral, na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Cando: Venres 14 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata...

CURSO: Lingua de Signos A1.1

Rematado o prazo de inscrición, publicase listaxe de admitidos/as. Listaxe admitidas Curso LSE A1 Ao non cubrirse todas as prazas,  continúa aberto o prazo de inscrición ata que se completen ou ata o comezo do curso. Seguirase a orde de inscrición ata cubrir todas as prazas. Para realizar o pagamento do recibo de...

Aulas socioculturais e de ocio educativo 2025: CANTO

Aula de canto Finalidade: aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo. Persoas destinatarias: maiores de 50 anos. Máximo 20 participantes. Docente:...

Entroido Rianxeiro 2025

Do 28 de febreiro ao 08 de marzo, organizado polo Concello de Rianxo e as entidades asociativas, con actividades para todos os públicos: música, concursos, xogos, inchables e moita diversión. Consulta nos cartaces toda a información: Cartaz Entroido Rianxeiro 2025

Mesa Redonda: a muller na nova industria dixital

O xoves 6 de marzo, ás 10.15 h, no Auditorio de Rianxo, o Concello de Rianxo organiza unha mesa redonda coa participación do IES Félix Muriel e a empresa galega de eSports Lua Gaming, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero. As mulleres participantes falarán sobre como afecta ás súas vidas profesionais o feito de seren mulleres, nun eido tan específico como o do entretemento dixital, as redes sociais, o gam​​​​​​​ing e a industria dos videoxogos. ...

TEATRO: As desterradas, por Excéntricas Produccións

TEATRO: As desterradas por Excéntricas. Dirixido por Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela, cun elenco de luxo con Belén Constenla, Melania Cruz e Rocío González. Cando: Sábado 08 marzo, 20:30 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entradas á venda en Woutick. Venda anticipada a 5€ + gastos de xestión. Venda en billeteira o día da función dende 90 minutos antes do comezo da obra:...