Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Festival de Nadal de Fogo Fatuo
Festival de Nadal Fogo Fatuo, organizado pola Asociación Fogo Fatuo Rianxo, e coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Sábado 28 de decembro, ás 20.00h. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas dende ás 19.30 h.
Festival de Nadal Vai de Roda
Festival de Nadal Vai de Roda, organizado pola Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda, e coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Cando: Sábado 14 de decembro, ás 17.30h. Entradas de balde ata completar aforo. Retirada de entradas, dende 1 hora antes.
Exposición: Castelao, o retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa (fotografías)
Exposición: Castelao, o retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa (fotografías) No Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo, do venres 13 de decembro ao 10 de xaneiro, no horario de apertura do auditorio Inauguración Conversatorio con Xan Carballa (autor das fotografías), Enrique Acuña (comisario da exposición), Xosé Bravo (alcalde de Rianxo no 1984), Miguel Anxo Seixas (investigador e Presidente da Fundación Castelao) e Julián Bustelo (alcalde de...
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
Declaración institucional con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos, unha vez máis, o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Consideramos que é necesario recordar, con afecto e respecto, a cada unha das mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas que, segundo os datos oficiais publicados pola Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero, ascende a 40 mulleres en 2024 e a 1285 mulleres desde o 2003, ano no que se comezaron a recopilar estes datos. Tampouco...
VII Ciclo de Novos Intérpretes: Proxecto NIT (cuarteto de jazz)
Concerto de Proxecto NIT (cuarteto de jazz), último concerto do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Proxecto NIT (cuarteto de jazz) está formado por Javi Regos (baixo eléctrico), Israel Figueirido (piano), David Galbán (batería) e Bernal Muíños (saxofón). Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural-Auditorio. Cando: Domingo 01 decembro, ás 12:30...
Ampliación das listaxes de contratación temporal de traballador-a social
O día 14/10/2024, mediante a Resolución da Alcaldía número 924/2024, aprobáronse as bases e a convocatoria da ampliación das listaxes de traballador-a social; as ditas bases tamén están publicadas no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal sede.concelloderianxo.gal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Teatro familiar: O rapto da Befana
Teatro infantil: O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras, unha proposta de comedia de máscaras con personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia Cando? sábado 30 novembro, ás 19.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo...
Danza contemporánea: Tabú, de Colectivo Globo
Danza contemporánea: Tabú, de Colectivo Globo, quinteto de danza contemporánea. En co-produción co Centro Coreográfico Galego. Cando? venres 29 novembro, ás 21.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Todos os públicos. Proposta ao...
VII Ciclo de Novos Interpretes: Alba Abalo (trompa)
Concerto de Alba Abalo (trompa) dentro da programación do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural-Auditorio. Cando: Domingo 24 novembro, ás 12:30 h.
Teatro amador: Unha rosa é... unha rosa
Teatro amador Unha Rosa é... unha Rosa, basada no texto de Suso de Toro e dirixida por Eugenia Sanmartin, representado polo grupo amador A Tenencia Teatro, e organizado polo grupo de teatro rianxeiro Airiños. Cando: sábado 23 novembro, ás 20.00 h Onde: Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. Sinopse (Luz sobre o vaso de caña) A vella tía Rosa, quedou solteira e quedou na casa familiar. Ela ten saudade do tempo no...
Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros
Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros, dirixido por Fran Rei. Cando? venres 22 novembro, ás 20.30 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 55 min. Público recomendo: + 12 anos. Proposta ao abeiro do Pacto do Estado contra a violencia de...
Teatro Amador: Comedia Bífida
Teatro Amador: Comedia Bífída, de Manuel Núñez Singala, representada polo Grupo de Teatro Amador Terra de Outes. Cando: domingo 17 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural A Capela - Araño Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sinopse: Comedia disparatada, baseada na obra de Manuel Núñez Singala, que xulga os prexuízos contra o uso da lingua...
VII Ciclo de Novos Interpretes: Trío Sira
Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. O vindeiro concerto será o Trío Sira, grupo formado por Alejandro Sanjiao Sexto (Clarinete), Miriam Pardal Figueiro (Trompa) e Aitana Alcalde Ares (Fagot). Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural-Auditorio. Cando: Domingo 17...
Campaña da Neve 2025 - Deputación da Coruña.
A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2025 na que ao Concello de Rianxo lle foron adxudicadas 8 prazas na quinta quenda, do 7 ao 10 de febreiro. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. Ademais dos cursos de esquí, contarán con actividades complementarias, ou alternativas no caso de que non se poida esquiar. A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS). ...