Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

DESTACAMOS

ACTUALIDADE

Talleres de certificado dixital e uso de móbil e tablet

O Concello de Rianxo organiza dous talleres de iniciación á tecnoloxía. Taller de certificado dixital e Sede Electrónica: aprenderase a obter un certificado dixital e a realizar xestións con el nas sedes electrónicas das administracións. O 25 de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá ao longo da semana. Tamén se pode participar co certificado propio. O taller terá...

Lembrando a "Manuel Antonio"

O vindeiro 24 e 25 de marzo celebrarase no Auditorio de Rianxo unha serie de actividades audiovisuais arredor da figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Venres 24, 20.30 h: exhibición do documental “O APARECIDO”, documental de J.A. Jiménez e F. Naveira, seguido dun coloquio. "O aparecido" ten como base a curtametraxe de ficción realizada no ano 1981 sobre a figura do poeta Manuel Antonio. Sábado 25, 20.30 h: exhibición da curtametraxe "Manuel Antonio", seguido...

Ben Vennas Maio, concerto polo día europeo da música antiga

Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga. O concerto terá lugar o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo. A proposta musical Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é un...

PRESENTACIÓN DO LIBRO, Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida

O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. No acto interverán Ricardo PerezVerdes do Museo Etnolúdico de Galicia, Xosé Manuel Barreiro Insua de Brinquedia, a investigadora rianxeira Manuela Vázquez Coto e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños. Con xogos para todas e...

Teatro, N.E.V.E.R.M.O.R.E a cargo de Chévere

O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela.​​​​​​​ ​​​​​​​A función será ás 20.30 horas. Público recomendado: maiores de 12 anos. Entrada de balde ata completar...

Teatro Arraianos a cargo de Sarabela Teatro

O venres 01 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos. Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e...

CAMPUS ITINERANTE IV CICLO

A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos Sociosanitarios da Consellería de Política Social e Xuventude. O campus consistirá en...

Consulta pública cidadá sobre a Ordenanza reguladora da Administración Electrónica

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica do Concello de Rianxo, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis...

Inicio da formación práctica do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño

O pasado mes de xaneiro o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou a parte práctica da súa formación. Composto por 15 persoas de diversas idades, o obradoiro imparte o certificado de profesionalidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208) Os traballos desenvólvense no recinto do Pazo de Rianxiño e consisten no adecentamento da súa zona exterior, recuperando espazos verdes e axardinados. Actuarase nunha superficie...

Semana Santa 2023 en Rianxo

Programa de actos organizado pola Irmandade Paixón de Cristo de Rianxo

Teatro, República Sideral a cargo do Grupo de Teatro Airiños de Asados

O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas que resultou gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e está organizada polo Grupo de Teatro Airiños. A entrada...

AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS

AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS   10:45 horas 08/03/2023. PRAZAS CUBERTAS na AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS Todas as inscricións recibidas ata agora están ADMITIDAS. As novas inscricións formarán parte dunha LISTAXE DE AGARDA, que se cubrirá coas posibles baixas das persoas admitidas. Formar parte desta listaxe non garante que sexas admitido/a na aula ...

Presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada

O vindeiro venres 10 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) terá lugar a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada e editado por "Diverdidad Literaria". No acto, acompañarán á escritora Nati Abuín (do grupo de pandeiretas Lumieira), Xulio Gutiérrez (escritor) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Namoreime da poesía a unha idade temperá, sendo os...

Presentación do libro, Atlántico Norte, chamádeme Ismael de Xosé Iglesias

O vindeiro sábado 11 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar a presentación do libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael de Xosé Iglesias. A presentación realizarase no Museo do Mar de Rianxo que se localiza na Praza de Castelao. No acto ademais do escritor acompañarao o grupo musical Barahúnda.

Exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado

Do 02 ao 23 de marzo poderase visitar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado comisionada por Jerry Ruíz Barzola. "Nocturnidade” é unha exposición nacida das casualidades, onde dous artistas, con diferentes maneiras de  expresión conversan. En bioloxía, a nocturnidade refírese ao ciclo de comportamento, no que o animal é máis activo durante a noite que durante o día. Aplícase a outros organismos,...