
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Teatro Familiar, Castelao de Culturactiva producións
Teatro Familiar, Castelao a cargo de Culturactiva producións. DÍA: sábado 30 de setembro HORA: 29.00 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: familiar DURACIÓN: 60 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio. Organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro do programa Rede Cultural...
Benestar en Balnearios
O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023. As quendas, terán unha duración de 10 días (nove noites), realizaranse en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Ademais inclúe tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico. PERSOAS BENEFICIARIAS: Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España,...
Coidados porta a porta
Este proxecto visitará Rianxo os días 26, 27, 28 e 29 de setembro con servizo gratuíto de podoloxía, revisión auditiva e estimulación da memoria para maiores de 55 anos. Situárase na Praza de Castelo. Para poder recibir estes servizos é necesario pedir cita previa nos teléfonos: 622 748 283 623 546992
Convocatoria das becas de comedor escolar para 2º ciclo de infantil e ensino obrigatorio, 2023-2024.
Hoxe saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras das becas de comedor escolar para o 2º ciclo de educación infantil e ensino obrigatorio para o curso académico 2023-2024. Bases publicadas no BOP
Becas municipais curso 2023-2024.
Saíu hoxe publicado no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de infantil e ensino obrigatorio para o curso académico 2023-2024. Bases publicado no BOP
Axudas destinadas ás familias para a conciliación da súa vida laboral e familiar.
Hoxe saíu no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das bases das axudas destinadas ás familias para a conciliación da súa vida laboral e familiar. Estas axudas están financiadas polo POS+ Social da Deputación da Coruña. Bases publicadas no BOP
Prazas dispoñibles, no Programa de educación de persoas adultas, graduado de secundaria
Aínda quedan prazas dispoñibles para o programa de educación de persoas adultas, se estás interesado/a podes obter máis información no Centro Social Liceo de Rianxo. Nos teléfonos 881 862 225 // 881 987 471 ou no correo-e liceo@concelloderianxo.gal ___________________________________________________________________________________________________________________ Programa de educación de persoas adultas para a...
Teatro, Códice K a cargo de Ainé Producións
O vindeiro sábado 23 de setembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción de Ainé, Códice K. Unha comedia destinada a público adulto, cun texto de Manuel Cortés e baixo a dirección de dirección de Tito Asorey co asesoramento artístico Noemi Rodríguez. O elenco está formado por as seguintes actrices: Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ. As entradas, teñen un custe de 8 €, e poden...
ACTIVIDADES DEPORTIVAS INVERNO 2024
Actividades deportivas Inverno 2024, do 2 de outubro ao 31 de MAIO. Inscrición en liña: unha vez que se cubran os datos na mensaxe de confirmación aparecerán as instrucións para completar o pago. Formulario de inscrición Por teléfono (981 86 63 81). No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña. Horarios ...
XVII Festival de Corais Arousa e Ulla
O vindeiro sábado 09 de setembro, ás 20.00 h, no marco das Festas de Guadalupe, celebrarase no Auditorio de Rianxo o XVII Festival de Corais Arousa e Ulla, organizado pola Coral Abraira e o Centro Cultural "Simón Varela". Neste festival participarán a Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas, Coral Polifónica "Fogar de Breogán" de Lira e a entidade organizadora Coral Polifónica Abraira de Asados - Rianxo. Neste festival colaboran a Deputación da Coruña e o Concello de...
XIV Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo
Este sábado, Rianxo converterase, un ano máis, na capital galega do xadrez, coa disputa do XIV Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo e coa colaboración do Servizo de Deportes, coa novidade este ano de que se celebra no Auditorio de Rianxo. Máis de 200 persoas participantes e a presenza de varios/as grandes mestres/as e mestres/as internacionais, aseguran un torneo de altísimo nivel deportivo, con máis de quince xogadores/as que superan os 2.000...
VIII Slalom Concello de Rianxo
O sábado 2 de setembro celebrarase a 8ª edición do Slálom Concello de Rianxo. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición, conta coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 11:00 e as 19:30 h. A proba será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e poderán participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería cerrada ou teito duro e que estean...
Viladormar presenta: "Máis alá dos muros"
Viladormar é unha plataforma de arte pública que ven realizando intervencións murais co festival “máis alá dos muros” desde 2018. Deu comezo cun proxeto piloto presentado polas artistas locais Novenoel e Lara Torres, e impulsado por un equipo de traballo pertencente a Ondiñas Mainas, unha asociación cultural que acolle gran diversidade de actividades interxeracionais e que actúa como catalizadora para contribuír a manter a cultura libre e viva en Rianxo. Grazas...
Festas da Guadalupe de Rianxo 2023
A Asociación A Moreniña, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza as festas da Guadalupe 2023, que este ano conmemoran os 250 anos da chegada da imaxe da virxe de Guadalupe, a Moreniña, a Rianxo. O programa das festas pódese consultar no sitio web https://festasdaguadalupe.gal/ e seguir aa ctualidade nas redes sociais Facebook (https://www.facebook.com/guadaluperianxo/ ) e...
Roteiro Guadalupe: 250 anos da chegada da Moreniña
Dende o departamento de turismo do Concello de Rianxo queremos facer unha homenaxe se cadra un pouco diferente á Virxe da Guadalupe nesta gran ocasión, acompañando a todo aquel interesado na historia da mesma nun roteiro guiado. Nel falaremos de cómo foi a chegada da Virxe á capela de San Xosé da Floresta en Rianxiño e cómo finalmente se trasladou á capela actual na praza de Castelao. Será un recorrido ameno polo pobo, no que faremos lembranza da historia...