
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2025/2026
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2025-2026. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios, tanto grado como máster. Os prazos de solicitude son do 24 de marzo, as...
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
Club de saúde de Rianxo
O Concello de Rianxo xunto a Asociación Española Contra o Cancro organizan o Club de Saúde de Rianxo. Esta iniciativa busca mellor a saúde integral- emocional, física e social- das persoas nas contornas rurais, ofrecendo ferramentas para fomentar un maior benestar. Persoas Participantes: Esta dirixido a persoas con cancro, superviventes ou familiares. Lugar: Centro de Saúde Rianxo Datas: todos os xoves dende o 3 de abril de 2025 Horario: de 17:00 a...
EXPOSICIÓN, Escolma de traballos da III Aula Sociocultural de Gravado
EXPOSICIÓN, Escolma de traballos da III Aula Sociocultural de Gravado. Escolma de traballos realizados na III Aula Sociocultural de Gravado, que, baixo a docencia do mestre gravador Pepe Míguez, e coorganizado co Museo de Artes, tivo lugar o pasado 2024, no marco do programa de Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo do Concello de Rianxo. DATAS: do 21 de marzo ao 19 de abril. LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. ...
TEATRO, A historia vaxenial creada por Raquel Nogueira e Iván Marcos
TEATRO, A historia vaxenial creada por Raquel Nogueira e Iván Marcos. A Historia Vaxenial parte dun monólogo teatralizado en clave de comedia cun relato homoxéneo e de valor tanto artístico e educativo sobre a muller e a representación do seu corpo e a súa sexualidade ao longo da historia para reflexionar como esta representación condicionou a súa posición social. CANDO: venres 21 de marzo HORA: 21.00 horas LUGAR: sala...
Camiños de coñecemento e experiencia, curso 2024/2025
O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, chega ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento, Camiños de Coñecemento e Experiencia. Este programa ofrece tres seminarios, de dúas sesións cada un, de formación universitaria dirixidos a persoas maiores de 50 anos, que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. Para máis información e inscricións, podes chamar ao 981 100 688, escribir ao correo electrónico
TEATRO: De algo hai que morrer
TEATRO: De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro. Unha conferencia fúnebre-cómico-teatral, na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Cando: Venres 14 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata...
CURSO: Lingua de Signos A1.1
Rematado o prazo de inscrición, publicase listaxe de admitidos/as. Listaxe admitidas Curso LSE A1 Ao non cubrirse todas as prazas, continúa aberto o prazo de inscrición ata que se completen ou ata o comezo do curso. Seguirase a orde de inscrición ata cubrir todas as prazas. Para realizar o pagamento do recibo de...
Bando Informativo sobre as obrigas de xestión da biomasa do Concello de Rianxo
Aulas socioculturais e de ocio educativo 2025: CANTO
Aula de canto Finalidade: aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo. Persoas destinatarias: maiores de 50 anos. Máximo 20 participantes. Docente:...
Entroido Rianxeiro 2025
Do 28 de febreiro ao 08 de marzo, organizado polo Concello de Rianxo e as entidades asociativas, con actividades para todos os públicos: música, concursos, xogos, inchables e moita diversión. Consulta nos cartaces toda a información: Cartaz Entroido Rianxeiro 2025
Mesa Redonda: a muller na nova industria dixital
O xoves 6 de marzo, ás 10.15 h, no Auditorio de Rianxo, o Concello de Rianxo organiza unha mesa redonda coa participación do IES Félix Muriel e a empresa galega de eSports Lua Gaming, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero. As mulleres participantes falarán sobre como afecta ás súas vidas profesionais o feito de seren mulleres, nun eido tan específico como o do entretemento dixital, as redes sociais, o gaming e a industria dos videoxogos. ...
TEATRO: As desterradas, por Excéntricas Produccións
TEATRO: As desterradas por Excéntricas. Dirixido por Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela, cun elenco de luxo con Belén Constenla, Melania Cruz e Rocío González. Cando: Sábado 08 marzo, 20:30 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entradas á venda en Woutick. Venda anticipada a 5€ + gastos de xestión. Venda en billeteira o día da función dende 90 minutos antes do comezo da obra:...
EXPOSICIÓN: XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2023
EXPOSICIÓN: XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2023. Esta exposición é resultado da liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica así como, en recoñecemento ao labor desenvolvido pola Fundación “Centro Internacional de Estampas Contemporáneas” de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador. Onde: Sala de Exposicións do Centro Sociocultural -...
Bono alugueiro mocidade
Bono alugueiro mocidade RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E). Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2025, con carácter plurianual, o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios...