Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

DESTACAMOS:

ACTUALIDADE

Novas restriccións na práctica deportiva

Publicamos un resumo ao abeiro da ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Resumimos os principais cambios que afectan aos clubs deportivos e á actividade deportiva federada e non federada, segundo a devandita orde.

Actualización dos horarios de apertura e aluguer

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 18 ao 24 de xaneiro. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Lembramos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas exteriores do concello. Estas reservas faranse nos lugares antes citados.

Ailá en concerto nos Actos Castelao 2021

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro,  ás 19.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. No concerto, enmarcado nos Actos Castelao 2021, o grupo Ailá presentará o seu traballo ELO: Un camiño de músicas. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 14 ao 21 de...

Actos Castelao 2021

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende concertos, presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro e principios de febreiro. Actos Castelao 2021 SÁBADO 23/01, 19.00 Ailá en concerto. Presentando o traballo ELO. Un camiño de músicas (Rede Cultural da Deputación da Coruña) VENRES 29/01, 19.00 Presentación de...

Programa de salvamento e socorrismo acuático

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN PROGRAMA FORMATIVO​​​​​​​​​​​​​​ Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos...

Actualización dos horarios de apertura e reserva dos pavillóns polideportivos

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 11 ao 17 de xaneiro. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Lembramos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas exteriores do concello. Estas reservas faranse nos lugares antes citados.

Volta a Rianxo das SS. MM. os Reis Magos

As SS. MM. os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo; sairán ás 16.30 horas do Seixiñal de Isorna e continuarán por Leiro, Rianxo, Asados, O Araño e Taragoña para rematar, cunha recepción sen público, no Auditorio de Rianxo aproximadamente sobre ás 19.30 h. Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo. Canle Youtube do...

Confirmado! Os Reis Magos veñen a Rianxo

Oriente, decembro de 2020 Queridas familias: Poñémonos en contacto con vós para confirmarvos que aínda que a viaxe se nos está complicando por cousa das medidas de prevención e control desta pandemia, o vindeiro martes día 5, estaremos novamente en Rianxo. Estamos ansiosos de volver a Rianxo e, coma sempre, levarvos os agasallos e celebrar con todos e todas vós o Nadal e a chegada do ano novo, se cadra con máis ilusión e optimismo ca nunca. Xa sabemos que...

Horarios e rutas de autobuses

E empresa Monbus, concesionaria dos novos servizos de autobuses para Rianxo, como parte do Plan de transporte de viaxeiros por estrada da Xunta de Galicia, publicou os horarios, tarifas e bonos das novas rutas nun formato amigable. Descarga das rutas e horarios (PDF)   Máis información (Monbus):

Exposición do Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas

Desde o 29 de decembro ata o 18 de xaneiro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de obras gañadoras e seleccionadas do Certame Isaac Días Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña. O horario de apertura é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.  

Videochamadas cos Reis Magos

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas. Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado. Podes anotarte aquí: https://nadal2020.es/ Prazos de inscrición do 17 ao 29 de decembro.

Suspensión do espectáculo dos Apalpadoriños polas rúas de Rianxo

Suspéndese, polo momento, a actividade prevista para o vindeiro día 26 de decembro, Apalpadoriños polas rúas de Rianxo. ​​​​​​​Proposta que se retomará durante o período festivo no caso de que a situación sanitaria o permita.

Restricións particulares polo nadal das medidas de contención da COVID-19

Desde as 00.00 h do 23 de decembro de 2020, Rianxo entra no nivel de alerta máxima pola incidencia da covid-19. Ao mesmo tempo, a Xunta estableceu as condicións particulares de relaxamento da mobilidade para as datas do Nadal, entre o 23 e o 25 de decembro. Co fin de facilitar a comprensión de todas as medidas, recompilamos toda a información recollida na app Covid Pass que a Xunta de Galicia puxo a disposición de toda a cidadanía para dispositivos móbiles. Relaxamento das...

Restricións de nivel máximo en Rianxo pola COVID-19

Desde as 00.00 h do 23 de decembro de 2020, Rianxo entra no nivel de alerta máxima pola incidencia da covid-19. Ao mesmo tempo, a Xunta estableceu as condicións particulares de relaxamento da mobilidade para as datas do Nadal, entre o 23 e o 25 de decembro. Co fin de facilitar a comprensión de todas as medidas, recompilamos toda a información recollida na app Covid Pass que a Xunta de Galicia puxo a...

Novas rutas de autobús do Plan de transporte público de Galicia

O Plan de transporte público de Galicia vén de publicar os cambios nas comunicacións terrestres en transporte público para o municipio de Rianxo, que empezarán a aplicarse o 23 de decembro de 2020. Na web pódense consultar todas as novas rutas e servizos asociados, así como un documento completo con todas as rutas e horarios. https://www.bus.gal/gl

Bando informativo sobre as limitacións e restricións no Concello de Rianxo pola COVID-19

Diante da perigosa subida de casos de COVID 19 rexistrados nestes últimos días no noso Concello así como no resto da comarca Barbanza-Arousa Norte, faise un chamamento a manter tanto individual como colectivamente as normas vixentes antes de derivar en limitacións e sancións moito máis duras e restritivas. Varios locais comercais xa tomaron a decisión difícil, mais responsábel, de pechar os estabelecementos conscientes de que a saúde é  a prioridade. LIMITACIÓN DA...

Nota informativa de modificacións nas actividades do Titiriberia

Informamos de seguintes cambios de ubicación e horarios na programación do Titiribeira: Festival de Títeres Tradicionais: Espectáculos previstos para o CCD de Taragoña trasládanse á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O Baúl de Barriga Verde, de Títeres Cascanueces, o sábado 26 de decembro, ás 18.00 horas. Teatro á feira, de A cova das letras, domingo 27 ás 12.00 horas.​​​​​​​...

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo

O Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo será, este ano 2020, emitido en directo pola canle de Youtube da Escola de Música: https://youtu.be/SqIOqN3xbiA​​​​​​​ ​ Todos os días ás 20.00 h, ata o 6 de xaneiro, estrearase un novo vídeo.

O Concello de Rianxo está incluído nun convenio co COAG para simplificar a tramitación dos expedientes urbanísticos

O Concello de Rianxo foi seleccionado para iniciar en período de probas unha colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Deputación da Coruña, de forma que, a través das plataformas de administración electrónica que a Deputación ofrece aos concellos da provincia, a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos vanse simplificar, ao permitir que os concellos descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital do COAG. ...

O Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade de Taragoña presentan o libro Cancioneiro escolar urxente de Rianxo

O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 11.30, no CEP Brea Segade de Taragoña, o Concello de Rianxo e o propio centro escolar presentarán o libro titulado Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, unha obra que nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non estaban recollidas documentalmente en ningún lado, ou o acceso a estas non resultaba moi...

Consulta pública da Ordenanza reguladora da protección dos camiños e vías públicas

Sométese a consulta pública o proxecto de Ordenanza municipal non fiscal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas, con motivo da execución de cortas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Rianxo, para recoller a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representantivas potencialmente afectadas pola futura norma, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas. ...

O disfrace de Urrupinca Carmirola, conto-obradoiro de Lorena Conde, na Escola de Familias de Nadal

A primeira mañá do Nadal, no Auditorio de Rianxo, a escritora, actriz e contadora Lorena Conde contaranos un conto á vez que nos fará traballar un pouco coas mans... Anímaste a compartir con nós a historia do Disfrace da Urrupinca Carmirola? Día: mércores, 23 de decembro Hora: 12:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Idades recomendadas: de 3 a 7 anos Á raposa Chiruca encántalle disfrazarse e a súa avoa sempre a axuda a facer os disfraces máis orixinais....

Teatro familiar: Patapatúm, a cargo de Elefante elegante

O vindeiro sábado, 2 de xaneiro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no...

Os Apalpadoriños polas rúas de Rianxo

O vindeiro sábado 26 de decembro, a partir das 17.30 horas, o espectáculo de danza, música e teatro Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro encherá as rúas de Rianxo. Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan "Os Apalpadoriños", elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un xeitoso espectáculo, tanto itinerante e de pasarrúas...

O Festival Titiriberia celebrará en Rianxo entre o 22 e 30 de decembro a súa quinta edición

Martes , 15 de decembro de 2020 O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano, no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez; a tenente de alcalde de...

Titiriberia: Festival de títeres tradicionais

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival, pasarán por Rianxo compañías como Viravolta Títeres, Diáspora Teatro, Seisdedos...

Obradoiro de iniciación á Commedia Dell'Arte

A Asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, ofertan este obradoiro de Commedia dell ́Arte, dentro das actividades programadas no Festival especializado en títeres tradicionais, Titiriberia. Impartido por Nando Llera, actor, director e profesor de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática  (ESAD) de Galicia, e presidente da Asociación Galega de Commedia dell’Arte Indignati. As persoas participantes poderán iniciarse nas...

Abril em dezembro, concerto e exposiçom sobre o Zeca Afonso

A Associaçom José Afonso – Galiza  apresentou a programaçom “Abril em Dezembro” que desenvolverá durante o mês de dezembro, com um concerto e com umha exposiçom sobre o Zeca Afonso. O concerto, que se celebrará no Paço de Rianjinho ou no Auditório municipal de Rianjo en funçom das condiçons meteorológicas, contará com a interpretaçom de temas do repertório de José Afonso por parte dos músicos Tiago Fernandes e Jásper. Este evento será o domingo 13 de dezembro em sessom vermute...

FESTA DO NADAL organizada pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo

O vindeiro sábado 12 de decembro terá lugar ás 18.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Festa do Nadal organizada pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo. Reserva de entradas en reservaentradas@charlatana.org

Premios Barbantia da Cultura 2020 no Auditorio de Rianxo

O sábado 19 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a gala de entrega dos Premios Barbantia da Cultura do 2020. Durante a gala farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020 e o suplemento 160 A Voz de Barbantia. A reserva de localidades é obrigatoria e farase no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​, do 10 ao 17 de decembro. É necesario indicar, para todas as persoas para as que se solicita reserva, nome completo,...

Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadoras

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos inscritos en 2019 a un total de 536, a gala de entrega está a ser substituída -debido a...

A Mesa de negociación do Concello de Rianxo acorda novos textos reguladores para o persoal municipal

A Mesa de Negociación do Concello de Rianxo aproba por unanimidade un novo Convenio colectivo para o persoal laboral, o Acordo regulador para os funcionarios, un Regulamento de teletraballo e o Regulamento de segunda actividade para todo o persoal ao servizo do Concello de Rianxo. Os textos aprobados implicaron na negociación ao conxunto do Comité de Empresa, a representante do funcionariado e os sindicatos CIG, UXT, CCOO e CSIF e por parte do Concello, á Alcadía. En conxunto a...

Exposición Son Agasallo no Auditorio de Rianxo

Do 4 ao 26 de decembro no Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Son Agasallo. Artesanía en madeira. O acto de inauguración será o venres 4 ás 12.30 horas.

A viaxe de José do Campo, un espectáculo de O Fiadeiro

O sábado 5 de decembro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretado pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto co antigos alumnos e alumnas da ESAD de Galicia. A entrada é con reserva de localidade no correo-e auditorio@concelloderiaxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217,...

O Correlingua, en Rianxo

O Correlingua é unha proposta escolar de dinamización lingüística de carácter lúdico-educativo que nos convida a defender e a reivindicar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos da vida.  Este ano o Correlingua estase a celebrar nos centros de ensino, ante a imposibilidade de organizar a actividade central: a carreira pola lingua. Así, chega a Rianxo en formato concerto do grupo Biribirlocke (segundo clasificado no concurso Cantalingua), que actuará ante o alumnado do CEIP...

O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas durante os anos 2020 e 2021

Os 5 grupos que compoñen o Pleno da Corporación (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da Ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa ("a taxa por terrazas") de forma que se engade unha disposición transitoria que suspende temporalmente a vixencia da ordenanza fiscal ata o 31 de decembro de 2020,...

Mercarianxo.gal, o portal de venda online do comercio de Rianxo

A Asociación de Empresarios de Rianxo vén de lanzar o portal de comercio e venda en liña mercarianxo.gal , coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 26 de novembro

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 26 de novembro de 2020, coa seguinte ORDE DO DÍA Parte resolutiva 1. Aprobación da acta núm. 11 do Pleno ordinario do 29 de outubro de 2020. ​​​​​​​2. Ratificación, segundo o punto oitavo, da Resolución da Alcaldía núm. 146/2020 do 2 de marzo de aprobación do convenio de colaboración entre os concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro para a...

Exposición Kinetiko

A exposición Kinetiko de "Xirapaus" poderá visitarse os días 22, 23, 26 e 27 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, na Casa de Cultura "Cuartel Vello" Exposición Kinetiko de "Xirapaus" Presentamos unha iniciativa que bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados para o xogo, para tocar e desfrutar nun contorno interxeracional apostando por recuperar un oficio ben antigo e moi relacionado co mundo das marionetas. ...

Exposición nos baixos da Biblioteca Municipal

A Asociación Ondiñas Mainas organiza nos baixos da Biblioteca Municipal unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia. Pode visitarse do 24 de novembro ao 8 de decembro. Máis información na páxina web de Ondiñas Mainas  

Teatro familiar: Nanda na encrucillada, por Teatro do Improvisto

O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. Destinada a un público familiar con crianzas de 8 anos en adiante. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 20 ao 26 de novembro de 9.00 a 13.30  h en días laborais. É...

Escola de familias: Educando nas novas masculinidades, con Jorge García Marín

Relatorio e presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Editorial Galaxia. Día: mércores, 25 de novembro Hora: 17:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil, abordar o modelo de home que necesitamos para esta...

Tradición en feminino, encontro da Asociación de Gaiteiras Galegas

A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro o encontro Tradición en feminino, no Pazo de Rianxiño. PROGRAMA: 10.45 - Apertura 11.00 – “Conversa con Eclíptica Orbita, ‘Maruxa dos Rosales’ ” 12.10 – Descanso 12.30 – Obradoiro “Mulleres que contan. Obradoiro de recolla e posta en valor da música de tradición oral”, Xulia Feixoo 13.45 – Xantar 16.00 – Relatorio...

VI edición do "+ que tapas" en Rianxo

O 20, 21 e 22 de novembro, o + que tapas recunca en Rianxo da man da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Durante a fin de semana, pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR. Ademais de escoller a tapa gañadora, partiparás no sorteo dun lote de produtos por cada concello participante que consistirá en dúas caixas de cervexas variadas (48 unidades) e dúas botellas de viño de DO Terra de Barbanza e Iria....

Titiriberia: As varietés do Barriga Verde

As varietés do Barriga Verde celebraranse o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes de Rianxo, destinado a público adulto. Este espectáculo celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.​​​​​​​ Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar...

Titiriberia: O conto de Barriga Verde

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a crianzas maiores de 3 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono...

Os romeiros do caracol

A compañía Fantoches Baj representará a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a maiores de 5 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de...

Titiriberia: Ratas!

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell'Arte representará a obra Ratas! o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183...

Titiriberia: Teatro á feira

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo domingo 27 ás 12.00 horas. A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e

Titiriberia: O baúl de Barriga Verde

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo sábado 26 ás 18.00 horas. A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro sábado 26 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou...