Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

TEATRO: De algo hai que morrer

TEATRO: De algo hai que morrer, de Malasombra Teatro. Unha conferencia fúnebre-cómico-teatral, na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Cando: Venres 14 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata...

TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho

TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro, unha obra de teatro musical con maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras e piano en directo. Cando: Sábado 22 febreiro, 19:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Público...

TEATRO: Esas cousas marabillosas

TEATRO: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro-Elisardo de la Cruz. É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben. Esta peza do galardoado dramaturgo e director Duncan MacMillan, converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial. Cando: Venres 28 marzo, 21:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar...

TEATRO INFANTIL: Kyoki

TEATRO INFANTIL: Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro - Elefante Elegante Teatro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade Cando: Sábado 22 marzo, 19:00 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2...

Tarxeta Benvida

A tarxeta Benvida ten como finalidade paliar o custo que leva aparellado a crianza e coidado dos fillos e fillas, dirixíndose  a contribuír ao pagamento dos gastos realizados no primeiro ano de vida do neno ou nena. PERSOAS BENEFICIARIAS 1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de DNI ou NIE e que se atopen nun dos seguintes supostos: Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de...

Certame de carrozas e disfraces en grupo Entroido Rianxo 2025

O vindeiro domingo 2 de marzo, Rianxo acollerá o Certame de carrozas e disfraces en grupo do Entroido 2025, un evento de carácter popular e participativo. A tradición choqueira, a crítica satírica e a exaltación da cultura da festa serán os elementos clave desta celebración. Podedes consultar as bases e formularios de inscricións nos seguintes enlaces (recomendamos a súa lectura):

Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao

Acto institucional: Actos Castelao 2025. Ano Castelao Ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo da Asociación Fogo Fatuo. Sábado 1 febreiro, 12.00 h. Busto de Castelao (Paseo da Ribeira)

Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo

Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia), Marcos Calveiro (Editorial Galaxia) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo. Programación no marco dos Actos Castelao 2025....

Presentación do libro "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)"

Presentación de "Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979)”, a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA), Valentín García Gómez (Secretario Xeral da Lingua) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Programación no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Venres 24 xaneiro, 20.30 h Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1º andar)

Sobes ao autobús do teatro? Nada se sabe

Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego O Concello de Rianxo participa novamente no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, coa proposta para asistir á obra "Nada se sabe", espectáculo pioneiro arredor da inclusión. Catro intérpretes con diversidade funcional cuestionan sobre o escenario a visión que a sociedade ten sobre a diferenza a partir dun texto orixinal de Manuel Lourenzo, e baixo a dirección de Ignacio...

TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións

TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Isabel Risco e Fran Rei son Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nesta peza de teatro cómico. Cando: Sábado 25 xaneiro, 20:30 h. Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Todos os públicos. Proposta ao...

MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto

MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Cando: Sábado 18, 20:30 Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por...

EXPOSICIÓN: OS HOMES, por Castelao, na colección de Roberto Taboada

EXPOSICIÓN: OS HOMES, por Castelao, na colección de Roberto Taboada. Exposición de gravado organizada en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, no marco dos Actos Castelao 2025. Ano Castelao. Onde: Sala de Exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo Cando: do 17 de xaneiro ao 8 de febreiro Horario: Mañás de luns a venres de 10:30 a 14:45. Tardes de xoves, venres e sábados de 18:00 a 20:00 horas. Domingos e...

Actos Castelao 2025 - Ano Castelao

O Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear a figura do ilustre rianxeiro. Este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, en conmemoración do 75º aniversario do seu falecemento. XANEIRO 2025 Venres 17, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións.  EXPOSICIÓN: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á...

Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...