Portada

Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

ACTUALIDADE

Obradoiro dual de emprego "MONTE NOSO"

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO MONTE NOSO. O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias de selección do persoal de...

Hórreo vivo no Araño

Hórreo vivo no Araño. DÍA:  do venres 08 ao domingo 10 de decembro LUGAR: centro cultural da Capela (Araño) Organizado polas Asociación Cultural A Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños do Araño coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Festival de Nadal, Asociación Fogo Fatuo

Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo. DÍA:  09 de decembro HORARIO: 20.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende as 19.30 horas na billeteira do Auditorio Organizado pola Asociación de música e baile tradicional Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Exposición, Entreluces de Garea

Exposición de pintura, Entreluces de María José González Area (Garea). DÍA:  do 01 ao 29 de decembro HORARIO: de 09 a 14.00 horas (e no horario de apertura para actividades culturais do Auditorio) LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo María José González Area, nacida en Marín, trasladouse a Madrid dende moi nova. Estudou psicoloxía, interiorismo, decoración e artes plásticas. O seu traballo desenvolveuse sempre nas áreas do...

II Muiñada no Te

II Muiñada no Te DÍA:  sábado 02 de decembro HORARIO: saída ás 10.30 horas LUGAR: muíños do Araño Organizada pola Asociación de Veciños do Araño co colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio da Deputación da Coruña. Máis información

Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro

Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro DÍA:  sábado 02 de decembro HORARIO: 20.30 LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DURACIÓN: 55 minutos PÚBLICO: adulto ENTRADAS: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) Proposta organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Esta obra...

Faladoiros en Rianxo

Cuarto dos Faladoiros en Rianxo, esta vez será o próximo martes 5 de decembro no Centro Sociocultural Vicente Vidal. Da man de Irene Vilas, terapeuta Ocupacional de AGADEA verase a eficacia da terapia ocupacional na enfermidade de alzheimer.

Proxección, O Lavadoiro

Proxección, O Lavadoiro DÍA:  venres 01 de decembro HORARIO: 20.30 LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Esta proposta forma parte da programación 4X3 Outono da Deputación da Coruña. O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando...

Iniciación ao Ioga

Servizos Sociais  en colaboración coa cooperativa Enraizando, vai poñer en marcha a actividade de ioga. Esta actividade que comezará o próximo xoves 30 de novembro terá lugar todos os xoves do mes de decembro. As prazas son limitadas a 10 participantes e serán asignadas en orden de inscrición.

30 Aniversario de Buxaina, pasabares

Pasabares, para a conmemoración do 30 Aniversario de Buxaina. DÍA: sábado 25 de novembro HORARIO: saída ás 20.00 horas no Bar Berberecho  

Exposición, Super Pop obras de María Eugenia Reiriz

Exposición, Super Pop obras de María Eugenia Reiriz Ageitos. APERTURA: venres 17 de novembro ás 12.00 horas DÍA: do 17 de novembro ao 12 de decembro HORARIO: de 09.00 a 14.00 horas e cando estea aberto o Auditorio polo desenvolvemento da súa programación. LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo (1º andar) Organizada co motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (3 de Decembro) pola Asociación Ambar...

Concerto, Ensemble de clarinetes da Escola de Música de Rianxo

Concerto, Ensemble de clarinetes da Escola de Música de Rianxo DÍA: domingo 26 de novembro HORA: 12.30 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

Teatro, Noite de Reis ou o que queirades a cargo da Escola de Teatro de Narón

Teatro, Noite de Reis ou o que queirades a cargo da Escola de Teatro de Narón. DÍA: venres 24 de novembro HORA: 21.00 horas LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio, máximo 2 por persoa. PÚBLICO DESTINATARIO: tódolos públicos DURACIÓN: 80 minutos aproximadamente Organizado polo...

Actividades 25N

Organizado pola Concellería de Política Social do Concello de Rianxo, o programa de actividades co gallo do 25N, reúne obradoiros e actividades que se levarán a cabo durante o mes de novembro en diferentes localizacións do concello.

Xuntos polo Nadal

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na  Residencia de  Panxón, situada no concello de Nigrán, entre o día 24 de decembro e o día 7 de...