Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

En Asados, na Atalaia concretamente nos grupos vellos o grupo de Teatro Airiños organiza as Veladas de Primavera coa colaboración do Concello de Rianxo. - Sábado 2 de abril, ás 20.00 horas, presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco acompañados da música de Barahunda - Domingo 3 de abril, ás 19.00 horas, representación de Cataturxia polo Grupo de Teatro Airiños. - Venres 8 de abril, ás...

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o seu novo libro Xinque! no salón de actos do auditorio de Rianxo o vindeiro venres 25 de marzo ás 19.00 horas. Na presentación ademais do autor estarán presentes Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Rafa Xaneiro, Roberto Abuín (editor). A reserva pode facerse no enderezo www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme dende o...

Exposición "Lévedo lila" - Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero, do 7 ao 10 de marzo na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. Proxecto Lévedo Lila O proxecto "Lévedo lilá" é unha iniciativa de Xandobela | Educación e Cultura, que busca visibilizar referentes da cultura e das artes galegas con perspectiva de xénero con e entre a mocidade:...

ADIADO! NOVA DATA: A nova data para a función de teatro Gloria Nacional será o 27 de maio. O venres 25 de marzo, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a obra de teatro Gloria Nacional da compañía de Teatro do Noroeste, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022​​​​​​​. A entrada é de balde, pode facerse a reserva en...

O venres 18 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra teatral A lúa vai encuberta,​​​ unha coprodución de Incendiara, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo Manuel María, CDG e MITFC, co patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo.  A peza foi gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos teatrais. Público recomendado: persoas...

O Concello de Rianxo forma parte do programa de mobilidade para a asistencia ao novo espectáculo do Centro Dramático Galego, A Peste, dirixida por Cándido Pazó e inspirada na novela de Albert Camus. O sábado 12 de marzo desprazarémonos ao Salón Teatro de Santiago de Compostela. A entrada está bonificada, ten un custo de 6 € e ademais hai un servizo gratuíto de autobús ata completar 50 prazas....

Exposición arte en ferro, A metade do ceo de Che Tembra, do 4 de marzo ao 3 de abril na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. O acto de apertura terá lugar o venres 04 de marzo ás 19.00 horas e ademais do autor da exposición participará o Grupo de Teatro Airiños, o grupo Barahúnda, a Asociación Cultural Barbantia, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o...

AVISO: Por mor da climatoloxía adversa para a tarde de hoxe, martes 1 de marzo, as actividades  previstas na Praza Castelao TRASLÁDANSE AO AUDITORIO DE RIANXO. Consultar no cartel a programación do Entroido Rianxeiro 2022. Animar a toda a veciñanza rianxeira a disfrazarse nestas datas tan tradicionais!!!!!!!  

Hoxe venres 25 de febreiro o Auditorio de Rianxo acolle o inicio dunha nova residencia artística, desta volta coa compañía CONSTANCE HURLÉ para a montaxe do seu novo espectáculo LARA HIERRO. O vindeiro xoves día 3 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a estrea deste novo espectáculo de teatro contemporáneo (multidisciplinar) LARA HIERRO da compañía...

En colaboración coa Deputación da Coruña, o vindeiro día 4 de marzo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Rianxo acolle a proxección do filme Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé A. Touriñán a través dos códigos propios do cinema. Realizado con varias cámaras e cunha coidada dirección de arte e fotografía. Aquí Tou! leva a experiencia da comedia...

O venres 25 de febreiro, ás 17.00 horas, terá lugar no exterior do CEP Brea Segade de Taragoña a presentación do segundo volume do Cancioneiro escolar urxente coordinado por José Luís do Pico Orjais. No acto ademais da presenza do coordinador, contarase con Uxía Bolaño Amigo (doutora en pedagoxía) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) No caso de climatoloxía adversa a presentación...

O mércores 23 de febreiro, ás 18.00 horas, na Praza de Padrón no Paseo da Ribeira diante do busto en homenaxe a Rosalía de Castro terá lugar un acto de lembranza á poeta. Realizarase un recital poético aberto á veciñanza, ás entidades asociativas e ao alumnado dos centros educativos.  

O vindeiro venres 25 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do poemario de J.L. Graña Muíño Verso Plural. No acto acompañarán ao autor, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), os escritores Xosé Manuel Lobato e Xosé Ricardo Losada que recitarán textos do poemario con fondo musical de J.M. Espiñeira. A reserva de localidades pode facerse en...

O vindeiro venres 28 de xaneiro, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro "Baixo as alas de abril" de Xaquín Fernández Leiceaga. A presentación contará coa participación do autor, ademais de Francisco Castro (Editorial Galaxia), Xesús Laíño (AC BArbantia), MAría Xesús Blanco (AC Barbantia) e Adolfo Muíños (alcalde do Concello de Rianxo). ...

O vindeiro sábado 29 de xaneiro, ás 13.00 horas, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Melros de Faustino Rey Romero. Esta edición inclúe gravados realizados polos participantes no Obradoiro de iniciación ao gravado, impartido polo gravador e pintor Pepe Míguez e organizado en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á...

NOTA IMPORTANTE: Dado o baixo número de reservas nesta proposta, adiase para unha nova data que será comunicada en breve. A conferencia realizarase máis adiante xunto coa presentación do libro do conferenciante Miguel Anxo Seixas, Castelao Construtor na nación. Volume 3.   O vindeiro sábado 22 de xaneiro, dentro da programación dos Actos Castelao 2022, o investigador e escritor Miguel...

Do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo Escolanía de Merlos,  que recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez o pasado mes de outubro. O acto de apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro, ás 19.00 horas, no auditorio do Concello de Rianxo. A...

Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo. Trátase da mostra coa que o ente provincial homenaxea o autor ao que no ano 2020 se lle dedicou o Día das Letras Galegas e cuxa celebración quedara "desdebuxada" por mor...

De febreiro a xuño a Escola de Música organiza un obradoiro musical para nenos e nenas de 4 a 5 anos. O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro e pódese facer pinchando neste enlace Máis información en escolademusicaderianxo@gmail.com ou no teléfono 671 058 555

O autor rianxeiro Óscar Reboiras presentará o seu novo libro O cronista imposible, o vindeiro venres 21 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto intervirán José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cine) e o alcalde do Concello de Rianxo Adolfo Muíños. Reserva previa de localidades  en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será...

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro. Venres 21 - 18:00 Parque Galicia - Paseo da Ribeira Apertura da Exposición Ricardo Carvalho Calero 19:00 Auditorio Apertura da Exposición de Gravado Escolanía...

Atención! Está todo preparado, pero as súas maxestades os Reis Magos téñenlle medo a choiva, polo que  van atrasar a saída da cabalgata e farán o itinerario previsto todo seguido. Sairán ás 14:30 horas dende Isorna. Estade atentos/as as redes sociais e compartide para que chegue a todos/as os rianxeiros/as. #ReisRianxo2022

O mércores 5 de xaneiro, a comitiva das SSMM os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello, como nos explican Duarte e Amantia neste vídeo: Vídeo promocional da Volta das SSMM os Reis Magos a Rianxo. As SSMM os Reis Magos sairán de Isorna, visitando Isorna e Leiro, pasando por Rianxo (A Martela) e remantando no Atalaia. O horario previsto é entre as 11.30 e as 14.30 h. Pola tarde...

Programación do Nadal Cultural 2021

O vindeiro mércores 29 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo un video-forum do documental de Pedro Solla Morreu o demo acabouse a peseta dentro da programación do Titiriberia, festival de títeres.  

Ás 20.00 horas na canle de youtube da Escola de Música de Rianxo poderedes gozar do Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. Enlace á canle de youtube da Escola de Música de Rianxo

O mércores 29 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto infantil Tecendo os soños a cargo de Esperanza Mara (soprano) e Alfredo Susavila (pianista). Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio. De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse dende...

A Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero de Isorna e a Comunidade de Montes de Isorna coa colaboración do Concello de Rianxo organizan o sábao 18 de decembro unha homenaxe a Faustino Rey Romero no centenario do seu nacemento.

O domingo 26 de decembro, ás 18.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. Só con reserva de localidades no seguinte formulario

O xoves 23 de decembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas . A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio. De quedar...

O venres 17 de decembro, ás 21.00 horas terá lugar a pre-estrea da curtametraxe do rianxeiro Fran X. Rodríguez Devoradora de nenos. A reserva de localidades realizase no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas . Será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata). De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse na billeteira do auditorio dende media...

A Asociación Vai de Roda, o vindeiro domingo 19 de decembro, ás 18.00 horas vai celebrar o Festival de Nadal. A reserva de entradas realízase no correo-e vaiderodarianxo@gmail.com ​​​​​​​ou no teléfono 698133962 Máis información no facebook da entidade https://www.facebook.com/vaiderodarianxo

O próximo sábado 18 de decembro, ás 20.30 horas, a Orquestra de Cámara Galega ofrecerá un concerto na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e coa actuación de Laura del Río como soprano. A reserva de localidades realízase no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas  A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio (a...

O vindeiro venres 03 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación  do libro Tecido de voces de varios autores. A publicación naceu do Obradoiro de escrita organizado polo Concello de Rianxo na edición do 2019. No acto estarán presentes os escritores/as Antón Riveiro, Paz Fernández, Martina Rivas, Laura Veiga, Álvaro Sevilla, Amancio...

O domingo 05 de decembro, ás 13.15 horas, no Cemiterio Municipal de Rianxo terá lugar un acto en lembranza ás vítimas da covid-19 no que se presentará o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios e contará coa intervención musical de Esperanza Mara.

O 11 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Nelson Quinteiro representará o seu espectáculo Os apalpadoriños. Dirixido a crianzas e familias. Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. No caso de quedar localidades dispoñibles, poden recollerse na billeteira do...

A asociación Fogo Fatuo celebra o seu tradicional Festival de Nadal o vindeiro 11 de decembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A reserva de entradas, a partir do 1 de decembro, no correo-e fogofatuo@fogofatuo.es ​​​​​​​ou no teléfono 663 322 149 (só mensaxes)

O venres 10 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar un concerto a cargo de Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) dentro da programación do IV Ciclo de Novos Intérpretes. Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (a confirmación non é inmediata) A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. No caso de quedar localidades dispoñibles...

Elsa Muñiz pecha o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. O concerto da pianista terá lugar o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. A entrada é gratuíta e a reserva pode facerse no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o...

ENTRADAS ESGOTADAS!  As vindeiras solicitudes pasaran á listaxe de agarda. O vindeiro sábado 27 de novembro, ás 17:30 h, presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro Taragoña na historia de Xosé Ramón Brea Rei, con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro. Presenta o acto  Xosé Benito Tubío Fachado (profesor).  Intervencións de:  deputada provincial...

A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. Aprende unha técnica sinxela, antiga e ecolóxica, ideal para pezas de gran formato, ao tempo que colaboras coas túas creacións na cabalgata de Reis deste ano. OBRADOIRO PARA FAMILIAS: Destinado a crianzas a partir de 6 anos...

O autor rianxeiro Ramón Torrado Romero presentará o seu novo libro Torino, o vindeiro sábado 27 de novembro, ás 12.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto intervirán Roberto Abuín, da Editorial Axóuxere e o alcalde do Concello de Rianxo Adolfo Muíños. Reserva previa de localidades  en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme...

O sábado 27 de novembro, ás 20.30 horas, o actor Cándido Pazó achégase a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Botando a lingua a pastar. Un espectáculo de contos, historias, lerias, humor para que lingua viva. Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña. Reserva previa de localidades  en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será efectiva cando se...

Mámoas dos campiños

Club de inglés en Rianxo

25 N en Rianxo

Alba Franco, coa arpa, deleitaranos cun concerto o vindeiro venres 26 de novembro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O concerto forma parte do IV ciclo de novos intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. A reserva de localidades pode realizarse no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas . A reserva será electiva unicamente cando...

A sala Arcos Moldes do Auditorio do Concello de Rianxo é un dos lugares onde a xira do Centro Dramático fai parada co seu novo espectáculo O Charco de Ulises. A función teatral terá lugar o xoves 25 de novembro, ás 20.30 horas. Idade recomendada: maiores de 14 anos. Duración 1.40 h A entrada ten un custe de 5 € e pode facerse a reserva en concelloderianxo.gal/reservas No caso de non...

A Irmandade da Música Galega organiza coa colaboración do Concello de Rianxo o IX Memorial Mireya Dieste na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O día será o sábado 20 de novembro, ás 20.30 horas, e contará coa intervención de Clara Panas (soprano) e Javier Ares Espiño (piano) A reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas. A reserva será efectiva cando se...

O vindeiro venres 12 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación do cuaderniño núm. 9 Madriñas nos campos de concentración da Barbanza de Xosé Comoxo e Xesús Santos, este cuaderniño forma parte dos episodios republicanos barbanzás que publica a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza. O acto contará coa intervención...

Do 5 de novembro ao 4 de decembro, pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdade alá e acolá do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exposición ‘Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá’ reúne 17...

NOTAS INFORMATIVAS OUTONO CULTURAL 2021: ADIADO PARA O XOVES 23 DE DECEMBRO: Música, Concerto Víctor Bouzas Cuarteto enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes. APRAZADA a presentación do libro O tesouro de Rande de Alberto Hevia prevista para o sábado 13 de novembro. Programa do Outono Cultural 2021 no Concello de Rianxo.

O grupo de teatro Airiños organiza na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo unha función da peza teatral Unha primavera para Aldara que terá lugar o venres 19 de novembro ás 21.00 horas. Duración: 90 minutos Idade recomendada: maiores de 12 anos A entrada ten un custe de 3 € e a reserva realízase no correo-e entradas.arinhos@gmail.com Máis información no seguinte enlace

O sábado 13 de novembro, ás 20.30 horas, as compañías Aporía Escénica e Inversa Teatro achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Misión Imposible. Está destinada a un público maior de 12 anos. Duración 60 minutos Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña. Reserva previa de localidades ata as 14.00 horas do xoves 11 de novembro en www.concelloderianxo.gal/reservas...

O grupo A GRAMOLA GOMINOLA achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o próximo sábado 6 de novembro ás 19.00 horas co seu novo espectáculo O poder da superlingua. O concerto está recomendado para un público familiar con crianzas a partir de 4 anos. Duración do concerto: 60 minutos. Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña. Reserva previa de localidades ata as 14.00 horas...

O rianxeiro Adrián Gómez Ramos presentará a súa primeira novela Cando sangren os lobos no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 5 de novembro ás 20.30 horas. A novela foi a gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. No acto contarase coa presenza de Ramón Domínguez...

XI SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: “Levas a verdá no peito...!“ (R. Blanco Torres) Que se realizará en Rianxo –Cuntis –Cerdedo; o 5, 6 e 7 de novembro de 2021. Máis información e inscricións na web de Nova Escola Galega  

Gala Faustino Rey Romero organizada pola Irmandade da Música Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. Día: sábado 16 de outubro. Hora: 20.30 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: todos os públicos Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 14 de outubro. A...

O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, terá lugar no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación da novela de X. Ricardo Losada O rosario e a buguina, gañadora do premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña. No acto contarase coa presenza de Xosé Manuel Lobato (escritor), Malores Villanueva (editora), Antón Riveiro Coello (escritor e vogal de Barbantia), Xurxo Couto (deputado de...

IV Ciclo de novos intérpretes

Teatro, Bernarda a cargo de Malasombra Teatro Día: sábado 30 de outubro. Hora: 20.30 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: recomendada a partir de 14 anos. Duración: 75 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 28 de outubro. A reserva será efectiva cando...

O rianxeiro Bernal Muíños deleitaranos co seu cuarteto de jazz no IV ciclo de novos intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo. O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo o vindeiro venres 29 de outubro ás 20.30 horas. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do...

O Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, comeza o vindeiro sábado 23 de outubro, ás 20.30 horas, co concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 21 de outubro. A reserva será efectiva cando...

Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro Día: venres 22 de outubro. Hora: 21.00 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: recomendada a partir de 13 anos. Duración: 75 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do mércores 20 de outubro. A reserva será...

Teatro: A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro. Día: venres 15 de outubro. Hora: 21.00 h. Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Persoas destinatarias: todos os públicos Duración: 70 minutos. Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do mércores 13 de outubro. A reserva será efectiva...

O sábado 2 de outubro, ás 18.00 h, terá lugar no Pazo de Rianxiño o II Foro de alfombrismo de Galicia e patrimonio inmaterial. Enmarcado no foro, do 4 ao 17 de outubro na Biblioteca Municipal terá lugar unha exposición arredor do alfombrismo en Galicia. Máis información na páxina web de Ondiñas Mainas

PRAZAS ESGOTADAS En Rianxo vai desenvolverse un obradoiro de iniciación ao gravado os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 13.00 horas, enmarcado no proxecto polo centenario de Faustino Rey Romero. Está destinado para persoas maiores de 16 anos. É gratuíto pero necesítase unha inscrición previa no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​, ata as 12.00 horas do xoves 7 de outubro...

Retómase o Programa de música de Cámara 2021, nesta ocasión cun concerto a cargo de Aida Saco ao piano, no que interpretará pezas de Liszt, Ravel e outros. O concerto será o vindeiro venres 8 de outubro ás 20.30 horas. Entrada de balde, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do mércores 6 de outubro. A reserva será efectiva unicamente...

Estrela do día, a nova peza teatral de Producións excéntricas achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, será o vindeiro sábado 9 de outubro ás 20.30 horas. A representación está indicada para un público maior de 13 anos e ten unha duración de 100 minutos. Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do xoves 7 de...

O venres 1 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a representación do tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos Soga e Cinsa a cargo da compañía Aporía Escénica. Está recomendada para un público maior de 13 anos. Duración 101 minutos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no enderezo concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00...

ENTRADAS ESGOTADAS. En breve comunicarase ás persoas que realizaron a reserva se dispoñen de localidade ou non. O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza de Fran Sieira achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente. A entrada é gratuíta previa reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as...

AGG organiza o vindeiro venres 24 e sábado 25 de setembro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación novas publicacións e cuxo programa podes ver a continuación: PROGRAMA: VENRES 24...

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’, repartirán un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras...

Volve o teatro á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo da man do grupo de teatro Airiños, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro realizarán dúas funcións de Cataturxia, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo. A entrada ten un custe de 3 € (a pagar no momento de acceder á función) e para reservala envía unha mensaxe no correo-e entradasairinhos@gmail.com ​​​​​​​(máximo 6...

Volve o teatro á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo da man do grupo de teatro Airiños, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro realizarán dúas funcións de Cataturxia, cata de textos breves do teatro galego contemporáneo. A entrada ten un custe de 3 € (a pagar no momento de acceder á función) e para reservala envía unha mensaxe no correo-e entradasairinhos@gmail.com ​​​​​​​(máximo 6...