Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Valentina Formoso Gosende presenta o seu novo libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, o próximo sábado 22 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo. No acto contarase ademais da presenza da autora con Manolo Bragado, director de Xerais e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. Valentina Formoso Gosende
O vindeiro venres 21 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro coa edición de X. Ricardo Losada Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica. A publicación está promovida polos concellos de Catoira, Tomiño e Rianxo xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto contarase coa participación de: Xesús Santos, membro de...
No próximo mes de xuño, vai desenvolverse no Auditorio de Rianxo e organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello a Mostra de Teatro Amador. As representacións, comezarán as 21.30 horas e son as seguintes: venres 21 de xuño República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro sabado 22 de xuño Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro ...
A Asociación de Desarrollo Local Deloa, organizadora do Certame de Música Tradicional Interritmos, suspende a audición prevista para o próximo 15 de xuño no Auditorio de Rianxo. No seguinte documento, pódense consultar as modificación das bases do Certame Interritmos. Modificación das bases do Certame Interritmos Para máis información nas seguintes ligazóns: Asociación de Desarrollo...
O próximo venres 14 de xuño, ás 20.30 horas, volve a Rianxo o programa Rede de Músicas Soltas organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión o concerto será a cargo de JazZología, un trío de jazz dende Cuba Made in Galiza. As entradas teñen un custe de 5€ e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto. JazZoología é a...
O próximo 8 de xuño, ás 21 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo, a inauguración da exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario. A exposición poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 6 de xullo. Teatro airiños Teatro airiños
Dende o 8 ao 30 de xuño no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pode visitarse a exposición de fotografía Vivindo na Comunidade organizada pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional. Asociación Ambar
A Casa-Museo de Manuel Antonio permanecerá pechada o próximo venres 31 de maio.
Ata o 7 de xuño podes incribirte no Certame Musical INTERITMOS, que está destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais. Está organizado pola Asociación de Desarrollo Local DELOA coa colaboración de diferentes entidades como o Concello de Rianxo. O día do festival-audición será o sábado 15 de xuño, ás 19.00 horas, no...
O vindeiro mércores 29 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha charla coloquio "O diñeiro ao Servizo da Transformación Social", coa presentación das experiencias galegas de finanzas éticas O PETO, FIARE-BPEGALICIA e Coop57Galiza.
O próximo sábado 8 de xuño terá lugar en Asados a II Romería Popular CEIP Ana Mª Diéguez. Entre outras propostas poderemos atopar teatro, obradoiros para nen@s, xogos, música, exposicións, xantar popular,...
O próximo sábado 25 de maio, no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar o VIII SERÁN MAR DE RIANXO. A partir das 8.00 da tarde comezará co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare. Está organizado pola Asociación Vai de Roda en colaboración co...
Escenarios de Roberto Vidal Bolaño titúlase á charla-coloquio que vai impartir o periodista, escritor e crítico teatral Camilo Franco. Desenvolverase o sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego. O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael...
O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión, Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo...
O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión, Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva...
A presentación do libro Faustino Rey Romero. Obra poética e filosófica a cargo de X. Ricardo Losada prevista para o 18 de maio, aprázase para o VENRES 21 DE XUÑO, ÁS 20.30 HORAS no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Desculpas polas molestias ocasionadas.
O próximo venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo haberá un concerto a cargo de Jamila Purofilin que cantará a Cortázar acompañada da guitarra de Willy Mondeja. As entradas terán un custe de 5 € e poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto.
O venres 17 maio durante todo o día, no Centro Cultural "Vicente Vidal" de Leiro celebrarán unha romería para celebrar o Día das Letras Galegas.
O próximo sábado 18 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o II MACRO-RECITAL "ao son das letras vivas", 50 rapsodas - 50 escritor@s (galeg@s e viv@s). O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital para o cal se pretende xuntar a 50...
Advertido erro na programación do Maio Cultural 2013, que son os seguintes: O club de lectura infantil organizado pola Anpa do Cra de Rianxo previsto para o mércores 8 de maio, ás 16.30 horas, será na ESCOLA DE RAÑÓ-LEIRO. Despois da xuntanza realizarase unha excursión polos arredores da escola visitando os lugares singulares do lugar. O club de lectura de adultos "Flores do meu...
O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte. A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da...
Dende o 3 de maio ao 2 de xuño, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poden visitar a exposición de pintura Retrospectiva de Manuel Lesende. O acto de inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de maio ás 20.30 horas.
O próximo sábado 4 de maio, ás 17.00 horas, na Pista Cuberta do colexio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados terá lugar o Primeiro Torneo de Fútbol de Asados (solteiras contra casadas e solteiros contra casados) O partido será retransmitido en directo e acompañado dun DJ Está organizado pola Comisión de festas do San Pedro de Vilas (Asados)
O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.
O próximo mércores 1 de maio, ás 13.00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo da Banda Infantil e do Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo. O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.
A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para a solicitude para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolverán na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013. O prazo remata o...
"Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe" é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin. Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición ou enviala por...
Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona) Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional...
Xa te podes inscribir no obradoiro de creación poética POETIZANDO (de minimis) arredor da exposición fotográfica de minimis de Marga Piñeiro Díaz impartido por Sther F. Carrodeguas. Máis información
Sther F. Carrodeguas impartirá un obradoiro de creación poética POETIZANDO (DE MINIMIS) arredor da exposición fotográfica de Marga Piñeiro Díaz. Desenvolverase o próximo sábado 27 de abril de 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688 Ás 13.30 horas haberá un recitado final...
Podedes obter máis información, na que se inclúe unha reportaxe da exposición en Rianxo, sobre De ninimís da fotógrafa Marga Piñeiro que nestas datas atópase pendurada no Centro Sociocultural de Rianxo, na seguinte ligazón. Entrada con información da exposición
Rianxo e a Zona da Zanfona presentan este obradoiro de improvisación e desinibición para actores/actrices, poetas, rapsodas e zanfonistas para compartir experiencias ao redor da musicailidade e a voz sonora deste instrumento coa palabra. Está dirixido por Sther Carrodeguas, e aberto a todos os públicos. Desenvolverase o vindeiro xoves 18 de abril dende as 16:30 h ata as...
O próximo 4 de maio, Todos/as con Faustino Rei Romero; realizarase un percorrido poético pola ribeira do Ullán. programa 16.30 h.: Xuntanza no andén da estación de Catoira. 17.00 h.: Andaina poética ate o Souto de Isorna, con paradas naqueles lugares nos que o poeta deixou a súa pegada. A Cantina A Capela da Estación O Peirao da Estación A...
O vindeiro sábado 27 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo proxectarase a película "Hijos de las nubes, la última colonia" do director Álvaro Longoria con Javier Bardem e narrada por Elena Anaya. No documental examínase a axitación política actual do norte de África e a responsabilidade das potencias occidentais (especialmente Estados Unidos e Francia) polo medio do exercicio da...
O próximo sábado 20 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo desevolverase a proposta Baixo o mesmo ceo, un concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán: María Manuela Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por: Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados) As entradas poden retirarse unha...
O venres 12 de abril, na Biblioteca Pública Municipal, ás 21.00 horas, terá lugar a presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell: Música Revelada. No acto, conducido por José Luis Dopico, comparecerán Ramom Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, Alejandro Vargas, director musical. Ademais contará cun mini concerto de Alejandro Vargas, ao piano, sobre melodías de Eugenio...
Un ano máis Rianxo acolle o 9 Encontro Internacional: Zona da Zanfona no que especialistas e afeizoados comparten espazos arredor deste instrumento co denominador común da contemporaneidade. Está organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo e coa colaboración de Axóuxere Editora. O programa é o seguinte: xoves 18 abril Sesión didáctica para escolares co...
O próximo sábado 13 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.
O próximo 12 de abril na Sala Capitol (Santiago de Compostela) terá lugar a presentación do Festival Antrospinos que se realizará no verán en Taragoña. Nesta presentación actuaráN La Troba Kung-Fu e A Compañía do Ruído. As entradas custan 10 € ANTICIPADA e 12 € en TAQUILLA. Pódense adquirir no seguintes establecementos: A Reixa - Santiago Roxerius - Rianxo Xuntanza - Taragoña...
Dende o venres 12 ata o sábado 27 de abril pode visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía De Minimis de Marga Piñeiro Díaz. O acto de inauguración terá lugar o venres 12 de abril, ás 19.30 horas. Marga Piñeiro Díaz reside en Chantada e profesionalmente adícase ao ensino e como afeccionada a maior parte do seu tempo libre ao mundo da Fotografía. ...
O próximo sábado 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo realizarase un concerto a cargo do alumnado mozo de Estudio, Escola de música (Santiago de Compostela) e da Escola de música Juan Francés de Iribarren-Sangüesa (Navarra) coa colaboración de: Coro de Nenos de Estudio, escola de música Combo tributo a John Scofield de Estudio, escola de música Combos da...
A Asociación SocioCultural Fogo Fatuo organiza o Patrocinio en Rianxiño os próximos 20 e 21 de abril, coas seguintes propostas: sábado 20 DE ABRIL A partir das 17.00 horas Obradoiro de Xogos Tradicionais A partir das 18.00 horas SERÁN con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite domingo 21 de abril Alborada a cargo do grupo Fogo Fatuo. Ás 13.00 horas mida...
O próximo xoves 4 de abril, remata o prazo para inscribirse no Obradoiro de Escrita Creativa: Da Realidade ao Papel (sobre a creación de personaxes) impartido por Elisa Gil. Máis información
Dende o 6 de abril ao 5 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción. O acto de inauguración xunto coa presentación do audiovisual Un mar de mulleres terá lugar o sábado 6 de abril ás 12.00 horas.
O próximo domingo 7 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación O tempo do Pájaro Pinto, a cargo do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo baixo a dirección de Xaquín Lorenzo na que se homenaxea a Andrés Martínez "Pancho", escritor da obra. O aforo está limitado, as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da...
O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo da escritora Elisa Iglesias Gil. DA REALIDADE AO PAPEL (SOBRE A CREACIÓN DE...
O sábado 20 de abril no Campo de Arriba de Rianxo a Asociación Festival Antrospinos organiza o Antrospinos Miúdo. A partir das 22.00 horas comezará o concerto de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix. Ao longo do día tamén se celebraran diferentes actividades. Cartaz
O próximo sábado 23 de marzo, ás 20.30 h., terá lugar no Auditorio de Rianxo un Concerto de Música de Cámara a cargo do grupo de ensembles da Escola de Música de Rianxo. Cartaz anunciador
Comeza o programa REDE DE MÚSICAS SOLTAS co concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira onde presentarán o seu novo traballo Acróbata. O concerto será o próximo venres 22 de marzo, ás 20.30 h., no Auditorio de Rianxo. Acróbata é música sabrosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense a cargo do dúo entre Fred Martins e Ugia...
O próximo venres 15 de marzo, ás 19,30 horas, Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" no Auditorio de Rianxo. A proposta está organizada por Iniciativa Local en colaboración co Concello de Rianxo. As entradas custan 6 € e están á venta na Casa do Vilar e na Cafetería Guadalupe. Máis información e reservas no teléfono 622 220 859
Advertidos os seguintes erros no cartaz do Programa Educativo Cultural "Elas Realizan(se)" que se está a desenvolver no mes de Marzo no Concello de Rianxo. O venres 15 de marzo o espectáculo de Sergio Pazos é ás 19.30 horas. As entradas para o concerto do venres 22 de marzo Acróbata de Fred Martins e Ugia Pedreira é de 5 € (coa posibilidade de mercar un abono para outros concertos) ...
O Cadro Artísitico Airiños vai representar un pequeno espectáculo sobre a muller no mar chamado "Un mar de mulleres". As representacións terán lugar: SÁBADO 16 DE MARZO 17.00 horas: en Taragoña (Centro Cultural e Deportivo) 18.00 horas: en Araño (Centro Cultural) 19.00 horas: en Asados (Centro Cultural Simón Varela) DOMINGO 17 DE MARZO 17.00...
O Concello de Rianxo vai desenvolver durante todo o mes de marzo o programa educativo-cultural "Elas Realizan(se)". Elas realizan(se), programación cultural marzo 2013
Dende o 1 ao 9 de marzo pode visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición fotográfica O Latexo das Prazas promovida polo Concello de Pontevedra. Na exposición recóllense fotografías das diferentes prazas de Pontevedra a través das cámaras de Rafa Fariña, Gonzalo García, Javier Cervera-Mercadillo, David Freire, Alba Sotelo, Guille López, Noé Parga, Ramón Leiro,...
O próximo sábado 9 de Marzo no Auditorio de Rianxo, ás 20.00 h terá lugar o I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada Trátase dun batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e, de entre estes, unha persoa gañadora) Ademais contarase coa intervención plástica erótica a cargo da artista María Piensos e a actuación musical a cargo de...
Dende o 16 de Febreiro ata o 9 de marzo a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolver o I Programa Galego de Poesía Erótica chamado FERVEIRO AMARZO. As propostas que se van a realizar son as seguintes: - SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas no Auditorio de Rianxo Cando o...
No marco das actividades organizadas e promovidas pola ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA, para conmemorar a figura de Rosalía de Castro, o Concello de Rianxo, en colaboración co Colexio Rural Agrupado do concello, veñen de organizar o seguinte programa conmemorativo: MÉRCORES 20 DE FEBREIRO - 16.30 horas - ESCOLA DE CRUCEIRO, TARAGOÑA Lemos, contamos e cantamos a...
Por mor de condicionantes metereolóxicos, a programación con motivo do entroido desenvolverase da seguinte maneira: Sábado día 16 Campo de Pasos - Taragoña - 17.30 h. Certame de CARROZAS Organiza Peña Cicloturista Castro Barbudo. Premios ás mellores carrozas. OBRADOIROS de maquillaxe, globoflexia e complementos Domingo día 17 - Patio do CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ - ASADOS - dende as 16.30...
O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo do escritor brasileiro Amilcar Bettega que terán lugar, o primeiro,...
Suspensión das actividades organizadas polo Concello de RIanxo para o Martes de Entroido no exterior
Ante as previsións do tempo para mañá Martes de Entroido, nas que se anuncia unha tarde fría e con risco de chuvia, e habida conta de que as actividades programadas por este Concello para celebrar o Entroido están centradas, na súa maior parte, para desenvolver ao aire libre o día mencionado, procédese a trasladar o programa de actos de mañán martes e pasado mércores (inclúese o enterro do...
Dende a Peña Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña, comunican que o CERTAME DE CARROZAS e todas as actividades previstas para a tarde do DOMINGO 10 de febreiro en Campo de Pasos quedan SUSPENDIDAS debido ás previsións meteorolóxicas adversas.
Un ano máis o Entroido chega a Rianxo, de seguido, podedes consultar as propostas que se organizan tanto dende os servizos municipais coma dende as entidades asociativas. Dende eiquí podedes descargar o cartaz anunciador: Cartaz Entroido 2013 Así como tamén consultar as diferentes propostas para festexar estas datas: VENRES 8 DE FEBREIRO de...
A Casa-Museo de Manuel Antonio permanecerá pechada os próximos 18 e 19 de xaneiro. Desculpen as molestias ocasionadas.
O Concello de Rianxo vai desenvolver o programa Actos Castelao 2013 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As propostas, que están enmarcadas en dúas fins de semana, son as seguintes: Venres 25 Xaneiro 20.00 h - AUDITORIO DE RIANXO Inauguración da Exposición de escultura en ferro de Che Tembra (datas da exposición do 25/01 ao...
A Deputación da Coruña ven de convocar a subvención para programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investimentos (BOP núm. 239, do 17 de decembro de 2012). O prazo de solicitude para participar nestas convocatorias comeza o vindeiro 15 de xaneiro e remata o 22 de febreiro. Pode consultar as bases e obter máis información nas oficinas da Área de Educación,...
Un ano máis as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán aos nenos e nenas do Concello de Rianxo. Dende as 17.30 horas na Praza de Castelao estará instalado un Belén Vivinte, onde pastores e pastoras acompañarán con panxoliñas e bailes ao neno Xesús, a Virxe María e San Xosé. A comitiva sairá arredor das 18.30 h da zona portuaria e estará conformada por charangas e animación...
Dende o tecido asociativo do Concello de Rianxo existen diferentes e variadas propostas para que todos os rianxeiros e todas as rianxeiras gocen destas datas navideñas: Venres 21 e sábado 22 de decembro – 21.00 h - Auditorio de Rianxo FESTIVAIS DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO Organiza: Asociación Escola de Música de Rianxo cartaz Domingo 23 de...
Nas vacacións do nadal o Cadro Artístico Airiños vai representar a obra Superapalpadoriño, o actor de Airiños que foi ao Courel e volveu con mel. A obra está destinada a un público familiar. As funcións terá lugar nas parroquias do Concello de Rianxo, distribuídas do seguinte xeito: MÉRCORES 26 DE DECEMBRO Rianxo: Auditorio de Rianxo - 18.00 horas ...
Dende o 21 de decembro ata o 19 de xaneiro poderán visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de pinturas e esculturas a cargo do artista rianxeiro Luís Noya. O acto de inauguración da exposición terá lugar o vindeiro venres 21 de decembro, ás 20.00 horas. O cartaz anunciador
Os próximos venres 21 e sábado 22 de decembro, ás 21 horas, terán lugar no Auditorio de Rianxo os Festivais de Nadal da Escola de Música de Rianxo. O venres 21 actuarán o alumnado de frauta, oboe, saxofón, trompeta, trombón, trompa e conxunto instrumental. O sábado 22 serán o alumnado de clarinete, tuba, fagot, piano, bombardino, percusión e os nenos e nenas de música e movemento.