Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
VENRES 4 DE XULLO - 21.00 horas - Auditorio de Rianxo Alumnado de frauta, fagot, violonchelo, tuba, trompeta, contrabaixo, trompa, bombardino, trompeta, aula de adultos/as e nenos/as de música e movemento. SÁBADO 5 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA VIRXE DE GUADALUPE Alumnado de clarinete, saxofón, trompeta, óboe, percusión, piano e conxunto instrumental. En caso de condicións...
A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO PERMANECERÁ PECHADA DO 14 AO 28 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DESCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS
A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de...
dadsf
O vindeiro sábado 14 de xuño no Auditorio de Rianxo: 18.00 horas - os benxamíns - a guerra de nunca acabar 21.00 horas - os alevíns - un macabro fin de curso
Un ano máis a Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo organiza o IX SERÁN Mar de Rianxo; será o vindeiro sábado 31 de maio a partir das 20.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.
O Cadro Artístico Airiños achégase de novo ás parroquias rianxeiras cun novo espectáculo de TEATRO EXPRESS, nesta ocasión o título é TAXI ! (a pequena gran historia de Lestrove, taxista de Rianxo).
A observación prevista en Asados, no CEIP Ana Mª Diéguez, trasládase para o vindeiro venres 16 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpas polas molestias ocasionadas
A observación astronómica prevista para o 9 de maio trasládase ó venres 16 de maio. Desculpas polas molestias ocasionadas.
O vindeiro venres 9 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha conferencia-coloquio a cargo de Xosé Luís Axeitos arredor do poeta Xosé Díaz Castro o cal este ano se lle adican as Letras Galegas.
Do 9 ao 21 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Catálogo
Carlos Blanco achégarase a Rianxo co espectáculo Ao vivo (de momento...), será o próximo venres 16 de maio no Auditorio. Haberá dúas funcións, unha ás 20.00 e outra ás 22.00 horas. A entrada anticipada ten un custe de 8 € e xa están á venda na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. O propio día das funcións, na taquilla, serán a 10 €. Carlos Blanco. Ao vivo (de momento...)
O próximo sábado 10 de maio, ás 20.30 horas, a compañía de teatro do Centro Dramático Galego achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra recen estreada Longa viaxe cara á noite de Eugene O'Neill. A obra está dirixida por Manuel Guede Oliva e representada polo elenco de actores galegos como son: Luisa Merelas, Alberto Rolán, Gonzalo Uriarte e Marcos Viéitez. As entradas teñen un...
O vindeiro sábado, 3 de maio, desenvolverase no Paseo da Ribeira, frente ao busto de Castelao, ás 22:30 horas, unha observación astronómica na que se intentaremos ver Marte, Xúpiter, Saturno, Orión, a estrela dobre Castor,... Anímate a participar!!!
O Festival Antrospinos miúdo que tivo que ser aprazado debido ás condicións meterolóxicas adversas . Xa hai nova data, o 24 de maio.
As exposicións: Os paraugas da paz do CRA de Rianxo Picasso visto por Catelo Amplian o tempo de exposición, así que poden visitarse ata o sábado 3 de maio.
En Rianxo, no monolito no antigo Campo de Concentración, o domingo 13 de abril ás 12.30 horas.
Os paraugas da paz, exposición a cargo do alumnado do CRA de Rianxo, poderase visitar dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. O acto de exposición terá lugar o vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas.
Dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pódese visitar a exposición PICASSO VISTO POR CATELO, na que se poden ver tallas de madeira realizadas por Vicente Iglesias Sobradelo nas interpreta as principais obras do pintor Pablo Picasso. O acto de inauguración será o vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas. Folleto da exposción en Rianxo
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014 (DOGA núm. 48 do martes, 11 de marzo de 2014) O prazo de presentacións de solicitudes remata o 11 de abril. Máis información
A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XI aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, dirixido a nenos e nenas menores de 12 anos que estuden nos colexios de Rianxo, que se celebrará o día 3 de Maio. Bases do concurso Ficha de inscrición
Do 4 ao 6 de abril terá lugar en Rianxo o 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento. Para consultar o programa e máis información pode consultar a seguinte...
O domingo 23 de marzo, ás 12.00 horas, no Araño (xunto ó Centro Sociocultural de Araño na Capela) concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo no Ciclo de Inverno e Primavera.
Mulleres que rompen Moldes, o novo Teatro-Express do Cadro Artístico Airiños, invade as parroquias rianxeiras esta fin de semana. Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo encárgalle ao Cadro Artístico Airiños a realización de un novo TEATRO-EXPRES, que fale aos pequenos da vila, e aos que se queiran...
Continuamos co Slam Ferve a Lingua, nesta segunda fase o tema é A MULLER. Achégate á Cafetería Castelao o venres 21 de marzo, ás 22.30 horas, e anímate a recitar. Recorda as normas na seguinte ligazón
O próximo sábado 15 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral O Cabaré dos 80... anos de Airiños As entradas terán un custe de 3 € e poderán mercarse unha hora antes da representación no Auditorio.
O vindeiro venres 7 de marzo, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación de Rianxo Artesanal: Proxecto Ardentía e posteriormente a inauguración da exposición Ardentía. A exposición poderá visitarse do 7 ao 22 de marzo.
O próximo sábado 8 de marzo na Casa de República en Isorna terá lugar unha Observación Astronómica. Ás 19.30 horas, no interior unha introdución audiovisual e despois, ata as 22.00 horas no exterior observación con telescopios A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio...
Debido ás previsións metereolóxicas adversas para o día de mañá, Martes de Entroido, a programación prevista para o Entroido trasládase ao Pavillón Municipal de Rianxo.
O vindeiro sábado 8 de marzo, ás 21.00 horas, o grupo aCadaCanto presentará no Auditorio de Rianxo o seu disco A rosa d'Adina. A entrada ten un custe de 10 € e pode adquirise anticipadamente na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. Ademais tamén se pode reservar no enderezo electrónico acadacanto@musicasdesalitre.com O propio día do concerto poderán adquirirse as entradas a partir das 19.00...
Xa está aberto o prazo para a inscrición no Obradoiro de Poesía Erótica impartido por María Lado que se desenvolverá en Rianxo os sábados 15, 22 e 29 de marzo. Máis información Se estás interesado/a en participar, tes ata o 14 de marzo ás 14.00 horas para inscribirte, cubrindo a ficha de inscrición que estará dispoñible en breve.
Dentro da programación do FERVE A LINGUA, organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolverse outra proposta: OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA con maría lado O obradoiro será impartido por María Lado e realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Terá lugar os sábados 15, 22 e 29 de marzo dende ás 10.30 a 13.30 horas. No obradoiro...
Sorteo de agasallos no Martes de Entroido Pola tarde o martes 4 de marzo, acude disfrazado ó Entroido Rianxeiro. Colle un número e participa no sorteo de diferentes agasallos. As categorías son as seguintes: INFANTIL: dende 0 a 11 anos incluídos. 7 patrocinados polo Concello e 2 por CEPSA XUVENIL: de 12 ata 16 anos incluídos. 3 patrocinados polo Concello e 2...
Dende a organización do Certame de Carrozas de Taragoña comunican que o CERTAME DE CARROZAS previsto para o 1 de marzo APRÁZASE para o sábado 8 debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para ese día. O Baile de de Disfraces no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña mantense para o sábado de entroido, 1 de marzo.
Podedes consultar a programación do Entroido Rianxeiro. MARTES DE ENTROIDO - PAVILLÓN DEPORTIVO DE RIANXO Debido ás previsións metereolóxicas adversas para o día de mañá a programación prevista para o Entroido trasládase ao Pavillón Municipal de Rianxo. CERTAME DE CARROZAS - 1 DE MARZO - TARAGOÑA A organización do CERTAME DE CARROZAS previsto para TARAGOÑA o próximo sábado 1 de marzo...
O próximo sábado 22 de febreiro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal terá lugar o contacontos GUÁ ! a cargo de Tero Rodríguez xunto con Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. A proposta forma parte do programa Ferve a Lingua organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.
A Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo continua o Ciclo de Inverno e Primavera cun concerto no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, ás 18.00 horas, o próximo domingo 23 de febreiro.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir,...
Debido ás condicións climatolóxicas adversas a actividade prevista para o venres 14 de febreiro pola tarde aprázase. Desculpas polas molestias ocasionadas
O Club de Lectura Infantil do CRA de Rianxo vai facer unha sesión esté venres 14 de febreiro, ás 17.00 horas en Rianxo, na Biblioteca Municipal. A actividade está aberta a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar.
SES presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado" no Auditorio de Rianxo Entradas á venda na Cafetería Castelao Rianxo e na Cervexeria Gallaecia Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto enviando un mail a info@dezetapro.com Prezo 10€ Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e...
O próximo sábado 11 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral 47 Rúa da Centola a cargo da Agrupación Teatral Criaturas. As entradas poden retirarse (máximo 2 por persoa) una hora antes do comezo da representación.