Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Por razóns alleas á organización, o concerto da Big Band da Escola de Música de Rianxo adiantase para as 22.00 horas. Desculpas polas molestias ocasionadas

Do 30 de xullo ao 2 de agosto, ás 22.30 horas, na Praza Rafael Dieste NOITES DE JAZZ 30 de xullo: Big Banda da Escola de Música de Rianxo 31 de xullo: Nine Cuarteto 1 de agosto: Wilson & Friends 2 de agosto: Kin García Trio PROGRAMA NOTA: No caso de condicións meteorolóxicas adversas os concertos trasládanse ó Auditorio

Continuando co X Ciclo de Bandas organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, o vindeiro domingo 3 de agosto, terá lugar na Praza Virxe de Guadalupe un concerto a cargo da Banda Artística de Merza.

Ábrese o prazo de inscrición nas materias do Primeiro Cuadrimestre da UNED SÉNIOR Rianxo. As materias ofertadas para o Segundo Cuadrimestre, e que se impartirán de acadarse un mínimo número de preinscricións, son as seguintes:  Introdución á internet Informática Básica Cultura Musical de Galiza I Cultura Musical de Galiza II Economía Doméstica Saberes labregos e ecoagroloxía ...

As actuación e obradoiros programados dentro da Feira do Libro. NOTA: O Concerto da Banda de Música de Fuerteventura vai realizase na Praza Virxe de Guadalupe

Xa podes consultar as presentacións de publicacións que van desenvolverse na Feira do Libro. NOTA: A presentación do álbum ilustrado ... 3,2,1,... de Pepablo Patiño non vai realizarse

Do 24 ao 27 de xullo terá lugar na Praza Castelao a FEIRA DO LIBRO. PROGRAMA A Feira do Libro está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.

En breve poderase consultar o programa de actividades  

O vindeiro mércores 16 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza Castelao terá lugar un Festival Internacional de danza no que participarán a agrupación Muzsla Néptancegyüttes de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile. No caso de choiva o espectáculo trasladarase ó Auditorio de Rianxo. Información arredor das agrupacións

O venres 11 de xullo no Auditorio de Rianxo, ás 21.30 horas, a Agrupación Teatral Criaturas interpretará a obra A miña muller é o fontaneiro.

Do 28 ao 31 de xullo desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso Ó REDOR DE CASTELAO, pertencente á Universidade de Verán 2014 da Universidade de Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres 18 de xullo. Pode obter máis información na seguinte ligazón Folleto informativo

Do 4 ao 26 de xullo pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición a cargo do pintor Sánchez Gallego. A apertura da exposición terá lugar o venres 4 de xullo ás 20.00 horas.

Festas do Carme 2014

Feira galega

Festa das Juadalupeñas

Festival Antrospinos 2014

O vindeiro domingo 6 de xullo, ás 21.00 horas, comeza na Praza Virxe de Guadalupe o X Ciclo de Bandas organizado pola Asociación Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo;  primeiro dos concertos correrá a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.

VENRES 4 DE XULLO - 21.00 horas - Auditorio de Rianxo Alumnado de frauta, fagot, violonchelo, tuba, trompeta, contrabaixo, trompa, bombardino, trompeta, aula de adultos/as e nenos/as de música e movemento. SÁBADO 5 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA VIRXE DE GUADALUPE Alumnado de clarinete, saxofón, trompeta, óboe, percusión, piano e conxunto instrumental. En caso de condicións...

A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO PERMANECERÁ PECHADA DO 14 AO 28 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DESCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS

A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de...

dadsf

O vindeiro sábado 14 de xuño no Auditorio de Rianxo: 18.00 horas - os benxamíns - a guerra de nunca acabar 21.00 horas - os alevíns -  un macabro fin de curso

Un ano máis a Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo organiza o IX SERÁN Mar de Rianxo; será o vindeiro sábado 31 de maio a partir das 20.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.

O Cadro Artístico Airiños achégase de novo ás parroquias rianxeiras cun novo espectáculo de TEATRO EXPRESS, nesta ocasión o título é TAXI ! (a pequena gran historia de Lestrove, taxista de Rianxo).

A observación prevista en Asados, no CEIP Ana Mª Diéguez, trasládase para o vindeiro venres 16 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpas polas molestias ocasionadas

A observación astronómica prevista para o 9 de maio trasládase ó venres 16 de maio. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O vindeiro venres 9 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha conferencia-coloquio a cargo de Xosé Luís Axeitos arredor do poeta Xosé Díaz Castro o cal este ano se lle adican as Letras Galegas.

Do 9 ao 21 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Catálogo

Carlos Blanco achégarase a Rianxo co espectáculo Ao vivo (de momento...), será o próximo venres 16 de maio no Auditorio. Haberá dúas funcións, unha ás 20.00 e outra ás 22.00 horas. A entrada anticipada ten un custe de 8 € e xa están á venda na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. O propio día das funcións, na taquilla, serán a 10 €. Carlos Blanco. Ao vivo (de momento...)

O próximo sábado 10 de maio, ás 20.30 horas, a compañía de teatro do Centro Dramático Galego achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra recen estreada Longa viaxe cara á noite de Eugene O'Neill. A obra está dirixida por Manuel Guede Oliva e representada polo elenco de actores galegos como son: Luisa Merelas, Alberto Rolán, Gonzalo Uriarte e Marcos Viéitez. As entradas teñen un...

O vindeiro sábado, 3 de maio, desenvolverase no Paseo da Ribeira, frente ao busto de Castelao, ás 22:30 horas, unha observación astronómica na que se intentaremos ver Marte, Xúpiter, Saturno,  Orión, a estrela dobre Castor,... Anímate a participar!!!

O Festival Antrospinos miúdo que tivo que ser aprazado debido ás condicións meterolóxicas adversas . Xa hai nova data, o 24 de maio.

As exposicións: Os paraugas da paz do CRA de Rianxo Picasso visto por Catelo Amplian o tempo de exposición, así que poden visitarse ata o sábado 3 de maio.  

En Rianxo, no monolito no antigo Campo de Concentración, o domingo 13 de abril ás 12.30 horas.    

Os paraugas da paz, exposición a cargo do alumnado do CRA de Rianxo, poderase visitar dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. O acto de exposición terá lugar o vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas.

Dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pódese visitar a exposición PICASSO VISTO POR CATELO, na que se poden ver tallas de madeira realizadas por Vicente Iglesias Sobradelo nas interpreta as principais obras do pintor Pablo Picasso. O acto de inauguración será o  vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas. Folleto da exposción en Rianxo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014 (DOGA núm. 48 do martes, 11 de marzo de 2014) O prazo de presentacións de solicitudes remata o 11 de abril. Máis información

A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XI aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, dirixido a  nenos e nenas menores de 12 anos que estuden nos colexios de Rianxo, que se celebrará o día 3 de Maio. Bases do concurso Ficha de inscrición

Do 4 ao 6 de abril terá lugar en Rianxo o 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento. Para consultar o programa e máis información pode consultar a seguinte...

O domingo 23 de marzo, ás 12.00 horas, no Araño (xunto ó Centro Sociocultural de Araño na Capela) concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo no Ciclo de Inverno e Primavera.

Mulleres que rompen Moldes, o novo Teatro-Express do Cadro Artístico Airiños, invade as parroquias rianxeiras esta fin de semana. Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo encárgalle ao Cadro Artístico Airiños a realización de un novo TEATRO-EXPRES, que fale aos pequenos da vila, e aos que se queiran...

Continuamos co Slam Ferve a Lingua, nesta segunda fase o tema é A MULLER. Achégate á Cafetería Castelao o venres 21 de marzo, ás 22.30 horas, e anímate a recitar. Recorda as normas na seguinte ligazón

O próximo sábado 15 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral O Cabaré dos 80... anos de Airiños As entradas terán un custe de 3 € e poderán mercarse unha hora antes da representación no Auditorio.

O vindeiro venres 7 de marzo, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación de Rianxo Artesanal: Proxecto Ardentía e posteriormente a inauguración da exposición Ardentía. A exposición poderá visitarse do 7 ao 22 de marzo.

O próximo sábado 8 de marzo na Casa de República en Isorna terá lugar unha Observación Astronómica. Ás 19.30 horas, no interior unha introdución audiovisual  e despois, ata as 22.00 horas no exterior observación con telescopios A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio...