Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O xoves 23 de febreiro desenvolveranse en Rianxo actos en honra de Rosalía de Castro. Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira terá lugar unha  lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán, Oli Xiraldez, Gustavo Couto e Alberto Pires interpretando a "Alborada de Rosalía" Ás 20.30 horas, no Salón de...

O sábado 4 de marzo, en Taragoña, Bituin The Tris Live! organizado pola Asociación Festival Antrospinos. Enfúndate na pel do teu artista favorito e participa. Inscrición ata o 3 de marzo ás 19.00 horas.

O sábado, 4 de marzo, en Taragoña 

O colectivo Ondiñas Mainas organiza o venres 17 de febreiro, de 18.00 a 19.30 horas, un obradoiro de difraces e caretas con bolsas e cartón.

Domingo 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo, a compañía teatral Voadora voltan a Shakespeare para abordar unha das comedias capitais da literatura dramática: “Soño dunha noite de verán”. A obra está recomendada para maiores de 16 anos. A entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Sitio web Voadora ...

Programación do Entroido 2017 no Concello de Rianxo, organizado pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización e entidades asociaciativas. Participade no entroido rianxeiro, animádevos e difrazádevos !!!!

 

A Escola de Música de Rianxo, ofrece un concerto o vindeiro sábado 18 de febreiro, ás 19.30 horas no Auditorio de Rianxo. Páxina facebook da Escola de Música de Rianxo

No apartado de Axenda Cultural, podedes consultar as novas datas das propostas que se suspenderon a semana pasada por mor das condicións meteorolóxicas adversas e as alertas previstas. - APERTURA DA MOSTRA DE ARTE MODERNA DE F. FARRAPOS, o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 12.30 horas. - PRESENTACIÓN DO LIBRO, Un cesto de mazás de Montse Fajardo, o vindeiro venres 24 de febreiro ás 20.30 horas.

O sábado 11 de febreiro, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a función O paxaro de Osiris a cargo da Agrupación Teatral Criaturas. Londres, 1930. Adam Smithback, un mozo exiptólogo, consigue financiación para levar a cabo a súa primeira expedición na busca do famoso Paxaro de Osiris, unha valiosa e poderosa reliquia do faraón Fimosis IV. Pola súa banda, o profesor Tadeus W....

A compañía Teatro do Noroeste achégase a Rianxo coa nova produción Estado de Graza, a función terá lugar o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. Está recomendada para maiores de 15 anos. A entrada é de balde e pode retirarse unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Estado de Graza está escrita e dirixida por Eduardo Alonso conta coa...

Ata o 10 de febreiro ábrese o prazo para a preinscrición na Uned Senior do segundo cuadrimestre do curso 2016-2017 da Aula de Rianxo do Centro Asociado da Coruña. As materias que se van impartir neste cuadrimestre son as seguintes: - INFORMÁTICA I (básico) Manexo do ordenador para comunicacións e redes sociais por Diego Rodríguez   - INFORMÁTICA II (avanzado) Manexo do ordenador para...

O vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 20.30 h, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a proxección do documental de Xan Leira Castelao, e os irmáns da liberdade A proposta enmarcase dentro da programación dos Actos Castelao 2017, organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo.

NOVA DATA: O  venres 24 de febreiro ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a escritora Montse Fajardo presentará a súa publicación Un cesto de mazás, memoria das vitimas do 36 e do tempo que veu. No acto a escritora estará acompañada por X. R. Losada, escritor, profesor e membro de Barbantia e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Sabela Galbán realizará unha interpretación...

SÁBADO 28 DE XANEIRO,  12.30 h, Paseo da Ribeira (no busto de Castelao) Ofrenda floral e intervención de autoridades.

VENRES 27 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio Presentación da Voz de Barbantia e da novela Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo, con Xerardo Agrafoxo (historiador e escritor), Antón Riveiro Coello (escritor), Francisco Castro (editor e escritor) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Intervención plástica a cargo do artesán Roberto Figueira. Apertura e peche musical a cargo de Antón...

O vindeiro venres 20 de xaneiro ás 20.00 horas, na aula de formación da A.V de Protección Civil de Rianxo (na Martela, en fronte ao Centro de Saúde) terá lugar unha charla informativa A vespa asiática en Rianxo. Unha praga para quedarse. O seu control. Esta actividade enmarcase no Curso de Riscos no Fogar que se está impartindo na Uned Senior en Rianxo

SÁBADO 21 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio Música de cámara. Cuarteto deBiselas deBiselas nace na primavera do ano 2016, cando as súas catro fundadoras están en vías de finalizar os seus estudos na aula de frauta do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Trátase dun proxecto que quere dar a coñecer a frauta traveseira a través da súa sonoridade en enssemble. Ofrecen un programa no...

VENRES 20 DE XANEIRO,  20.30  h, Auditorio A xeración de Castelao no Barbanza (charla-coloquio), a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (filólogo, investigador e ensaísta), presentado por Helena Villar Janeiro (poeta) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)

AMPRIASE O PRAZO PARA VISITALA ATA O 28 DE XANEIRO Dende o 22  de decembro ao 10 de xaneiro pode visitarse no Auditorio de Rianxo a Exposición conmemorativa do XXV Aniversario do Premio de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" promovida polo Concello de Dodro. O acto de apertura será o vindeiro xoves 22 de decembro ás 20.00 horas. Os horarios de visita son os habituais do Auditorio de...

VENRES 13 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio Presentación de Soño e vértice de Eva Veiga (premio de poesía Concello de Carral na súa XVII edición), con Armando Requeixo (crítico literario e ensaísta), Xoán Pastor Rodríguez (coordinador de A.C. Barbantia), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura de Rianxo) e a propia autora. EVA VEIGA TORRE Nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de...

Actos Castelao 2017 PROGRAMACIÓN: VENRES 13 DE XANEIRO,  20.30 h, Auditorio Presentación de Soño e vértice de Eva Veiga (premio de poesía Concello de Carral na súa XVII edición), con Armando Requeixo (crítico literario e ensaísta), Xoán Pastor Rodríguez (coordinador de A.C. Barbantia), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura de Rianxo) e a propia autora. VENRES 20 DE XANEIRO, ...

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras para o programa REDE CULTURAL. O programa ten o obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao...

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán, un ano máis, a vila de Rianxo. O xóves 5 de xaneiro, dende as 17.30 horas, na Praza Castelao poderemos disfrutar do Belén Vivinte realizado coa colaboración da Asociación Fogo Fatúo. Ás 18.30 horas está previsto que os Reis desembarquen no Porto de Rianxo. Desfilarán polo Paseo da Ribeira nas súas carrozas mariñeiras, acompañados da...

Concerto en Familia da Banda da Escola de Música de Rianxo, MÚSICA + DISNEY. O venres 30 de decembro no Auditorio de Rianxo con 2 sesións, unha ás 18.00 h e outra ás 20.00 horas. Entradas: - 1.50 € socios da Escola de Música (2 máximo) - 3 € non socios da Escola de Música Venta anticipada: De Martes a xoves de 16.00 a 19.00 horas no Ático do Cuartel Vello Facebook da Escola de Música de...

A Vila do Mañá, obradoiro de urbanismo e patrimonio para  a infancia e a mocidade en Rianxo. Do luns 26 ao xoves 29 de decembro. O punto de encontro é o Auditorio Municipal. GRUPO 1 E 2: de 10.00 a 14.00 h Nenos/as de 4 a 9 anos GRUPO 3 E 4: DE 16.00 a 20.00 h Mozos/as de 10 a 18 anos Para máis información e inscricións no teléfono 617607708 e nos correos electrónicos...

No auditorio de Rianxo o próximo venres 23 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo.

A Asociación Vai de Roda organiza o Festival Solidario de Nadal, Operación Quilo, o vindeiro sábado 17 de decembro, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. A entrada é solidaria e custa un quilo de solidariedade. Non se precisan cartos para botar unha man, tan só 1 quilo de alimentos non perecedeiros ou produtos de aseo persoal. Vén e desfruta dun nadal solidario, entre veciños e coa mellor...

O Centro Cultural Simón Varela e a Coral Abraia presentan o XI Festival de Corais de Arousa e Ulla no que participarán a Coral Abrente, Coral Hermano Gomez e a Coral Abraia. Será o vindeiro domingo 18 de decembro, ás 18.00 horas, no Colexio Ana Mª Diéguez de Asados.

Lémbraste do vivido en xaneiro coa #cabalgatadereis2016???? Anímate e colabora na do 2017, tanto a nivel individual como entidades ou colectivos Ponte en contacto coa Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo​, no Auditorio de Rianxo (teléfono 981 100 688  / correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal) #reismagos2017 #ailusiónrianxeira #nadal2016 ...

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

Nestes días chegaron a Rianxo varios premios e mencións no eido cultural polo bo traballo dos rianxeiros e rianxeiras. - A Banda da Escola de Música de Rianxo acaba de gañar o 1º premio na sección segunda no X Certame Galego de Bandas de Música. Facebook da Banda da Escola de Música de Rianxo Sitio web da Federación Galega de Bandas Populares   Imaxe da actuación do pasado domingo...

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo, que terá lugar no Auditorio de Rianxo o domingo 4 de decembro ás 5 do serán. As categorías son a de gaita solista e cuarteto tradicional. A Deputación da Coruña dota con 500 euros o primeiro premio da categoría de solista e o Concello de Rianxo premiará con 1000 euros o grupo gañador do certame na...

O vindeiro 10 de decembro, ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo. A entrada será por orde de chegada ata completar o aforo.

A Banda da Escola de Música de Rianxo o vindeiro domingo 27 de novembro vai participar no X Certame Galego de Bandas de Música. Moita sorte !!!!!

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

Talía Teatro estará no Auditorio de Rianxo, o sábado 26 de novembro, ás 20.30 h., coa produción FOUCELLAS. Está recomendada para maiores de 16 anos. A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse as invitacións (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función. Sitio web Talía Teatro Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos...

O vindeiro domingo 20 de novembro, ás 17.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar O Concerto de Santa Icía que contará coa Agrupación Musico Cultural de Ribadumia e a Banda da Escola de Música de Rianxo.  

A nova produción do Centro Dramático Galego CDG - Salón Teatro, TARTUFO de Molière estará no Auditorio do Concello de Rianxo o vindeiro venres 18 de novembro, ás 20.30 horas. Está recomendada para maiores de 14 anos. Entrada 5 €, apertura da billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función. O director valenciano Carles Alfaro Carles Alfaro Hofman púxose á fronte dun equipo galego...

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

Barahúnda en concerto solidario co pobo saharauí o vindeiro sábado 19 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. No escenario estarán Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro, Txema Mawenya, José Luis do Pico Orjais, Aida Saco Beiroa e como artistas convidados Sabela Galbán e José Nine Ces. A entrada ten un custe de 5 € (dos que 2 € serán doados para SOGAPS) Venda anticipada en...

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

Producións teatráis Excéntricas achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 11 de novembro, ás 20.30 horas, para presentar a proposta teatral Os amores de Jacques o Fatalista de Denis Diderot. Baixo a dirección de Quico Cadaval conta co elenco de Victor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz. Recomendada para maiores de 13 anos. A entrada ten un custe de 5 €, a venda será a...

Os Monicreques de Kukas achéganse ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Xan Perillán compra queixo, compra pan o vindeiro sábado 12 de novembro ás 19.00 horas. Está recomendada para un público familiar con nenos e nenas maiores de 3 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) dende unha hora antes do comezo da función. A proposta forma parte da programación do...

 

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

Exposición no Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo, dende o 4 ao 19 de novembro, Entre liño e pano fino enmarcada dentro dos Encontros de folclore organizados pola Asociación Vai de Roda.

Na vindeira fin de semana, 4, 5 e 6 de novembro Encontros de folclore en Rianxo; organizados pola Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo e da Cultura da Deputación da Coruña Máis información no facebook de Vai de Roda  

A holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper, exporá a súa obra pictórica no Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo dende o 4 ao 26 de novembro. A inauguración terá lugar o venres 4 de novembro ás 20.30 horas e no acto estarán presentes Raquel García, Concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e a propia artista. Karin Kuijper, nace en...

A iniciativa concrétase nun foro de reflexión e debate que, coa denominación xenérica de “Ler o mundo hoxe... no diálogo Universidade-Sociedade”, integra catro lecturas do mundo desde unha perspectiva multidisciplinar (coincidentes con  catro das liñas de investigación do grupo) e tres actividades transversais. As iniciativas desenvolveranse en Santiago de Compostela, Lugo e Rianxo. ...

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

 

O Centro Coreográfico Galego achégase ó Auditorio de Rianxo coa súa nova produción As 4 estacións, o venres 28 de outubro ás 21.30 horas. Recomendado a todos os públicos. Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa) na billeteira do auditorio. O Centro Coreográfico Galego achega 'As catro estacións', de Vivaldi, ao...

O vindeiro venres 28 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación da obra escrita por Julian Rodríguez Novo, Unha morte lanzal. A traxedia do bou Eva, editada por Discursiva. No acto estarán presentes D. Xesús Alonso Montero (presidente da Real Academia Galega), Esther Carrodeguas (membro de Barbantia), Enrique Sánchez Sotelo (Editorial...

O venres 28 de outubro, ás 19.00 horas, xunto ao monumento do campo de concentración terá lugar a inauguración dun panel explicativo.

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro:   27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Asuntos de defuntos 3 DE NOVEMBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de...

"30 e tantos ósos" de Aporía Escénica estreada no FITO 2014. A partir de textos e materiais de creación colectiva. Dirección e dramaturxia Diana Mera; Interpretación Teté García, Diana Mera, Merche Pérez e María Roja; Espazo escénico e iluminación Diego Valeiras. Gravación, edición e posprodución de vídeo e audio Lucía Estévez, Álvaro Caramés e Adrián Crespo. Premio María Casares ao mellor...

Ciclo de 8 sesións monográficas de relato breve e música con Pepe Sendón e Sabela Galbán, a partir dos contos Dos Arquivos do Trasno de Rafael Dieste. Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro: 20 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Encontros co fantasma 27 DE OUTUBRO - 20.30 h - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo ...

O Concello de Rianxo forma parte do programa colectivo APEGO, creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Apego vai dirixido ás familias que están a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que teñen nenos e nenas ata 6 anos. Sitio web APEGO Neste sitio web podedes atopar toda a información refirida ó programa APEGO, así como tamén diferentes...

O 14 e 15 de outubro realizarase en Rianxo o certame de tapas Escuncha o Mexillón Está organizado por ASPROMERI en colaboración co Centro Comercial Aberto de Rianxo e a Asociación Rianxeira de Empresarios. Podes consultar as bases en www.empresariosderianxo.com

Xa podedes ir consultando as propostas que se desenvolverán neste outono no Concello de Rianxo

Dende o 7 ao 29 de outubro, a rianxeira Lara Torres expoñerá no Auditorio de Rianxo a súa obra Fusións. O acto de inauguración terá lugar o venres 7 de outubro ás 19.30 horas. Sitio web Lara Torres A Ilustradora rianxeira Lara Torres exporá no Auditorio da súa vila natal unha serie de obras orixinais do 7 ao 29 de outubro. Técnico Superior en Ilustración e Graduada en Belas Artes compaxina a...

A Agrupación Teatral Criaturas pecha a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego coa obra O paxaro de Osiris. Facebook Agrupación Teatral Criaturas Londres, 1930. Adam Smithback, un mozo exiptólogo, consigue financiación para levar a cabo a súa primeira expedición na busca do famoso Paxaro de Osiris, unha valiosa e poderosa reliquia do faraón Fimosis IV. Pola súa banda, o profesor Tadeus W....

O sábado 8 de outubro, ás 20.30 horas, no auditorio de Rianxo o Grupo de Teatro Airiños volve a representar a obra Hoxe non se paga! dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Sitio web Grupo de Teatro Airiños Hoxe non se paga! centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. As protagonistas da...

Continúa a Mostra de Teatro Afeccionado outro fin de semana máis. O venres 7 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía Pinchacarneiro Teatro interpretará a obra L. Facebook Pinchacarneiro Teatro A carón dunha estrada perdida, no medio da nada, luce un gran L en letras de neón. Na sala das festas máis ateigada do universo, as almas solitarias buscan un lugar onde celebrar o fin de ano. L conta...

O domingo 2 de outubro, o grupo de teatro universitario Vacaloura Teátrica, representa no Auditorio de Rianxo a obra Mousike e as Kronomusas; dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Facebook de Vacaloura Teátrica Ano 3115. A música foi prohibida fai moito tempo e ninguén se lembra xa dela. Mouse, o noso protagonista, vive cun profundo pesar no seu corazón. Mais un día, atopa algo...

O sábado 1 de outubro arranca a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Comeza coa agrupación Teatro de Cámara Ditea coa obra de Roberto Vidal Bolaño Animaliños. Sitio web de Teatro de Cámara Ditea Facebook Teatro de Cámara Ditea ANIMALIÑOS é a creación dunha persoa moi observadora, dun autor, Roberto Vidal...

O 1 de outubro remata o prazo de preinscrición na Uned Senior. Se estás interesado/a en matricularte podes facelo pinchando no seguinte enlace. As materias que se ofertan este cuadrimestre son as seguintes: Aproveitamento dos Nosos Montes. Producción e Coidado Ambiental Prof. Carme Freire Cultura Musical da Galiza. Prof. Jose Luís Dopico Riscos no Fogar. Autoprotección en...

A Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado "Alter Ego". Representaránse 5 obras que serán as seguintes: sábado 1 de outubro - 21.00 horas Animaliños a cargo de Teatro de Cámara Ditea domingo 2 de outubro - 20.30 horas Mousike e as Kronomusas a cargo de Vacaloura Teatrica venres 7 de outubro - 20.30 horas L a cargo de...

A compañía Volta e Dálle Teatro, achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción Dura Lex. A función terá lugar o vindeiro venres 30 de setembro ás 20.30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é de balde (ata completar aforo) e pode adquirse unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Máis información no sitio web de Volta e Dálle Teatro ...

 

Rock in Rian 2016, o sábado 10 de setembro no Parque Galiza; coas actuacións dos Cuchufellos, Dakidarria, Zënzar, Malfalda e Nao Máis información no Facebook das Juadalupeñas

Outro ano máis en Rianxo terá lugar a celebración das FESTAS DA GUADALUPE, nese ano será lo venres 9 ao 16 de setembro. Máis información no sitio web GUADALUPE RIANXO FACEBOOK FESTAS DA GUADALUPE

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2016. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que...

VIII Campus Musical da FGBMP en Rianxo do 29 de agosto ao 1 de setembro. Abertos a todo o público, no VIII Campus Musical da Federación Galega de Bandas de Música Populares, concertos na Praza Rafael Dieste ás 20.00 horas: - Martes 30 de agosto: concerto de Odaiko Percussion Group - Mércores 31 de agosto: concerto do alumnado e profesorado participante no campus - Xoves 1 de setembro: concerto...