Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O próximo venres 24 de novembro, a partir das 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a xornada "Ti tamén formas parte do TDAH (trastorno por déficit de atención-hiperactividade)" O obxectivo da xornada, é profundar e tamén dar a coñecer o TDAH con e sen hiperactividade, como un dos Trastornos do Neurodesenvolvemento máis frecuente pero pouco recoñecido, que require dun tratamento...

A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres día 10 de novembro, ás 20:30, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. O acto contará coa presenza de Manuel Ruíz Rivas (alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Manuel Ayaso (coautor) e Adolfo...

O profesor e investigador Bernardo Máiz abre o CICLO SOBRE MEMORIA HISTÓRICA que organiza a Uned Senior de Rianxo. A conferencia titúlase Por que se sublevaron os militares no 36? A resistencia popular en Galicia, e estarán presentes, ademais do conferenciante, Carlos Cimadevila Álvarez, profesor do IES Félix Muriel, e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. O acto terá lugar no salón de actos do...

A Asociación Fogo Fatuo organiza o IV Concurso de Gaita, nas categorías de Gaita Solista e Cuarteto Tradicional. A data límite de inscrición é o 3 de decembro de 2017 e a fase de concurso terá lugar o domingo 10 de decembro no Auditorio de Rianxo ás 17.00 h. Máis información no sitio web de Fogo Fatuo

O martes 31 de outubro, a partir das 17.00 horas, a Asociación Festival Antrospinos organiza un SAMAÍN. Comezarán con xogos populares, foliada, maquillaxe infantil e un concurso de cabazas. Ás 18.30 horas haberá un MAGOSTO con castañas de balde. Para rematar, no Centro Cultural, a partir das 21.30 horas, amenizará Delacruz Show e DJ Enxebre.

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custe de 17 euros. A venda anticipada realizase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da igrexa).

O vindeiro sábado 28 de outubro, no Campo de Arriba de Rianxo, terá lugar un MAGOSTO/SAMAÍN POPULAR. A partir das cinco da tarde desenvolveranse variadas actividades: - Obradoiros para nenos/as: decoración de cabazos (cada un que traia o seu cabazo para decorar). - Xogos tradicionais. - Ambientación musical: Pakolas (música para nenos/as) Charanga O Recobío Haberá castañas e chourizos...

O Auditorio de Rianxo acolle a presentación dun disco único, Chané na Habana, no centenario do pasamento do xenial compositor José Castro Chané. Un concerto con 16 músicos en palco de diversas orixes xeográficas, que mesturan estilos e arranxos sobre as melodías de "Chané". Será o vindeiro 28 de outubro ás 21 h. Concerto do Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria, coa cantante Rosa...

O vindeiro venres 27 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Xesús Santos Suárez: O viquingo converso. Nese mesmo acto tamén se presentará o suplemento cultural A voz de Barbantia (número 128). Ademais do autor do libro, Xesús Santos, participarán na presentación: Xosé Luís Axeitos, académico da RAG, profesor e investigador;...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase, ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción, a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase, ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción, a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O rianxeiro Antón Alcalde estará o vindeiro venres 13 de outubro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co Concerto con música electrónica. O concerto enmárcase dentro da programación do Ciclo de Novos Intérpretes, que leva desenvolvéndose xa dende o mes de abril e rematará en decembro. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódense retirar as entradas, máximo 2...

O vindeiro venres 20 de outubro, ás 20:00 horas, charla informativa sobre "A vespa asiática en Rianxo. Unha praga para quedar. O seu control". No Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

Carlos Ocaña Novoa presenta na Sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo as fotografías que forman parte da súa coleción denominada Nocturnidade. A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 6 de outubro ás 20.30 horas. Poderá visitarse dende o 6 ao 28 de outubro.

O domingo 8 de outubro a II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego chega ao seu fin. Ás 20.30 horas comezará o peche que continuará coa representación teatral de Xogo de Xoias, a cargo da Agrupación Teatral Criaturas. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de setenta e cinco minutos. A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha hora antes do...

O sábado 7 de outubro, ás 21.00 horas, dende Boiro, achégase Teatro do Imprevisto ao Auditorio de Rianxo para representar Gretel, dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta e cinco minutos. A entrada ten un custo de 2 €, á venda...

Percubebés, obradoiro espectáculo para nenos e nenas de 0 a 3 anos na Biblioteca Municipal, o vindeiro sábado 7 de outubro ás 12.00 horas. Para participar é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal de Rianxo (biblioteca@concelloderianxo.gal ou no 981860272). Obradoiro-espetáculo no que bebés e maiores aprenden, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa con Marcelo Dobode e Bea...

A II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego continua esta fin de semana, o venres 6 de outubro ás 21.00 horas. Nesta ocasión ocupa o escenario da Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo O Aturuxo de Melpómene coa obra Terapia de Bar. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta e cinco minutos. A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do...

A companía teatral A Panadaría representa na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa nova produción: Elisa e Marcela. Historia que parece conto. A función terá lugar o vindeiro xoves 5 de outubro ás 21.00 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos e ten unha duración de setenta minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódense retirar (máximo 2 por persoa) unha hora...

Para rematar esta primeira fin de semana da II Mostra de Teatro Afeccionado cóntase co grupo Vacaloura Teátrica que representará a súa obra En Clave D.X. Unha sátira De-Xénero. Será ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta minutos. A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha...

Arturo, Arthur, Artur é o título da peza teatral que o grupo de teatro Down Compostela trae á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de setembro, ás 20.30 horas, dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta minutos. As entradas teñen un custo de 2 € e poderanse adquirir na billeteira do...

Pedro Brandariz achégase á Biblioteca Pública Castelao co seu espectáculo Contos e outras andrómenas, o próximo sábado 30 de setembro, ás 12.00 horas. A proposta está incluída dentro da II Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Espectáculo infantil para todos os públicos cunha duración de 50 minutos. Entrada...

A II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego abre as súas portas o vindeiro venres 29 de setembro, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Media hora despois, ás nove da noite, terá lugar a primeira función a cargo de Tolemia Teatro coa obra Lowcost por Shakespeare. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de 50 minutos. A entrada é de balde ata...

O próximo 14 de outubro, ás 21 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto de SES, no que presentará o seu traballo Opoñerse á extinción. As entradas xa están á venda na plataforma ticketea Máis información no sitio web de SES:  www.ses.gal

O grupo "Os Kabramakabra" da Escola de Teatro Airiños, representa no Auditorio de Rianxo o sábado 23 de setembro, ás 20.30 horas, a obra Mas co Medias, escrita e dirixida por Raquel Ramos.

Para pechar o XIV FEIRÓN MARIÑEIRO, o xoves 14 de setembro, nas festas da Guadalupe, o Concello de Rianxo organiza a NOITE FOLK coas actuacións de:  Os d'abaixo  Airiños da Freba  Os da Porfía

Cursos Uned Senior Rianxo Primeiro Cuadrimestre 2017-18 Preincrición: ata o 2 de outubro. 1) Iniciación á Informática e Internet. Nivel Básico. Módulo I. Prof. Diego Rodríguez Horario: mércores de 16:00 a 18:00 hs. 2) Redes Sociais e Internet. Nivel: Básico – Medio. Módulo I Prof. Diego Rodríguez Horario: mércores de 18:30 a 20:30 hs. 3) COCIÑANDO PARA ALIMENTARSE BEN Prof. Carme...

A partir do 18 de setembro abre o prazo para a inscrición no Programa de Educación de Adultos do Concello de Rianxo.

O vindeiro venres 1 de setembro, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un encontro entre responsables políticos e representantes das entidades asociativas (culturais, deportivas, veciñais,...) do Concello de Rianxo, arredor da creación do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas e Participación Cidadá. Sitio web na páxina do Concello de Rianxo REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES...

Do 1 ao 20 de setembro poderase visitar no auditorio de Rianxo a exposición LETRAS Ó CAMIÑO, organizada pola Asociación Cultural O Ferrado. Na exposición mostrarase a primeira década das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas, dende o 1963 ata 1972, así como tamén outros escritos de poetas descoñecidos. Máis información na páxina de facebook da Asociación O Ferrado

O próximo xoves 31 de agosto, ás 19.00 horas, a Banda Xuvenil da Artística de Merza ofreceranos un concerto na praza Rafael Dieste de Rianxo. Este concerto forma parte dunha xira que están a desenvolver por diferentes vilas galegas dentro do marco do Campamento Musical que están realizando.

Despois do éxito da proxeción do filme-documental Cousas de Rianxo o pasado 17 de xullo na praza Rafael Dieste, o vindeiro venres 1 de setembro, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá de novo a súa proxección. Ademais de proxectar o filme-documental, Román Castaño e Duarte Galbán realizarán unha introdución teatral. A entrada é de balde ata completar aforamento. A...

Dende o venres 1 de setembro, a partir das cinco da tarde, ata o sábado á  noitiña, poderase visitar, nos baixos da Biblioteca Municipal de Rianxo, unha exposición relacionada coa homenaxe a Ramón Carou Romero, que inclúe fotografías e instrumentos que nos achegan un pouco máis ao artista rianxeiro.

O vindeiro sábado 2 de setembro, ás 21.30 horas,  na praza de Rafael Dieste presentarase o Libro - Cd Homenaxe a Ramón Carou, coa intervención dos seus autores: José Mª Cebeiro Fernández e Xosé Francisco Noia Souto; e de moitos grupos amigos que participan na homenaxe. Ese mesmo día nos baixos do Pazo de Martelo poderase ver unha exposición con fotografía e instrumentos do homenaxeado. ...

A poeta mexicana Yendi Ramos Ojeda é a cuarta residente do Programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es que Axóuxere Editora conxuntamente co Concello de Rianxo comezou a desenvolver de novo este ano 2017. A escritora estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até mediados de setembro deste ano. Yendi Ramos...

O vindeiro xoves 24 de agosto, ás 21.00 horas, a praza Rafael Dieste acollerá un concerto a cargo do alumnado e profesorado participantes no campamento musical que se está realizando nos concellos de Barro e Rianxo.

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo. xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS TITO ROBER no paseo da Ribeira, no lugar da praza de Padrón. xoves 17 de agosto - 22:30 horas PEDRO BRANDARIZ nos xardíns da Martela. xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS XAN VEIGA na rúa de Abaixo. xoves 31 de...

Todos os xoves do mes de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo. xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS TITO ROBER no paseo da Ribeira, no lugar da praza de Padrón. xoves 17 de agosto - 22:30 horas PEDRO BRANDARIZ nos xardíns da Martela. xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS XAN VEIGA na rúa de Abaixo. xoves 31 de...

A Banda da Escola de Música de Rianxo pechará o XIII Ciclo de Bandas cun concerto, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de agosto, ás 21.00 horas, nos Xardíns da Martela.

O vindeiro sábado 26 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar nas Pistas Polideportivas de Rañó (Leiro) a proxección da derradeira película do programa Noites de Cine 2017. O filme será "Maimiño e o espello máxico" Maimiño é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O...

O venres 18 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar nos Xardíns da Martela o Festival de Curtas, onde se proxectarán diferentes filmes de animación. Antes da proxeción, ás 20.45 horas, o grupo de música Art of Adrenaline, realizará un concerto.

De Vacas en concerto na Praza Rafael Dieste o vindeiro venres 25 de agosto ás 22.30 horas. Tal como recollen no seu sitio web: DeVacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar. Dende as Spice Grils ao Gagnam Style...

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo. xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS TITO ROBER no Paseo da Ribeira no lugar da Praza de Padrón xoves 17 de agosto - 22:30 horas PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS XAN VEIGA na Rúa de Abaixo xoves 31 de agosto -...

Un ano máis, e xa van alá 3, a zona comercial da Martela organiza a Noite Moucha. Máis información na súa páxina de Facebook

O vindeiro xoves 17 de agosto os Xardíns da Martela acollerán o Mercado Nocturno do pequeno comercio, organizado pola zona comercial da Martela. Máis información na súa páxina de Facebook

O grupo Gelria achégase á praza Rafael Dieste de Rianxo para presentar o seu primeiro traballo: "Cantos de poeta". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto, ás 22.30 horas (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo). O trío Gelria nace dentro do proxecto co mesmo no nome, co fin de difundir e promocionar dun xeito máis directo os seus principais traballos musicais....

O filósofo madrileño, Ismael Crespo Amine, achégase a Rianxo para formar parte do programa de Residencia de pensadores/as que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora están desenvolvendo no verán. Do venres 18 ao domingo 20 de agosto, Ismael Crespo desenvolverá o seminario "Xustiza e comedia" e impartirá unha conferencia co título: "A necesidade de escachar coa risa". A inscrición é de balde,...

O sábado 12 de agosto terá lugar en Leiro a II Festa da Solla, organizada pola Asociación Virxe do Carme de Leiro Máis información na páxina de facebook da Asociación Virxe do Carme de Leiro.

Do venres 11 ao domingo 13 de agosto terán lugar na parroquia de Asados as súas Festas de Verán. Máis información na páxina de facebook das Festas de Asados

Do 12 ao 31 de agosto, nos baixos do Cuartel Vello terá lugar a exposición Hai arte nas casas organizada polo colectivo artesán Ondiñas Mainas. Máis información na páxina de Facebook de Ondiñas Mainas

O vindeiro domingo 13 de agosto, ás 22.30 horas, terá lugar en Campo de Pazos (Taragoña) a proxeción do filme "O descoñecido". Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutineira mañá na Coruña levando aos seus fillos ao colexio. Cando arrinca o coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do asento e que dispón apenas dunhas horas para reunir unha elevada...

O próximo sábado 19 de agosto, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da nova publicación de Xosé Luís Axeitos "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía". No acto ademáis da presenza do autor, estarán presentes Manuel Bragado (director da Editorial Xerais), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Anxo Angueira (profesor, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro).

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o vindeiro sábado 26 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza Rafael Dieste o XV Festival de baile e música tradicional. Máis información na súa páxina en Facebook

Se o tempo o permite, as observacións astronómicas previstas dentro do programa TODOCOSMOS, realizaranse no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) nas seguintes datas: LUNS 14 de agosto, ás 22.00 horas MARTES 22 de agosto, ás 22.00 horas. De non darse as condicións atmosféricas idóneas para a realización das observacións trasladaranse a outras datas e anunciaranse no sitio web do...

Os vindeiros 21 e 29 de xullo e 4 de agosto, o paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), será o lugar onde se fagan  as observacións astronómicas TODOCOSMOS. A observación prevista para o 4 de agosto, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, aprázase. As novas datas para as observacións son: Luns 14  de agosto, 22:00 h Martes 22 de agosto, 22.00 h

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo. xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS TITO ROBER no Paseo da Ribeira no lugar da Praza de Padrón xoves 17 de agosto - 22:30 horas PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS XAN VEIGA na Rúa de Abaixo xoves 31 de agosto -...

O sábado 5 de agosto, ás 22:30 horas, o patio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados acollerá a proxeción do filme "Somos xente honrada". Trailer película "Somos xente honrada"  

O grupo de música tradicional Habelas Hainas ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 22:00 horas, no Campo de Arriba, no marco da VIII Festa do Mexillón de Rianxo. Páxina facebook de Habelas Hainas

A exposición "Nicaragua. O Futuro" amósase dende o 28 de xullo ata o vindeiro 28 de agosto no Auditorio de Rianxo, en horario de 09:00 a 14:00 horas. A mostra, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, busca promover a interculturalidade e actitudes de respecto cara á poboación migrante. O Concello de Rianxo é socio do Fondo Galego para a Cooperación e a Solidariedade. As...

NO CASO DE CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS O CONCERTO TRASLADARASE AO AUDITORIO DE RIANXO. A Orquestra Os Modernos achégase a Rianxo o vindeiro sábado 29 de xullo para presentar o seu novo traballo discográfico "Disimulem!" Tras 5 anos de exitosos directos por toda Galicia (e parte de Asturias), a Orquestra Os Modernos gravou, nos Estudios A Ponte, o seu primeiro disco, Dissimulem! O...

No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

Do martes 1 ao venres 4 de agosto terá lugar na Praza Rafael Dieste de Rianxo o Festival Noites de Jazz.

Baixo o título "A LEDICIA DE LER", están desenvolvéndose por toda Galicia as Feiras do Libro. Dende o xoves 20 ao domingo 23 de xullo celebrarase en Rianxo, na Praza Castelao.  

NOTA: a observación prevista para o venres 21 de xullo, por mor das condicións meteoróxicas adversas, TRASLÁDASE para o luns 24 de xullo. No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

A Asociación Festival Antrospinos organiza en Campo Maneiro (Taragoña) o X Edición do Festival Antrospinos. Máis información na páxina facebook de Antrospinos

O escritor italiano Pier Franco Brandimarte é o segundo residente do Programa de Residencias de pensadoras/es e escritoras/es que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora comezaron novamente a desenvolver este ano 2017. O escritor estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até inicios de agosto deste ano. O escritor...

 

 

Uxía Lambona e a súa banda achéganse á Praza Rafael Dieste o vindeiro sábado 22 de xullo, ás 21.30 horas, dentro da programación da Feira do Libro. "Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska,...