Educación e Cultura

- TEATRO: Language planning a cargo dos Quinquilláns - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Language planning a cargo dos Quinquilláns

Os Quinquilláns achéganse á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra teatral Language Planning. A representación terá lugar o sábado 24 de novembro ás 20.30 horas.

Destinada a todos os públicos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Proposta enmarcada dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O espectáculo Languague Planning é unha montaxe teatral participativa a cargo da compañía Os Quinquilláns e, como en anteriores traballos, destaca polo seu carácter cómico e retranqueiro. Deste xeito a risa emprégase como ferramenta para tratar distintos aspectos da lingua e o seu desenvolvemento cotiá.