Educación e Cultura

- Teatro, Morte accidental dun anarquista de Talía teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Morte accidental dun anarquista de Talía teatro

A compañía de teatro galega Talía Teatro, achégase ao auditorio de Rianxo coa produción Morte accidental dun anarquista.

A función terá lugar o vindeiro sábado 08 de outubro, ás 20.30 horas.

Público destinatario: adultos maiores de 12 anos.

Duración: 100 minutos

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio.

Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.​​​​​​​