Educación e Cultura

Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro - Elefante Elegante Teatro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. - TEATRO INFANTIL: Kyoki - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO INFANTIL: Kyoki

Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro - Elefante Elegante Teatro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.

TEATRO INFANTIL: Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro - Elefante Elegante Teatro, un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade

  • Cando: Sábado 22 marzo, 19:00 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Público familiar, maiores de  5 anos.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Kyoki

KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés?

KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avóa, a súa filla e a doutora.

A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O xogo teatral baséase no traballo plástico da corporalidade da intérprete e nunha rigurosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal, definindo unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase deste modo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflexan desexos, sentimentos e tódolos estados dramáticos definidos.