Educación e Cultura

- TEATRO FAMILIAR: A danza da choiva por Elefante Elegante - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO FAMILIAR: A danza da choiva por Elefante Elegante

A compañía Elefante Elegante representa o vindeiro sábado 27 de outubro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra A danza da choiva.

Recomendada para público infantil, nenos e nenas de 3 a 8 anos aproximadamente.

Duración 50 minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira dende unha hora antes do comezo da función e  cun máximo de 2 entradas por persoa.

Priorizarase a entrada do público recomendado, repartíndose unha entrada para un adulto por neno.a. Se antes de que comece a función quedan butacas baleiras poderán ser ocupadas por todas as persoas interesadas.

Actuación dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Que aconteceria se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal esparcidos polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e semean cereais.

Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove...

O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto.

Bailan unha “Danza da choiva” coa esperanza de facer chover.

Choverá?