Educación e Cultura

- TEATRO: Estado de Graza de Eduardo Alonso a cargo de Teatro do Noroeste - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Estado de Graza de Eduardo Alonso a cargo de Teatro do Noroeste

A compañía Teatro do Noroeste achégase a Rianxo coa nova produción Estado de Graza, a función terá lugar o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

Está recomendada para maiores de 15 anos.

A entrada é de balde e pode retirarse unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

Estado de Graza está escrita e dirixida por Eduardo Alonso conta coa interpretación das actrices Luma Gómez, Inma António, Manuela Varela e Nini True.

Na escenografía J. Méndez. Na música Chefa Alonso. Iluminación Eduardo Alonso. Produción Eva Alonso.

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo – franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.