Educación e Cultura

TEATRO: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro-Elisardo de la Cruz. - TEATRO: Esas cousas marabillosas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Esas cousas marabillosas

TEATRO: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro-Elisardo de la Cruz.

TEATRO: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro-Elisardo de la Cruz. É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben. Esta peza do galardoado dramaturgo e director Duncan MacMillan, converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial.

  • Cando: Venres 28 marzo, 21:00 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Público recomendado: maiores de 14 anos.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Esas cousas marabillosas

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man.

Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:

«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.

1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.

Deixa a lista na almofada de mamá co titulo “Todas esas cousas marabillosas”…Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.

Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven ca axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.

É unha peza tenra, emocionante e divertida.

É unha comedia sobre a depresión e o suicidio

É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.

+ información: Web Esas cousas maravillosas